A XUNTA MOSTROU HOXE DÚAS VIVENDAS EN VIGO E MONDARIZ A SENLLAS FAMILIAS EN SITUACIÓN DE EMERXENCIA SOCIAL

 

  • No caso de que as acepten a adxudicación será proposta na reunión da Comisión Provincial de Vivenda da próxima semana
  • Trátase de vivendas cedidas por Sareb e Abanca,

Santiago, 3 de febreiro de 2016.- A Xunta de Galicia continúa a dar satisfacción ás demandas dos máis necesitados poñendo á súa disposición as vivendas dispoñibles propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo ou cedidas polas entidades financeiras.

 

Esta mañá, funcionarios da Xunta na provincia de Pontevedra mostraron a dous solicitantes senllas vivendas nos concellos de Vigo (vivenda cedida por Sareb) e Mondariz (vivenda cedida por Abanca).

 

No caso de que os solicitantes, en situación de emerxencia social, acepten a cesión de ditas vivendas, está previsto que a Comisión Provincial de Vivenda propoña a adxudicación das mesmas na reunión da próxima semana e posteriormente serán adxudicadas pola conselleira de Infraestruturas e Vivenda.

 

Estes dous casos súmanse aos preto de 1.150 atendidos pola Xunta da Galicia ao abeiro das 12 medidas adoptadas polo goberno galego para garantir o dereito á vivenda dos máis desfavorecidos.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: