A XUNTA INICIA HOXE A TRAMITACIÓN URBANÍSTICA CONXUNTA A TRAVÉS DA LEI EXPRESS PARA EXECUTAR A ESTACIÓN INTERMODAL DE VIGO

24012017_rpxentenovaO delegado territorial da Xunta, Ignacio López-Chaves, informou hoxe en rolda de prensa dos pasos a seguir a partires de agora

  • De xeito inmediato se remite o expediente ao Concello de Vigo que, segundo a Lei 3/2016, debe sometelo a información pública durante un prazo de 20 días e emitir informe preceptivo e vinculante no prazo dos 10 días seguintes
  • De forma paralela, e coma significou o delegado, o goberno local debe executar as expropiacións necesarias
  • Segundo as previsións da Xunta, en 6 meses podería estar resolto o problema urbanístico derivado da anulación do PXOM para que esta actuación sexa compatible urbanisticamente
  • Se cumpre así o acordo alcanzado entre Adif, Xunta e Concello en febreiro de 2016.Vigo, 06 de febreiro de 2017.- A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, inicia hoxe a tramitación urbanística conxunta a través da Lei 3/2016, de 1 de marzo, de medidas en materia de proxectos públicos de urxencia ou de excepcional interese, máis coñecida coma Lei Express, para executar a estación intermodal de Vigo.
    O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, informou esta mañá en rolda de prensa dos pasos a seguir a partires de agora. Coma lembrou, o complexo intermodal está formado pola estación de FFCC-AVE, o Centro Comercial Vialia (que incluirá os servizos definitivos da estación de ferrocarril) e que son responsabilidade do Ministerio de Fomento; e a terminal de autobuses, dependente do Goberno galego, actuacións que sufriron un “forte pau” tras a anulación do PXOM polo Tribunal Supremo a finais de 2015.
    Deste xeito, en febreiro de 2016, Xunta, ADIF e Concello de Vigo pactaron tramitar urbanisticamente o proxecto global e conxunto ao amparo da Lei autonómica para impulso de proxectos de interese xeral non conformes a planeamento. Dende entón, tanto Administración autonómica coma central estiveron traballando na elaboración e unificación dos proxectos básicos do Centro Vialia e da nova terminal de autobuses ademais de elaborar toda a documentación necesaria para poder tramitar o proxecto conxunto pola Lei Express.
    Así, a día de hoxe se inicia a tramitación urbanística do proxecto conxunto a través desta Lei para que sexa unha actuación compatible urbanisticamente que permitirá o desenvolvemento das actuacións por fases, por unha banda a estación de autobuses e, por outra, o Centro Vialia. Ademais, de xeito inmediato se lle remite o expediente ao Concello de Vigo que, segundo a Lei 3/2016, debe sometelo a información pública durante un prazo de 20 días e emitir informe preceptivo e vinculante no prazo dos 10 días seguintes. De xeito paralelo, e coma significou o delegado, ao goberno local lle corresponde executar as expropiacións necesarias.
    Con todo, López-Chaves estimou que, se todo segue o seu canle, a resolución do problema urbanístico a través da Lei Express podería estar resolta en 6 meses. A continuación, a Xunta podería licitar a obra da estación de autobuses se o Concello de Vigo pon a disposición os terreos precisos toda vez que leve a cabo as expropiacións coma así se comprometeu.
    Estación de autobuses

    A nova estación de autobuses contará con case 15.500 m2 de superficie e cun investimento da Xunta de 11,7 M €. Construiranse dúas plantas para salvar o desnivel existente entre a Praza da Estación e o acceso á terminal de ferrocarril. Así, na planta superior estarán situadas as 29 dársenas para autobuses.

     

    Na planta inferior quedará emprazado o edificio de servizos ao viaxeiro, con 570 metros cadrados de superficie útil, que acollerá a zona de espera, o servizo de información, a venda de billetes, os aseos, a consigna, a zona de oficinas, etc. O edificio de servizos ao viaxeiro será contiguo ao edificio de oficinas existente na actualidade, que haberá que manter mentres non se execute o Centro Vialia, aínda que despois poderá ser destinado a locais comerciais.

     

    Estas dúas edificacións delimitarán nunha praza peonil cuberta a través da que van circular os fluxos peonís asociados á estación intermodal. Polo tanto, a nova estación de autobuses que se está a deseñar na Xunta para Vigo ten en conta aspectos construtivos, funcionais e urbanísticos; presenta unha estética singular, adaptada ás peculiaridades do terreo, tamén á idiosincrasia da cidade, acorde co contorno e integrada no futuro Centro Vialia; e conta cun deseño eficiente e funcional, que permite responder mellor ás necesidades de transporte dos cidadáns. 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: