O proxecto audiovisual ‘Vida. Máis ca vida’ de Rubén Riós dará comezo no vindeiro curso escolar nas diferentes sedes de Afundación en Galicia.
A vindeira semana do 6 ao 10 de febreiro, no Centro de Formación Profesional Colegio Hogar Afundación, terán lugar diferentes relatorios, exposicións e demostracións, levadas a cabo por recoñecidas empresas e grandes profesionais do ámbito industrial que sen enmarcan no evento da Semana Técnica que nesta edición leva o título de «Formando para a vida». O acto inaugural terá lugar o vindeiro luns, 6 de febreiro, ás 09.30 h no propio CPR Colegio Hogar Afundación, e contará coa presenza de Pedro Otero, director xerente de Afundación; Luciano Martínez Covelo, presidente de CEAGA; e Ángel Corcero, director do CPR Colegio Hogar Afundación.
Representantes de máis de 35 institucións do tecido empresarial de dentro e de fóra de Galicia participarán nestas xornadas
La Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía de Arousa organiza más de cuarenta acciones de internacionalización para 2017
Vigo, 03/02/2017. El calendario de acciones de promoción internacional de la Cámara Comercio de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía de Arousa para 2017 será uno de los más completos de los últimos ejercicios. El departamento de comercio exterior cameral llevará a cabo este año un total de 46 acciones entre misiones comerciales directas (22), participaciones (6) y visitas (16) a ferias y misiones inversas (2) a los cinco continentes
El amplio listado de destinos llega gracias a la participación de la Cámara en dos importantes programas: el plan FOEXGA y el programa PIP.
Impulsado por la Consellería de Economía, Emprego e Industria y coordinado por el Igape al amparo del convenio de colaboración con las cámaras de comercio, el Plan de Fomento de las Exportaciones Gallegas (FOEXGA) tiene entre sus objetivos- asentados también en la complementariedad para evitar duplicidades-, los de fomentar y consolidar la presencia de las empresas gallegas. La institución que preside José García Costas llevará a cabo un total de 15 acciones enmarcadas en este plan a Irán, Colombia, Brasil, República Dominicana y Puerto Rico, Australia y Nueva Zelanda, Centroamérica, Lituania y Letonia, Alemania e India.
Por su parte, el Plan Internacional de Promoción (PIP) de la Cámara de España, que se enmarca dentro del Programa Crecimiento Inteligente FEDER 2014-2020, tiene como fin apoyar a las empresas para incrementar sus exportaciones, mejorar su presencia en los mercados internacionales, avanzar en la diversificación de mercados destino y en la sofisticación de sus exportaciones. La Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía de Arousa llevará a cabo 31 acciones de comercio exterior al amparo de este programa en mercados tan demandados por las empresas como Mauritania, Indonesia y Filipinas, Estonia y Finlandia, Congo, Nigeria, Paraguay y Bolivia, Hungría y República Checa, Brasil, México, Rumanía y Bulgaria, Países Balcánicos, EEUU y Canadá o Ghana y Costa de Marfil
Presencia en las principales ferias del mundo
Los dos programas permitirán a las empresas acudir a las principales ferias del mundo, con subvenciones de hasta el 80 y el 90 por ciento. Europort, Norshippinhg o Marintec serán las ferias para las empresas del naval; Prowein y Vinexpo las citas para el sector del vino. Seafex Dubai, China Fisheries & Seafood, Gulfood Manufacturing, Gulfood Dubai, Tutto Food Milan, Seafood Expo North America, Seafood Expo Asia o Japan Internacional Seafood las ferias dedicadas a las empresas de productos del mar, maquinaria y alimentación.
Las firmas dedicadas a la subcontratación industrial podrán acudir a las ferias de Bilbao y Hannover, así como al Encuentro de Subcontratación Industrial que tendrá lugar en Vigo el próximo mes de junio.
Coordinación con Zona Franca
El Consorcio de la Zona Franca de Vigo y la Cámara de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía de Arousa volverán a trabajar de manera coordinada apoyando la internacionalización de la empresa gallega. En este sentido, y con motivo de la misión comercial a Colombia que tendrá lugar del 11 al 19 de marzo organizada por la Cámara, Zona Franca celebrará en sus instalaciones una jornada informativa sobre este país. Será el próximo 8 de febrero en sus instalaciones portuarias de Bouzas. Ambas instituciones pretender alargar esta colaboración a lo largo de 2017 con la celebración de más jornadas informativas a los mercados en los que la Cámara tenga calendarizada alguna acciones de comercio exterior.
MÁIS DE 400 PERSOAS PARTICIPARÁN NO PRIMEIRO PROCESO SELECTIVO DA XUNTA RESERVADO Á DISCAPACIDADE INTELECTUAL
- A Administración galega cubrirá 6 prazas de ordenanza por concurso-oposición
- O DOG publica hoxe a resolución na que se aproban as listas definitivas de aspirantes admitidos e excluídos
- Neste proceso colaboran as organizacións Fademga e Down Galicia
Santiago, 3 de febreiro de 2017.- Un total de 429 persoas participarán no primeiro proceso selectivo da historia da Xunta de Galicia reservado á discapacidade intelectual. A Administración galega cubrirá 6 prazas de ordenanza a través do sistema de concurso-oposición, tal como recolle a resolución publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG).
As listas definitivas de persoas admitidas e excluídas neste proceso selectivo para o ingreso na categoría 003 do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta poden consultarse no portal funcionpublica.xunta.gal. A relación de persoas excluídas, coa indicación da causa de exclusión, pódese consultar tamén no DOG.
Para realizar este proceso, Facenda asinou un acordo con representantes de Down Galicia e da Federación galega de asociacións a favor das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento (Fademga), para facilitar a entrada deste colectivo na Xunta de Galicia.
Como peculiaridade, foi necesaria a colaboración da Consellería de Política Social e dos órganos equivalentes doutras comunidades autónomas na valoración dos informes sobre o tipo de discapacidade dos aspirantes. Unha vez examinadas e resoltas as reclamacións presentadas, danse a coñecer hoxe no DOG as listas de admitidos e excluídos.
Estas oposicións son as primeiras da historia da Xunta de Galicia que se reservan exclusivamente a persoas con discapacidade intelectual, co obxectivo de facilitar a inserción laboral deste colectivo na Administración autonómica. A Oferta de Emprego Público para 2016 incrementou o número de prazas ofertadas, ata chegar a 33. Delas, 17 son para celadores do Sergas, 12 para funcionarios subalternos e 4 para o corpo auxiliar (grupo C2).
Adaptación ao entorno laboral
Para facilitar a adaptación ao seu novo entorno laboral, a Xunta realizará accións de formación e orientación sociolaboral previas ao ingreso ou no ano de inicio da prestación de servizos na Administración galega, como accións de apoio ao desenvolvemento no posto de traballo ao longo da súa carreira profesional.
Entre as actuacións máis relevantes están a realización de cursos de formación específicos previos ao ingreso, que serán impartidos por persoal da Xunta co apoio de Fademga e Down Galicia. Prestarase tamén apoio no proceso de inserción e adaptación efectiva ao posto de traballo e ao entorno laboral. Ademais, farase un seguimento do desempeño da actividade laboral, con formación continua en competencias instrumentais, transversais e laborais.
A DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE APOIA O IRMANDAMENTO DE CIDADES A TRAVÉS DO PROGRAMA “EUROPA COS CIDADÁNS” DO CONCELLO DE A LARACHA
Ademais dos veciños laracheses, participarán nesta acción cidadáns procedentes de Malta, Italia, Letonia, Lituania e Eslovaquia
- Esta iniciativa é unha oportunidade para fomentar a participación dos mozos na vida democrática da UE, animándolles a reflexionar sobre as características esenciais da sociedade europea, co fin de dar a coñecer as moitas oportunidades que a cidadanía europea proporciona
A Laracha (A Coruña), 3 de febreiro de 2017.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, participou hoxe na presentación do proxecto de irmandamento de cidades do programa “Europa cos cidadáns”, promovido polo concello de A Laracha.
A través desta acción os veciños desta localidade, xunto aos outros 42 cidadáns procedentes de Birgu (Malta), Forza D’Agro (Italia), Ligatne Municipality (Letonia), Ukmerge (Lituania) e Obec Kiarov (Eslovaquia), poderán debater e promover a participación activa dos seus cidadáns e ao mesmo tempo, fomentar oportunidades para o compromiso social e o voluntariado no ámbito comunitario.
Esta iniciativa é unha excelente oportunidade para fomentar a participación dos mozos na vida democrática da UE, animándolles a reflexionar sobre as características esenciais da sociedade europea, co fin de dar a coñecer as moitas oportunidades que a cidadanía europea proporciona e, achegando á mocidade ás institucións europeas para garantir un forte sentido do proxecto transnacional. “Europa cos cidadáns” tamén promoverá que os mozos e mozas de A Laracha poidan ter novas oportunidades para o entendemento mutuo con outros mozos de Europa, para a promoción da solidariedade na aprendizaxe intercultural, e para fomentar o compromiso social e o voluntariado a escala europea.
A titular autonómica destacou que dende o seu departamento apóianse todas aquelas accións nas cales a mocidade poida ter unha participación activa e cívica en todas aquelas políticas, actividades e proxectos nos que os mozos e mozas de Galicia estean interesados e sexan de proveito e beneficio para o seu futuro. “Os programas europeos facilitan unha oportunidade para levar a cabo unha cooperación mutua entre asociacións de diversa índole e temática, e igualmente entre municipios de diferentes países”, declarou.
Cecilia Vázquez quixo felicitar o traballo realizado polo concello no que respecta a este programa, xa que foi un dos 4 únicos concellos de toda España que obtivo a aprobación do programa por parte da a Axencia Executiva de Educación, Audiovisual e Cultura (EACEA), dependente da Comisión Europea e responsable da xestión de determinadas partes dos programas de financiamento da UE nos ámbitos da educación, a cultura, o audiovisual, o deporte, a cidadanía e o voluntariado.
“Esperamos que o intercambio de información, de experiencias e coñecementos entre os gobernos dos respectivos municipios participantes beneficien as relacións entre os seus respectivos municipios, rexións e países para realizar nun futuro próximo novos encontros e intercambios de mozos, de estudantes, e cidadáns en xeral e así construír unha Europa cada vez máis próxima, aberta ao mundo e enriquecida pola súa diversidade cultural”, concluíu a directora xeral.
Erasmus+
No marco desta presentación, Cecilia Vázquez lembrou que Galicia, segundo os datos de participación no programa europeo Erasmus+:Xuventude en Acción, é unha das máis activas tanto no número de proxectos presentados e aprobados como nos fondos recibidos da Unión Europea. A nosa comunidade autónoma sitúase, deste xeito, no grupo das máis activas en canto á participación de mozos e mozas en programas de mobilidade e aprendizaxe non formal, sen prexuízo dos proxectos aprobados noutros países europeos e nos que organizacións e mozos e mozas galegos participan activamente.
No ano 2016 nas tres convocatorias do programa Erasmus+: Xuventude en Acción foron aprobados en Galicia un total de 42 proxectos promovidos por entidades, asociacións xuvenís e grupos informais de mozos e mozas, sumando un orzamento de 729.914 euros e nos que participaron 1.410 mozos e mozas galegas, sen prexuízo dos proxectos aprobados noutros países europeos e nos que organizacións e mozos e mozas galegos participaron.
O programa Erasmus+: Xuventude en Acción estrutúrase en tres accións clave: mobilidade das persoas por motivos de aprendizaxe; cooperación para a innovación e o intercambio de boas prácticas; e apoio ás reformas das políticas.
Cómpre destacar que os mozos e mozas que saen ao estranxeiro cunha beca Erasmus presentan unha taxa de paro do 7%, un 23% menos que a taxa que afecta aos que non saen estudar ou traballar fóra, tal e como informa a Comisión Europea. Ademais, a experiencia internacional reduce á metade as probabilidades de que se vexan afectados polo paro de longa duración
ABANCA fixa como prioridades para 2017 gañar clientes e consolidar a súa transformación comercial e dixital
- A entidade pon o foco no negocio con pemes, micropemes, comercios, autónomos e banca personal e privada, e impulsa a atención especializada a estes segmentos
- O banco reforza a súa aposta polo crédito empresarial, o financiamento ao consumo, os medios de pago, os seguros, os fondos de investimento e os plans de pensións
- Potenciará a innovación en canles e servizos dixitais para mellorar a relación co cliente

A captación de novos clientes e o incremento da actividade con pemes, micropemes, comercios e autónomos serán obxectivos prioritarios de ABANCA en 2017, ano no que o banco culmina o seu primeiro Plan Estratéxico.
Os principais directivos de ABANCA expuxeron hoxe as grandes liñas de actuación e obxectivos establecidos para este ano na convención anual do banco, que congregou na Coruña a máis dun milleiro de empregados da división comercial e as distintas áreas de apoio ao negocio. No encontro participaron o presidente da entidade, Javier Etcheverría de la Muela; o vicepresidente, Juan Carlos Escotet Rodríguez e o conselleiro delegado, Francisco Botas Ratera, que estiveron acompañados polo resto do comité de dirección e do consello de administración. Así mesmo, asistiron á reunión os directores de oficina e directivos da entidade.
Durante a convención, os directivos recalcaron que o crecemento da base de clientes e o aumento da vinculación e fidelización serán, xunto co foco na actividade ‘micro’, claves para alcanzar os obxectivos de negocio e de rendibilidade fixados para este ano. A entidade priorizará a actividade con pemes, micropemes, comercios e autónomos e a concesión de crédito a estes colectivos, especialmente, a través do financiamento de circulante. Ademáis, o banco potenciará a captación de clientes e o negocio con outros segmentos de valor, como a banca persoal e privada.
ABANCA ten previsto consolidar durante este ano o novo modelo de especialización por segmentos de clientes iniciado en 2016, que constitúe un dos piares da transformación comercial que está acometendo a entidade. “Imos consolidar a especialización da nosa estrutura comercial para ofrecer aos nosos clientes unha xestión máis personalizada, que poida satisfacer as súas demandas e garantir o seu benestar financeiro, co obxectivo de mellorar a súa experiencia e lograr que nos posicionen como a súa entidade de referencia”, apuntou Francisco Botas durante a convención.
Último ano do Plan Estratéxico
Pola súa parte, o vicepresidente, Juan Carlos Escotet Rodríguez, desvelou que a entidade xa cumpriu, a día de hoxe, a gran maioría dos obxectivos establecidos no Plan Estratéxico 2015-2017. “Melloramos notablemente o noso perfil financeiro, logramos un crecemento e rendibilidade superiores ao mercado e asentamos unha posición de solvencia que nos sitúa de maneira recorrente entre as entidades máis sólidas. Estes logros conseguímolos cunha estratexia na que priman, ademáis da rendibilidade, a sostenibilidade, o control do risco e a orientación ao cliente”, indicou.
No último ano de vixencia do Plan Estratégico, ABANCA seguirá priorizando a mellora da eficiencia e reforzará a súa aposta polas liñas de negocio de financiamento ao consumo, medios de pago, seguros e a actividade de fóra de balance (fondos de investimento e plans de pensións). A entidade consolidará durante este ano o desenvolvemento da súa nova unidade ABANCA Consumer Finance, coa que pretende mellorar o seu posicionamiento no mercado de consumo, ao tempo que aspira a gañar cuota de mercado nos negocios de tarxetas e fondos de investimento.