A XUNTA TRABALLA PARA ARRANXAR O ANTES POSIBLE OS PROBLEMAS CAUSADOS POLO TEMPORAL DE CHUVIAS E VENTO NAS ESTRADAS GALEGAS

O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, revisou os desperfectos na pasarela peonil que se está a construír na  PO-308 na Lanzada

 

  Menéndez explicou que, nesta área, o forte vento causou danos na pasarela, concretamente, levantou 140 metros desta infraestrutura, na zona máis exposta ao vento

  Dende a Consellería de Infraestruturas e Vivenda, estudarase a mellor solución para asegurar a pasarela e evitar que esta situación se repita

  O director da Axencia de Infraestruturas aclaa que esta foi unha das moitas incidencias ocorridas nas estradas autonómicas e que, neste momento, xa están case todas arranxadas

  Só se mantén cortada a estrada PO-534, a o seu paso polo Concello de Forcarei, no PQ 19+200 pola caída de torreta eléctrica

 

Sanxenxo (Pontevedra), 3 de febreiro de 2017.- O director da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Francisco Menéndez, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, supervisou hoxe o estado da estrada PO-308, ao seu paso polo Concello de Sanxenxo, na zona da Lanzada, que se viu afectada polas condicións meteorolóxicas adversas da pasada noite que causaron a rotura da pasarela peonil que se atopa en obras.

 

Menéndez explicou que, nesta área, o forte vento causou desperfectos na pasarela, concretamente, levantou 140 metros desta infraestrutura, na zona máis exposta ao vento. Polo que, dende a Consellería de Infraestruturas e Vivenda, estase a buscar a mellor solución para lastrar a pasarela e evitar que esta situación se repita.

 

O responsable da AXI avanzou que as actuación que se teñan que levar a cabo será aboadas polo seguro da empresa que está executando as obras nesta zona ou polo Consorcio de Compensación de Seguros.

 

Na a súa visita, Francisco Menéndez aclarou que esta foi unha das moitas incidencias ocorridas nas estradas autonómicas e que, neste momento, xa están case todas arranxadas, tan só se mantén cortada a estrada PO-534, a o seu paso polo Concello de Forcarei, no PQ 19+200 pola caída de torreta eléctrica.

 

Concretamente, contabilizáronse 85 puntos na rede autonómica con incidentes pola situación meteorolóxica, entre as 21.00 horas de onte e as 8:00 da maña de hoxe. Durante a noite, cortouse a PO-552 entre Baiona e o final da AG-57, por mor do oleaxe na zona. Por outra banda, recibíronse 73 avisos de caída de árbores e as estradas máis afectadas foron:

 

  Na PO-340 (PQ 19+500) houbo un pequeno desprendemento con pedras na gabia, sen afección ao tráfico.

  A PO-244 (Ponte Caldelas (PO-255)-Soutomaior), con 5 árbores caídos.

  A PO-400 Salvaterra (PO-403) – Filgueira (PO-801), con outros 5 árbores derrubados.

  No punto quilométrico 15+700 da PO-510 (Atios (N-550) – Salvaterra (PO-400)) tamén se viu afectada pola caída de vexetación á vía.

 

Na provincia de Lugo:

  Entre outras, veuse afectada a LU-611 (PQ 19+000), tamén por caídas de árbores.

  Ademais, foi necesario empregar máquinas quitaneves nas estradas LU-633 (entre os PQ 0+000 e 20+000), na LU-637 (entre os PQ 0+000 e 6+000). Consumíronse 10 toneladas de sal.

 

Na provincia da Coruña:

  Entre outras, houbo incidencias na AC-566 (PQ 22+900) e na AC-221 no punto quilométrico 1+100.

  Tamén varias incidencias na AG-59 (PQ 6+100),  na AC-451 (PQ 1+500),  AC-552 ((PQ 90+000) e na AC-445 (PQ 2+500) pola caída de elementos nas calzadas, que foron ca todos eles retirados.

  Así mesmo, desprendéronse 3 pantallas antirruido na AG-56 Santiago-Brión, que xa foron retiradas aínda que non chegaron a afectar ao tráfico. 

 

Na provincia de Ourense:

  Aquí hai que circular con precaución polas estradas: OU-113 (PQ 23+000), OU-301 (PQ 17+000), OU-402 (PQ 35+000), OU-504 (PQ 15+000), OU-533 (PQ 37+000), OU-536 (PQ 6+000) e a OU-902 (dende o pq 15+000 ata o 26+000).

   

Os técnicos pertencentes ao Programa de Conservación Integral que está desenvolver a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) mobilizáronse para garantir a circulación en condicións de seguridade nas estradas de titularidade autonómica.

 

Por último, o director da AXI insistiu en que s previsións meteorolóxicas prevén que as dificultades se manteñan, polo que é necesario facer un chamamento á precaución na circulación, e a axeitar a velocidade ás condicións meteorolóxicas en cada momento, especialmente na noite.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: