A XUNTA REORDENA O TRÁFICO NA ROTONDA DE ORRO POLO DESPRENDEMENTO DE VARIOS PANEIS ANTIRRUÍDO A CAUSA DO TEMPORAL DE CHUVIAS E VENTO

  • Como  consecuencia, o tráfico vese alterado nas vías que acceden a esta zona
  • Esta noite rexistráronse 112 caídas de árbores nas estradas autonómicas e todas elas están arranxadas a esta hora
  • Así mesto, segue cortada a PO-534 en Forcarei, pola caída de tendido eléctrico de alta tensión
  • Dende a Xunta estase a insistir en que, aínda que as previsións meteorolóxicas anuncian melloras, algunhas dificultades poden manterse, polo que é necesario facer un chamamento á precaución na circulación, e a axeitar a velocidade ás condicións meteorolóxicas en cada momento

 

Santiago, 4 de febreiro de 2017.- A Xunta reordenou o tráfico na rotonda de Orro, polo desprendeimento de varios paneles antirruído adosados aos pretiles metálicos do viaduto situado no punto quilométrico 1+000 da AC-549, sobre a rotonda do Pq. 69+500 da AC-550. Así, mesmo, esta noite rexistráronse 112 caídas de árbores nas estradas autonómicas e todas elas están arranxadas  a esta hora.

 

Como  consecuencia, o tráfico vese alterado nas vías que acceden a esta zona, polo que os movementos deberán realizarse do seguinte xeito:

 

  • Final da CG-1.5 desvíase á AC-550 para evitar o paso dos vehículos polo mencionado viaduto da AC-549 (Pq. 1+000).
  • A estrada AC-550 (Pq.69+500), sentido Muros-Noia, cambia cara a AC-549 (nova variante de Noia), dirección Porto do Son, con elo evítase o paso de coches baixo o viaduto do que se desprenden os paneis.
  • No caso da AC-549 (punto quilométrico 4 aproximadamente) anúlase o paso dende o acceso dende o porto de Testal á AC-549 sentido Santiago. Mantense o acceso dirección Porto do Son.
  • Na AC-550, rotonda de Taramancos, queda cortado o acceso desde Porto do Son cara a AC-549 (nova variante de Noia).
  • Finalmente, na AC-550 PK 70+500, anúlase a circulación sentido Noia-Muros, sendo desviada para a AC-543.

 

Situación xeral

Así mesmo, hai que destacar a caída de pantallas antirruído en varias Vías de Alta Capacidade a causa do forte vento, polo  que a situación actual é a seguinte:

 

  • Na AG-53, (Pq.60,3 e 71,9) caeron varias pantallas antisón fora da calzada, sen afección ao tráfico.
  • Na AC-549, variante de Noia (Pq. 0+950), tamén se desprenderon estes elementos que afectaban á propia AC-549 e a AC-550, polo que ante o risco de que houbera máis caídas de pantallas establecéronse os desvíos de tráfico antes mencionados, para garantir a seguridade dos condutores.
  • Na AC-550, Pq. 58+000, caeuse o cable dunha acometida eléctrica particular sobre a calzada. Non está interrompido o tráfico pero hai circular con limitación de velocidade nese punto.

 

Durante a noite rexistráronse varias caídas de cables, concretamente, na PO-532 (Pq. 3+500), tiveron que ser retirados pola compañía eléctrica. Na AC-543 (Pq. 0+700), a caída dun poste e o  cable que sustentaba obriga aos vehículos a pasar por unha zona lateral da calzada. Así mesto, segue cortada a PO-534 en Forcarei, pola caída de tendido eléctrico de alta tensión.

 

Por outra banda, foi necesario o traballo de máquinas quitaneves na OU-122 na provincia de Ourense, entre os puntos quilométricos 24+000 e 26+630, que e estenderon tres toneladas de sal.

 

 Finalmente, rexistráronse pequenos desprendementos ou bolsas de auga en varios puntos da rede de estradas da Xunta, sen especial afección ao tráfico.

 

Insístese na precaución

Os técnicos pertencentes ao Programa de Conservación Integral que está desenvolver a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) mobilizáronse para garantir a circulación en condicións de seguridade nas estradas de titularidade autonómica.

 

Por último, dende a Xunta estase a insistir en que, aínda que as previsións meteorolóxicas anuncian melloras, algunhas dificultades poden manterse, polo que é necesario facer un chamamento á precaución na circulación, e a axeitar a velocidade ás condicións meteorolóxicas en cada momento.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: