ABANCA fixa como prioridades para 2017 gañar clientes e consolidar a súa transformación comercial e dixital

  • A entidade pon o foco no negocio con pemes, micropemes, comercios, autónomos e banca personal e privada, e impulsa a atención especializada a estes segmentos
  • O banco reforza a súa aposta polo crédito empresarial, o financiamento ao consumo, os medios de pago, os seguros, os fondos de investimento e os plans de pensións
  • Potenciará a innovación en canles e servizos dixitais para mellorar a relación co cliente
20170203-abanca-convencion
O vicepresidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, o presidente de ABANCA, Javier Etcheverría, e o conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, nun intre da convención.

 

03-02-2017

A captación de novos clientes e o incremento da actividade con pemes, micropemes, comercios e autónomos serán obxectivos prioritarios de ABANCA en 2017, ano no que o banco culmina o seu primeiro Plan Estratéxico.

Os principais directivos de ABANCA expuxeron hoxe as grandes liñas de actuación e obxectivos establecidos para este ano na convención anual do banco, que congregou na Coruña a máis dun milleiro de empregados da división comercial e as distintas áreas de apoio ao negocio. No encontro participaron o presidente da entidade, Javier Etcheverría de la Muela; o vicepresidente, Juan Carlos Escotet Rodríguez e o conselleiro delegado, Francisco Botas Ratera, que estiveron acompañados polo resto do comité de dirección e do consello de administración. Así mesmo, asistiron á reunión os directores de oficina e directivos da entidade.

Durante a convención, os directivos recalcaron que o crecemento da base de clientes e o aumento da vinculación e fidelización serán, xunto co foco na actividade ‘micro’, claves para alcanzar os obxectivos de negocio e de rendibilidade fixados para este ano. A entidade priorizará a actividade con pemes, micropemes, comercios e autónomos e a concesión de crédito a estes colectivos, especialmente, a través do financiamento de circulante. Ademáis, o banco potenciará a captación de clientes e o negocio con outros segmentos de valor, como a banca persoal e privada.

ABANCA ten previsto consolidar durante este ano o novo modelo de especialización por segmentos de clientes iniciado en 2016, que constitúe un dos piares da transformación comercial que está acometendo a entidade. “Imos consolidar a especialización da nosa estrutura comercial para ofrecer aos nosos clientes unha xestión máis personalizada, que poida satisfacer as súas demandas e garantir o seu benestar financeiro, co obxectivo de mellorar a súa experiencia e lograr que nos posicionen como a súa entidade de referencia”, apuntou Francisco Botas durante a convención.

Último ano do Plan Estratéxico

Pola súa parte, o vicepresidente, Juan Carlos Escotet Rodríguez, desvelou que a entidade xa cumpriu, a día de hoxe, a gran maioría dos obxectivos establecidos no Plan Estratéxico 2015-2017. “Melloramos notablemente o noso perfil financeiro, logramos un crecemento e rendibilidade superiores ao mercado e asentamos unha posición de solvencia que nos sitúa de maneira recorrente entre as entidades máis sólidas. Estes logros conseguímolos cunha estratexia na que priman, ademáis da rendibilidade, a sostenibilidade, o control do risco e a orientación ao cliente”, indicou.

No último ano de vixencia do Plan Estratégico, ABANCA seguirá priorizando a mellora da eficiencia e reforzará a súa aposta polas liñas de negocio de financiamento ao consumo, medios de pago, seguros e a actividade de fóra de balance (fondos de investimento e plans de pensións). A entidade consolidará durante este ano o desenvolvemento da súa nova unidade ABANCA Consumer Finance, coa que pretende mellorar o seu posicionamiento no mercado de consumo, ao tempo que aspira a gañar cuota de mercado nos negocios de tarxetas e fondos de investimento.

Dixitalización

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: