REY VARELA CLAUSURA A GALA EXXPOPRESS NA QUE SE PREMIOU O LABOR DE PROFESIONAIS DA COMUNICACIÓN, DAS CIENCIAS E DO ÁMBITO EMPRESARIAL

  • img_3718Os premios foron outorgados polo clube homónimo formado por xornalistas de radio, televisión, medios dixitais e prensa de Galicia

 

Ribeira (A Coruña), 4 de febreiro de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, acudiu esta noite á VI gala de entrega dos Premios Exxpopress 2016, uns galardóns outorgados polo clube homónimo conformado por xornalistas de radio, televisión, medios dixitais e prensa de Galicia.  

 

Este ano, os premiados foron a xornalista Ana Rosa Quintana, quen recibiu o galardón na categoría “Traxectoria profesional”, e o sacerdote Padre Ángel, que foi distinguido na categoría Compromiso Social, en recoñecemento á súa dedicación persoal aos máis necesitados. Así mesmo, o xurado outorgou os Premios Exxpopress á Dinamización Turística, Cultural, Social e Empresarial de Galicia ao físico, investigador e divulgador científico Jorge Mira (na categoría autonómica); ao músico e compositor de Boiro, José Ramón España (na categoría comarcal); e ao grupo empresarial Jealsa- Rianxeira (na categoría internacional).

 

O conselleiro destacou de xeito especial o labor de Jealsa- Rianxeira no eido social, xa que a empresa prestou a súa colaboración a Amicos (entidade coa que tamén colabora a Consellería de Política Social) para poñer en marcha unha sala sensorial. “Un feito co que esta compañía galega demostrou o seu compromiso coa súa terra e especialmente, coas persoas que máis precisan de apoio”, declarou Rey Varela.

 

O titular autonómico gabou o labor de todos os premiados nos seus respectivos ámbitos de actuación, e felicitou ao Club Exxpopress pola súa dedicación en prol da promoción de Galicia.  

 

Club Exxpopress

Este colectivo sen ánimo de lucro de xornalistas ten como obxectivo fundacional a organización de actividades de promoción e dinamización turística, cultural, social e empresarial de Galicia, implicando nelas a profesionais da comunicación. Entre os seus socios de honra figuran os xornalistas Paloma Gómez Borrero, Luis del Olmo, Victoria Prego, Alfredo Amestoy, Pepe Domingo Castaño ou Fernando Ónega.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: