A DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE, PARTICIPACIÓN E VOLUNTARIADO PON EN SERVIZO UN PORTAL WEB RENOVADO, MÁIS ÁXIL E ACCESIBLE

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, presentou esta mañá en San Lázaro as novidades da páxina acompañado da directora xeral Cecilia Vázquez Suárez

 

12,00 h.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, acompañado da directora de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, presentará en rolda de prensa a nova web xuventude.gal.  foto xoán crespo 07/02/17

12,00 h.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, acompañado da directora de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, presentará en rolda de prensa a nova web xuventude.gal.
foto xoán crespo
07/02/17

  • A nova plataforma web responde a un deseño adaptado a calquera dispositivo de acceso: dispositivos móbiles, tabletas ou ordenadores
  • Outras novidades fundamentais son a reorganización da información segundo as preferencias dos usuarios/as, o reforzamentos dos criterios de busca, a incorporación ao portal web de twitter e a creación dun perfil en Instagram
  • O obxectivo é que este portal web siga a ser unha fonte referente de información sobre os distintos programas, recursos e servizos a disposición dos mozos e mozas de Galicia
  • Dende 2009 o portal de Xuventude ten un incremento anual de case o 9% no número de usuarios/as e dun 4,5% de aumento nas visitas, cun total de 2,7 millóns de rexistros e 6,3 millóns de visitas a 15,2 millóns de páxinas. Soamente durante o mes de xaneiro, a web recibiu un total de 35.252 visitas por parte de máis de 23.000 usuarios.
  • Asemade, Xuventude ten actualmente en facebook un total de 14.621 seguidores e outros 8.816 en twitter.

 

Santiago, 7 de febreiro de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, deu a coñecer hoxe o novo deseño do portal web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia. O acto, ao que asistiu tamén a responsable deste departamento autonómico Cecilia Vázquez Suárez, tivo lugar nas dependencias administrativas de San Lázaro.

 

Rey Varela explicou que a finalidade da renovación deste portal “é que esta ferramenta dixital siga a ser unha fonte referente de información sobre os distintos programas, recursos e servizos a disposición dos mozos e mozas de Galicia en particular e de calquera usuario en xeral”.  Ao respecto, engadiu que a nova páxina web  “é un instrumento áxil, adaptado ás tendencias de deseño actual e que pretendemos sexa un paso máis na mellora da interactividade da mocidade e na operatividade do portal”.

 

Ademais, o titular da carteira de Política Social manifestou que co redeseño da web da Dirección Xeral “pretendemos chegar máis e mellor aos rapaces e rapazas a través dun medio de traballo e comunicación como é internet, e que hoxe é común, cotián e prevalece nos hábitos da xente nova”. Neste sentido, apuntou que o estudo titulado ‘A mocidade e as TIC” `presentado o pasado mes de novembro pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) reflicte que o uso de internet entre os mozos e mozas con idades entre os 16 e os 34 é practicamente universal, situándose no 96%.

 

No que atinxe ás melloras no portal de Xuventude, unha das principais é a proposta responde a un deseño responsable, é dicir, que se adecúa a calquera dispositivo de acceso e atende aos cambios nas tendencias de navegación. De feito, no deseño se tivo en conta que un 27% dos usuarios conéctanse á plataforma dende un dispositivo móbil; un 5% dende unha tableta e un 68% dende un ordenador.

 

Outras novidades son que se reorganiza a información segundo as preferencias dos usuarios e os contidos máis vistos e se reforzan os criterios de busca, o que facilita a procura de información dun xeito máis áxil e doado. Así, as sección máis visitadas son, por esta orde: novas e anuncios, acción de verán, Carné xove, bolsas e axudas, e emprego. Así mesmo, o portal mantén como elemento central a información sobre os distintos programas e recursos da propia Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; e ademais visualízase a actividade que levan a cabo os distintos axentes que traballan no eido da xuventude en Galicia: Espazos Xoves, Oficinas Municipais de Información Xuvenil, Correspondentes Xuvenís, etc.

 

En canto a potenciación dos criterios de busca, destacáronse tres: por franxa de idade, por localización xeográfica e por programas. Para isto tívose en conta que o acceso ao portal web por parte dos usuarios lévase a cabo nun 25% a través de buscadores –principalmente Google-; un 31% por redes sociais e un 38% mediante o acceso directo á web de Xuventude. Ademais as franxas horarias de mañá e de tarde durante as que se realizan máis visitas son: de 12:00 a 13:00 e de 20:00 a 23:00 horas. E, por outra banda,como cabe supoñer, o 78% do tráfico da web procede de Galicia.

 

E unha cuarta novidade fundamental do novo portal de Xuventude é a incorporación de twitter e a creación dun perfil en istagram, dúas redes sociais moi utilizadas pola mocidade.

 

Influencia das plataformas de Xuventude na rede

O responsable da área social do Goberno galego ofreceu datos sobre a cada vez maior influencia da páxina web e das plataformas sociais da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Así, dende o ano 2009 o portal ten un incremento anual de case o 9% no número de usuarios, e dun 4,5% anual de aumento de visitas.

 

De feito, durante o período que comprende do ano 2009 ao 2017, visitaron a páxina un total de 2.772.374 usuarios, que chegaron a realizar máis de 6,3 millóns de visitas a 15,2 millóns de páxinas. Soamente durante o pasado mes de xaneiro, a web recibiu un total de 35.252 visitas, realizadas por un total de 23.177 usuarios, un 61% deles novos con respecto ao período anterior. Ademais, estes mais de 23.000 usuarios chegaron a 95.216 páxinas dentro de www.xuventude.net, unha media de 2,7 páxinas por persoa que dedicaron sobre dous minutos e medio á súa navegacion.

 

Así mesmo, as publicacións da páxina oficial da Dirección Xeral de Xuventude en facebook (www.facebook.com/xuvetude.net) acadaron durante o mes de xaneiro un alcance de preto de 8.800 persoas cada día. A 31 de xaneiro, o facebook de Xuventude tiña 14.621 seguidores, 217 máis que ao comezo do mes.

 

  1. por último, dende o perfil de Xuventude en twitter (@xuventude) publicáronse 345 novas mensaxes en xaneiro, ata chegar ós 31.172 tweets enviados, conseguindo captar 59 novos seguidores e acadando a cifra de 8.816 seguidores que ven e comparten as publicacións de Xuventude en twitter cada día.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: