LÓPEZ-CHAVES EXPLICOU AOS COMERCIANTES DE PIZARRO OS PASOS A DAR NA LICITACIÓN DAS OBRAS DA PRIMEIRA FASE DA CIDADE DA XUSTIZA DE VIGO

  • 02022017_comerciantespizarroO delegado territorial da Xunta mantivo un encontro informativo co colectivo tras a reunión do Comité de Seguimento celebrado onte

 

Vigo, 02 de febreiro de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, mantivo esta mañá un novo encontro con representantes dos comerciantes do ámbito de Pizarro para informarlles dos pasos que o Goberno galego está a dar no proxecto da Cidade da Xustiza coma así se comprometera no seu momento.

 

Coma explicou López-Chaves, tras a reunión celebrada no día de onte do Comité de Seguimento -no que están representados tanto membros da Xunta, coma do Concello de Vigo e de todos os axentes implicados coma xuíces, avogados, fiscais, secretarios coordinadores, procuradores e arquitectos-, hoxe tocaba a quenda de trasladarlle toda a información aos veciños e comerciantes da zona, que valoraron moi positivamente a iniciativa. É máis, Rosa Vello, que actuou coma portavoz dos mesmos, comentou que estaban “moi contentos” co proxecto e que esperaban que “comezase xa” porque, deste xeito, “será moi bo para Vigo”.

 

O delegado transmitiulle que nas vindeiras semanas se licitarán as obras da primeira fase, cun orzamento de 3,2 millóns de euros, e coa previsión de adxudicala en maio e iniciar de inmediato os traballos axilizando ao máximo o procedemento para que o futuro complexo xudicial sexa unha realidade o antes posible. “Significará que xa haberá obra no inmoble dun proxecto que conta cun investimento de 25 millóns de euros”, recalcou López-Chaves, quen insistiu nas bondades da ubicación da futura Cidade da Xustiza para “conseguir dar servizo á administración de xustiza e recuperar un entorno da nosa cidade moi importante”.

 

Para axilizar ao máximo a posta en marcha do edificio, o proxecto dividiuse en dúas fases, a fase de execución, coa parte de demolición daquelas partes do edificio do antigo Hospital Xeral que serán retiradas e unha segunda fase de obra de rehabilitación, que será entregada no terceiro trimestre deste ano para poder estar en obras antes de que remate o ano e cun prazo de execución de 24 meses, co obxectivo principal de que o edifico sexa unha realidade antes de rematar 2019.

Dende a Xunta apostouse por rehabilitar un edificio emblemático da cidade, concentrando nun mesmo sitio todas as dotacións xudiciais da cidade, poñendo en marcha unha Cidade de Xustiza moderna, ben dimensionada, e buscando mediante o concurso de ideas a mellor solución para converter o antigo Xeral na nova Cidade da Xustiza de Vigo, concentrando nun mesmo edificio todas as dotacións xudiciais da cidade, gañando máis de 20.000 metros cadrados novos de espazo e ubicando no inmoble 35 unidades xudiciais, con espazo libre para futuras ampliacións, contando xa dende o primeiro momento coa axuda e co asesoramento dos arquitectos da cidade, dos operadores xudiciais e do concello.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: