A CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL SUMA UN NOVO ENCONTRO A SÚA ROLDA COS REXEDORES PARA ACADAR MELLORAS NA ATENCIÓN SOCIAL

José Manuel Rey Varela mantivo un encontro de traballo co alcalde de Campo Lameiro (Pontevedra), Julio Gonzalo Sayáns Bugallo

11,00 h.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá un encontro co alcalde de Campo Lameiro, Julio Gonzalo Sayáns Bugallo. No primeiro andar (área de Goberno).   foto xoán crespo 06/02/17

11,00 h.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá un encontro co alcalde de Campo Lameiro, Julio Gonzalo Sayáns Bugallo. No primeiro andar (área de Goberno).
foto xoán crespo
06/02/17

 

  • Ambos mandatarios lembraron os servizos que a administración autonómica presta na localidade, como o Servizo de Axuda no Fogar ou o persoal existente na mesma a través do Plan Concertado

 

Santiago, 6 de febreiro de 2017.- A Consellería de Política Social sumou no día de hoxe un novo encontro á rolda de xuntanzas que está a manter o titular da carteira autonómica, José Manuel Rey Varela. O obxectivo destas reunións de traballo é optimizar os recursos locais e autonómicos de ambas institucións de cara a acadar melloras na atención e nos servizos sociais destinados aos galegos.

 

Deste xeito, o Goberno galego e as entidades locais adquiren o compromiso de buscar conxuntamente unha política social axeitada que se adapte as necesidades de cada concello. No día de hoxe, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reuniuse co alcalde do municipio pontevedrés de Campo Lameiro, Julio Gonzalo Sayáns Bugallo.

 

Na xuntanza, conselleiro e alcalde acordaron continuar coa colaboración emprendida entre as dúas institucións que beneficia a todos os colectivos da sociedade. Deste xeito, ambos mandatarios lembraron que a Xunta ofrece un total de 502 mensuais de Servizo de Axuda no Fogar Dependencia, grazas ás cales a ratio de atención no municipio é do 100%. Rey Varela tamén lle trasladou persoalmente ao rexedor que  a Consellería manterá o mesmo número de persoal a través do Plan Concertado, ao tempo que tendeu a man para posibles futuras colaboracións entre ambas administracións que redunden no benestar dos veciños e veciñas de Campo Lameiro.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: