Archive | febrero 8, 2017

Los dominios .es crecen un 2,4% en 2016 y superan la barrera de 1.838.000

* Madrid, Andalucía, Cataluña y Valencia son las CC.AA. con más dominios .es del total de dominios registrados en España

* El 16,9% de los .es se registran desde el extranjero

* Alemania, EEUU, Francia y Reino Unido son los países con mayor número de .es

08.02.17. Los .es, nombres de dominio de Internet asignados bajo el código de país España, cuya gestión está encomendada al Ministerio de Energía, Turismo y Agenda Digital, a través de la entidad pública Red.es, alcanzaron al cierre de 2016 una cifra de 1.838.066 registros, frente a los 1.795.037 del ejercicio anterior, lo que supone un incremento del 2,4%.

Respecto al origen de registro de los dominios .es activos, hay que destacar que el 16,9% de los existentes se registran desde el extranjero. Representan un total de 266.210, frente a 1.572.533 cuyos titulares residen en nuestro país (el 83,1%). Estos porcentajes son muy similares a los del ejercicio anterior.

Los países con mayor número de .es son Alemania, con 45.583 (el 17% de todos los registrados en el extranjero); Estados Unidos, con 40.574 (15%); Francia, con 26.534 (10%), y Reino Unido, con 26.017 (10%).

Madrid, Andalucía y Cataluña, las comunidades con más .es

Del total de dominios .es registrados desde España, la mayoría pertenecen a ciudadanos, empresas e instituciones de las comunidades autónomas de Madrid, Andalucía, Cataluña y Valencia.

La distribución por comunidades y ciudades autónomas queda, al cierre de 2015, de la siguiente manera: Madrid, 396.377 dominios .es (25,2% del total en España); Andalucía, 222.753 (14,2%); Cataluña, 221.702 (14,1%); Valencia, 177.688 (11,3%); Galicia, 82.236 (5,2%); Castilla y León, 65.765 (4,2%); La Rioja, 57.951 (3,7%); Canarias, 49.464 (3,1%); Murcia, 48.413 (3,1%); País Vasco, 45.627 (2,9%); Castilla-La Mancha, 45.321 (2,9%); Aragón, 42.484 (2,7%); Baleares, 32.843 (2,1%); Asturias, 28.468 (1,8%); Extremadura, 20.584 (1,3%); Navarra, 15.433 (1%); Cantabria, 15.546 (1%); Ceuta, 899 (0,1%), y Melilla, 849 (0,1%).

103 agentes registradores de dominios .es

Aunque la gestión de los dominios .es se lleva a cabo desde la entidad pública Red.es, éstos se registran a través de agentes registradores. En la actualidad, hay 103 agentes registradores que operan con dominios .es.

Son empresas acreditadas que realizan cualquier trámite relacionado con los dominios .es y ofrecen servicios de valor añadido (hosting, cuentas de correo electrónico asociadas, herramientas para desarrollar páginas web, etcétera). Se puede consultar el listado de todos ellos en http://www.dominios.es

El .es aporta dos características diferenciadoras a las páginas web bajo este indicativo: su carácter de proximidad y de identidad. Los servicios de Internet prestados bajo los dominios .es se identifican con España, con el idioma castellano y con la cultura hispana, lo que favorece la identidad de estos servicios.

Entrega libros Os Bolechas 50 anos do Pino Manso a todos os centros escolares do Porriño

dsc_2042A concelleira de Educación, Lourdes Moure, acompañada polo director do IES Pino Manso, Juan Aguilar, fixo entrega de varios exemplares do libro ‘Os Bolechas van ao aniversario do Pino Mando’, editado co gallo dos primeiros 50 anos de vida deste instituto porriñés.

Moure e Aguilar explicaron aos directores dos centros das garderías, ensino de infantil e primaria e ensino secundario, Fernández López, Hermanos Quiroga, Santo Tomás, Antonio Palacios, Atios, Budiño, A Galiña Azul, Ribeira do Louro e CEIP Da Ribeira, o motivo da edición especial deste libro e as actividades que, ao longo de todo este curso, se realizarán no Pino Manso para celebrar o seu medio século de vida.

A concelleira de Educación, lembrou que no Pino Manso “estudaron, e estudamos, varias xeracións non so de porriñeses, senón de veciñas e veciños de Ponteareas, Tui, Salceda, Arbo, As Neves, Mondariz, mesmo A Cañiza”, o que converte a este centro de ensino, “non so en parte da historia do Porriño, senón de toda a bisbarra do Louro”.

O cómic relata a experiencia de antigos profesores e estudantes do centro que fan un repaso ao que aconteceu no mesmo dende súa apertura en 1966-cunha das primeiras directoras de instituto do Estado á súa fronte- e coma o seu desenrolo foi paralelo ao da economía, a poboación, o deporte ou a industria.

Las oficinas de la Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía de Arousa unifican sus horarios y apuestan por una mayor conciliación laboral y familiar

camaracomercioactualVigo, 08/02/2017. A partir del próximo lunes, 13 de febrero, las tres oficinas de la Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía de Arousa pasarán a prestar servicio de manera ininterrumpida, una medida que pretende ofrecer un mejor servicio a las empresas, así como apostar por mejorar la conciliación laboral y familiar entre sus empleados.

 

Hasta la fecha, y tras la fusión de las tres extintas Cámaras en 2016, la plantilla mantenía horarios diferentes en los tres centros, no solo debido a las condiciones de horario especial por diversos motivos (reducciones de jornada y otros).

 

Esta situación originaba inconvenientes para las empresas usuarias de los servicios de la institución que preside José García Costas. En este sentido, y en los últimos años, los horarios de las empresas han visto reducido sus pausas para el almuerzo con el consecuente adelanto del horario de salida. Y la Cámara, como organismo al servicio del tejido empresarial, tenía la obligación de que adaptarse a las nuevas demandas.

 

Por todo ello, el Comité Ejecutivo de la Cámara, en la pasada sesión de 21 de diciembre, aprobó poner en marcha un cambio de horario para unificar la atención al público en las tres sedes de camerales, pasando a ser éste, en horario normal, de 8:30 a 17:30 horas de lunes a jueves, y los viernes de 9:00 a 15:00 horas. El horario de verano, que se aplicará desde el 1 de junio al 30 de septiembre, ambos inclusive, pasará a ser de 8:30 a 14:30 horas.  

REY VARELA SUMA UN NOVO ENCONTRO COS REXEDORES GALEGOS DE CARA A COORDINAR A POLÍTICA SOCIAL COAS ADMINISTRACIÓNS LOCAIS

O conselleiro mantivo no día de hoxe unha xuntanza de traballo coa alcaldesa de Oímbra (Ourense), Ana María Villarino Pardo

 

  • O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, manter‡ un encontro coa alcaldesa de O’mbra, Ana Mar’a Villarino Pardo.

    O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, manter‡ un encontro coa alcaldesa de O’mbra, Ana Mar’a Villarino Pardo.

    O departamento autonómico ofreceu a súa colaboración para impulsar a mellora da accesibilidade na localidade

  • Ambos mandatarios repasaron as actuacións da Xunta de Galicia no concello en termos sociais, destacando o incremento de horas no Servizo de Axuda no Fogar Dependencia e as obras de mellora na escola infantil e no centro de día sitos na localidade

 

Santiago, 8 de febreiro de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, continua coa súa quenda de encontros cos representantes locais dos municipios galegos cunha nova xuntanza de traballo coa alcaldesa de Oímbra (Ourense), Ana María Villarino Pardo. Este encontro enmárcase na liña de diálogo da Consellería de Política Social coas demais administracións públicas de Galicia para xuntar esforzos no ámbito social e optimizar os recursos autonómicos e locais para mellorar a calidade de vida da totalidade da poboación.

 

Na reunión, que tivo lugar no despacho do conselleiro en San Caetano, os mandatarios galegos abordaron os temas de índole social do concello e afondaron na cooperación entre ambas institucións co obxectivo de incrementar o benestar dos veciños e veciñas da localidade.

 

Alcaldesa e conselleiro debateron sobre medidas para incrementar os servizos orientados á terceira idade, xuventude, infancia ou dependencia. Deste xeito, Rey Varela ofreceu a colaboración do departamento autonómico para impulsar a mellora da accesibilidade na localidade. Así mesmo, repasaron as accións que se están a levar a cabo na localidade por parte da Xunta de Galicia. Cómpre destacar o incremento por parte da administración autonómica de 241 horas mensuais no Servizo de Axuda no Fogar, grazas ao cal o total de horas de servizo ascende a 1.417 horas ao mes do que se benefician 44 veciños e veciñas, situándose a ratio de atención no 96,6%. Rey Varela aludiu tamén ás obras de mellora realizadas no centro de día de Oímbra grazas o Plan déficit e que ascenderon a 14.368 euros. Así mesmo, a escola infantil tamén foi obxecto de mellora o ano pasado, no marco do Plan de Investimentos do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e grazas ao cal se instalou unha pérgola no patio exterior e se repararon os desperfectos producidos por unha inundación. Estes traballos tiveron unha inversión por parte da Xunta de Galicia de case 5.000 euros.

 

Entroido O Porriño 2017

cartel-entroido-01O Concello do Porriño desenrolará durante todo o mes de febreiro, un intenso programa cultural e de actividades, que van dende obradoiros, pasando por conferencias ou animación na rúa, que chegará ao seu punto álxido entre o 25 de febreiro e o 1 de marzo, coa celebración do Entroido 2017.

A saída do mesmo será o pregón, a cargo de Xosé Antonio Touriñán, o sábado día 25, ás 12 e media, na Praza Antonio Palacios; dende se intre empezan seis días de actividades e propostas que abranguen o 74º Xogo de Ola, a Gran Festa do Entroido, o domingo, a Festa Infantil, o Bailes de disfraces- o luns, día 27, comparsas, e o Velorio, o Enterro e a lectura das derradeiras Vontades da Sardiña, o mércores 1 de marzo, dende as 5 da tarde.

O Entroido estará presente en todo O Porriño, e deixarase ver, especialmente, na Gran Festa rachada, o sábado, día 25, desde as 8 da tarde nas rúas da vila; o luns, día 27, co Grande Baile de Disfraces,dende as 5 da tarde, no Centro Socio-comunitario do Porriño; o martes, 28, no Grande Desfile de Comparsas, dende a rúa Antonio Palacios, a partires das 6 e media da tarde e, o último día da celebración co Pasamento da Sardiña.

O GRUPO POPULAR SALIENTA O ANUNCIO DA XUNTA DE NEGOCIAR COS SINDICATOS UNHA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DE 3.000 PRAZAS PARA O PRESENTE ANO 2017

  • “A Xunta continúa a traballar tratando de manter o equilibrio entre a prestación de servizos e a creación de emprego”, indicou o deputado Jacobo Moreira

 

Santiago, 8 de febreiro de 2017.- O deputado do Grupo Popular, Jacobo Moreira, salientou hoxe que a Xunta negociará coas organizacións sindicais a aprobación neste ano dunha oferta de emprego público de arredor de 3.000 prazas para reforzar especialmente os servizos de sanidade, educación e sociais.

 

Ademais, Jacobo Moreira indicou que entre as medidas que se tomarán neste ano figura a reanudación do pago do complemento específico nas pagas extras ao conxunto dos empregados públicos da Administración galega, unha medida pactada coas organizacións sindicais e que beneficiará ao persoal da Xunta, da sanidade, o ensino, as universidades e o ensino concertado.

 

MANTER O EQUILIBRIO

 

“A Xunta continúa a traballar tratando de manter o equilibrio entre a prestación de servizos e a creación de emprego, ao tempo que a intenta conxugar coa pronta restitución dos dereitos dos empregados públicos afectados durante a crise económica, sen poñer en risco os obxectivos de estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade en materia de emprego público”, indicou.

 

Jacobo Moreira lembrou que a Xunta de Galicia foi recuperando progresivamente algunha das medidas adoptadas durante a crise económica. En concreto, procedeuse á recuperación da totalidade  da paga extra e adicional do 2012, e os permisos por asuntos particulares e vacacións en función da antigüidade.

 

“Para o resto dos permisos e vacacións así como sobre as retribucións en todos os supostos de  incapacidade temporal estase a aplicar en Galicia o máximo que permite a normativa básica estatal,  ao igual que sucede coa taxa de reposición de efectivos, que na Comunidade galega acada o limite máximo que permite a Lei de orzamentos estatal”, explicou.

 

ARTURO PARRADO CLAUSURA OS CURSOS DE CÁRITAS DIOCESANA QUE APOIAN A INCLUSIÓN SOCIAL DOS SEUS PARTICIPANTES

  • O director xeral de Inclusión Social entregou os diplomas dos cursos de camareira de andares, operacións auxiliares de comercio, auxiliar de servizos domésticos e atención a persoas maiores
  • A Consellería de Política Social colabora con financiamento destas accións formativas

 

Santiago, 8 de febreiro de 2017.- O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, asistiu á clausura e entrega de diplomas da dos cursos financiados pola Dirección Xeral a través de Cáritas Interparroquial de Santiago. No transcurso da entrega de distincións, o titular autonómico subliñou a importancia da inclusión social para acadar unha sociedade na que todas as persoas teñan os mesmos dereitos e as mesmas oportunidades.

 

O acto tivo lugar nas dependencias de Cáritas na capital galega e nel se entregaron os diplomas dos cursos de camareira de andares, operacións auxiliares de comercio, auxiliar de servizos domésticos e atención a persoas maiores. Arturo Parrado felicitou aos participantes nestas actividades formativas polo seu traballo e esforzo. “Un esforzo que tamén debemos facer e facemos como administración pública. Estamos ao carón das persoas que peor o están a pasar para que poidan vivir mellor e cunha maior calidade de vida”, declarou Parrado.

 

Deste xeito, o titular autonómico lembrou que a Consellería de Política Social continúa a traballar man a man con Cáritas Diocesana de Santiago no 2016-2017, grazas a unha achega que supera os 375.000 euros.

 

Banco Alimentos, kilos de comida entregada en 2016

El Banco de Alimentos repartió más de 2 millones de kilos de comida, un 25% más que durante 2015gran-recogida-solidaria-2016-clasificada-enero-i

 

La ONG cerró 2016 con una cifra récord en cuanto a la cantidad total de ayuda entregada a las personas con dificultades de la provincia de Pontevedra

 

Entre los alimentos distribuidos destacaron los 590.000 litros de leche, 298.000 kilos de pasta y arroz, 161.000 kilos de legumbres, 155.000 kilos de conservas vegetales o 141.000 kilos de fruta fresca

 

La Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo pretende reanudar en el próximo mes de marzo sus tradicionales Operaciones Kilo con las que habitualmente va recuperando su stock de productos básicos y más necesarios

 

En enero, voluntarios de la ONG finalizaron las labores de clasificación de los 309.000 kilos de alimentos procedentes de la Gran Recogida Solidaria de 2016, desarrollada el pasado mes de noviembre

 

Vigo, 08/02/17.- La Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo repartió más de 2 millones de kilos de comida (2.108.608 kilos) durante 2016, lo que supone un 25% más que en 2015, cuando fueron cerca de 1,7 millones de kilos (1.688.000 kilos) los entregados a los colectivos sociales de la provincia.

 

“Estamos hablando de una cifra récord la ayuda entregada desde nuestro Banco de Alimentos el año pasado, pero, no podemos estar contentos porque eso significa que la necesidad, lejos de disminuir, se ha incrementado todavía más”, señala el presidente de la entidad, Pedro Pereira, quien no cree que la situación vaya a cambiar mucho este 2017 recién iniciado.

 

Entre los alimentos distribuidos en 2016, destacaron los 590.000 litros de leche, 298.000 kilos de pasta y arroz, 161.000 kilos de legumbres, 155.000 kilos de conservas vegetales o 141.000 kilos de fruta fresca.

 

Primera Operación Kilo, en marzo

Como viene ocurriendo habitualmente por estas fechas, desde la Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo se trabaja ya en la planificación de un calendario para el desarrollo de sus tradicionales Operaciones Kilo.

 

Previsiblemente, será el próximo mes de marzo cuando se reanuden este tipo de acciones solidarias con las que la ONG pretende ir recuperando su stock de productos básicos y más necesarios, así como seguir abasteciendo sus dos almacenes de Vigo y Pontevedra.

 

Gran Recogida Solidaria, ya clasificada

En cuanto a la Gran Recogida Solidaria desarrollada durante el 25 y 26 de noviembre del año pasado, la entidad finalizó las labores de clasificación de los 309.000 kilos de comida recogidos. Esto fue gracias la treintena de voluntarios que durante dos meses, de lunes a viernes, ayudaron al Banco de Alimentos en la tarea de almacenaje.

 

La ONG, creada hace ahora 22 años, ayuda en la actualidad a unos 150 colectivos sociales, a través de los cuales, llega a unas 25.000 personas con dificultades en toda la provincia.

ETHEL VÁZQUEZ AVANZA QUE ESTA SERÁ A LEXISLATURA DA MODERNIZACIÓN DO TRANSPORTE PÚBLICO, PRIORIZANDO O RURAL E CON SERVIZOS Á DEMANDA PARA LEVAR O AUTOBÚS “ONDE SEXA PRECISO CANDO SEXA PRECISO”

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda destacou hoxe no Parlamento de Galicia o marcado carácter social das liñas de acción do seu departamento para os vindeiros catro anos

  • A conselleira sinala que en agosto de 2017 comezará a implantarse o novo mapa de servizos de transporte público, con  criterios de calidade e eficiencia e de forma coordinada cos Plans de Transporte Metropolitano
  • Reitera que o Goberno galego licitará este ano as obras das estacións intermodais para favorecer un intercambio áxil e seguro entre os distintos medios de transporte
  • Destaca a creación dun Observatorio da Vivenda para facilitar o acceso á información sobre o sector e oriente as actuacións no ámbito público e privado
  • Anuncia a posta en marcha do programa ReHaluga, para conceder axudas á rehabilitación aos inmobles que se incorporen ao Programa de Vivendas Baleiras e o Programa Rexurbe para impulsar a recuperación de vivendas en barrios históricos
  • Destaca o impulso á primeira Lei de Cascos Históricos de Galicia, que establecerá os mecanismos para favorecer a recuperación dos núcleos antigos das vilas e cidades de forma compatible cos seus valores culturais
  • Manifesta que na liña de promover a mobilidade sostible, o Goberno galego proseguirá co desenvolvemento do Plan de Sendas de Galicia, que contará este ano cun investimento de máis de 10,5 millóns de euros
  • Subliña a preocupación do Goberno galego pola seguridade viaria, que se materializa en actuacións como o Plan de Reforzos de Firme, cunha partida de 15,5 millóns no 2017 para seguir coa mellora noutros preto de 700 km de estradas
  • Avanza o pulo a novos eixos de comunicación co inicio mañá do proceso de información pública do proxecto de conexión da Vía Ártabra coa AP-9, libre de peaxes
  • Indica que nos vindeiros días se licitará a redacción do proxecto para o desdobramento do primeiro treito da Vía de Altas Prestacións entre Lugo e Sarria (Pobra de San Xiao-Sarria-Centro)
  • Remarca a creación dun Observatorio do Solo empresarial para avaliar a demanda e adaptar a planificación de actuacións públicas ás necesidades dos distintos sectores

 

Santiago, 7 de febreiro de 2017.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, destacou hoxe no Parlamento de Galicia que a folla de ruta do seu departamento para esta lexislatura terá un acento máis social ca nunca, potenciando o rural e levarase a cabo a ordenación do transporte público da Comunidade, coa incorporación de servizos á demanda que primen a cobertura no rural e permitan levar o autobús, microbús ou o taxi alí onde e cando sexa preciso.

A responsable de Infraestruturas do Goberno galego insistiu en que a Xunta destinará un total de 2,5 millóns de euros á reformulación do mapa de servizos e xa se comezaron a desenvolver os traballos correspondentes á primeira fase, destinados á planificación en seis ámbitos territoriais. Avanzou que en agosto de 2017 comezará a implantarse o novo mapa de servizos de transporte público, con  criterios de calidade e eficiencia e de forma coordinada cos Plans de Transporte Metropolitano.

 

Nunha segunda fase, con horizonte temporal de finais de 2019, concretarase e aprobarase o Plan de Transporte Público de Galicia e completarase o novo mapa de transporte para dar resposta ás necesidades actuais e potenciais dos galegos, cos novos servizos plenamente operativos e as novas tecnoloxías totalmente implantadas.

 

O Goberno galego, paralelamente, segue apostando polo Plan de Transporte Metropolitano, un plan social actualmente en funcionamento en 5 áreas e 65 concellos que aglutinan a máis da metade da poboación de Galicia. Esta iniciativa, que o ano pasado permitiu a bonificación de 14 millóns de billetes na comunidade, supón aforros medios de 600 euros ao ano, que incluso poden chegar aos 1.000 en caso de que tamén empreguen o bus urbano.

 

A responsable de Infraestruturas tamén salientou outra medida activada o verán pasado polo Goberno galego, a tarxeta Xente Nova, que a día de hoxe xa lle permite a 33.000 menores de 19 anos ter transporte metropolitano interurbano gratis.

 

No eido do transporte público por estrada, a Consellería está a avanzar no Plan de accesibilidade de autobuses ao centro da cidade da Coruña, que estará implantado esta primavera, mellorando a mobilidade dos veciños coa optimización dos percorridos e paradas.

 

Intermodais

Vázquez manifestou que para garantir un transporte público de calidade é a conexión sinxela entre os diferentes modos é necesaria a execución das estacións intermodais nas distintas cidades galegas. Así, lembrou que a Xunta traballa coa previsión de licitar este ano as obras das terminais de autobuses co obxectivo de empezar as obras o antes posible.

 

O Executivo autonómico considera a intermodalidade como o transporte do futuro e a súa chegada deberá estar coordinada co tren de alta velocidade a Galicia desde Madrid. Neste sentido, cómpre recordar que o ministro de Fomento comprometeuse de novo o pasado martes co presidente da Xunta a traballar na finalización do AVE á Meseta coa maior celeridade posible, fixando o terceiro trimestre de 2019 como data de chegada.

 

Nesta xuntanza entre as Administracións central e autonómica tamén quedaron renovados os compromisos coa mellora ferroviaria de Lugo e coa execución das variantes de Ourense e Cerdedo.

 

O departamento que dirixe Ethel Vázquez dispón este 2017 dun orzamento de 390 millóns de euros, o que supón un incremento dun 5% con respecto ao pasado exercicio. Estas cifras, segundo explicou a conselleira, responden á responsabilidade de traballar para as persoas.

 

Pulo á rehabilitación

Segundo afirmou Vázquez Mourelle, unha liña fundamental no eido da vivenda será a rehabilitación, que ten unha repercusión directa na mellora das condicións de vida dos habitantes das áreas e barrios, que á súa vez, recuperan o patrimonio construído. Nese sentido, salientou que o obxectivo da Xunta é continuar fomentando a rehabilitación de vivenda a través das axudas xa existentes, pero tamén coa creación doutras novas ou con actuacións directas de rehabilitación en vivendas propiedade do Goberno galego.

 

A Consellería de Infraestruturas está a activar novas liñas de traballo como as axudas para a mellora da eficiencia enerxética e, neste sentido, xa se publicou a convocatoria para que os concellos poidan realizar actuacións en vivendas da súa propiedade, axudas que contan cun importe de medio millón de euros. Proximamente impulsaranse obras de mellora da eficiencia enerxética en inmobles de promoción pública propiedade da Xunta, ás que se destinarán 3,3 millóns de euros.

 

O Goberno galego tamén porá en marcha un Fondo de Cooperación, dotado con 10 millóns destinados á concesión de préstamos a interese cero aos concellos de menos de 50.000 habitantes para que estes poidan recuperar edificacións dos seus cascos históricos ou realizar outras intervencións en materia de rehabilitación. 

 

Destacou a creación dun Observatorio da Vivenda para facilitar o acceso á información sobre o sector e oriente as actuacións no ámbito público e privado. Así mesmo, anunciou a posta en marcha do programa ReHaluga, para conceder axudas á rehabilitación aos inmobles que se incorporen ao Programa de Vivendas Baleiras e o Programa Rexurbe para impulsar a recuperación de vivendas en barrios históricos.

 

Por outra banda, incidiu en que se levará a cabo o impulso á primeira Lei de Cascos Históricos de Galicia, que establecerá os mecanismos para favorecer a recuperación dos núcleos antigos das vilas e cidades de forma compatible cos seus valores culturais

 

No que se refire ao solo residencial, hai que destacar o Parque Ofimático da Coruña ou San Paio de Navia, para o que neste mes de febreiro se comezará o proceso de sinatura de escrituras de compravenda e pago do solo ofrecido polos seus propietarios nesta oferta pública. Esta adquisición de terreos completarase en 2017, unha vez incrementada a dotación destinada a esta oferta pública en 2 millóns máis. Isto significa que a adquisición de terreos de mutuo acordo en San Paio de Navia rematarase con arredor de 57.000 metros cadrados adquiridos e un investimento de 10 millóns.

 

Plan de Sendas

Na liña de promover a mobilidade sostible, o Goberno galego proseguirá co desenvolvemento do Plan de Sendas de Galicia, que contará este ano cun investimento de máis de 10,5 millóns de euros, que permitirán dar un importante pulo á execución das obras planificadas. 

A primeira fase comprende a construción de 55 sendas en sete comarcas galegas: Vigo, O Salnés, Santiago, A Coruña, Bergantiños, Ferrol e Terra Cha. Nestes momentos iniciouse a tramitación para a execución de obras en 39 quilómetros de sendas e están licitados ou en obras 23 quilómetros, por un importe de 9,2 millóns.

 

A Consellería de Infraestruturas xa está traballando na segunda fase do plan, que suma 40 novos itinerarios, 45 quilómetros, nas comarcas de Lugo, Ourense, O Morrazo e Pontevedra. Este ano estarán en redacción todos os proxectos construtivos correspondentes a esta segunda fase do Plan de Sendas.

 

Outra das liñas prioritarias da Axencia Galega de Infraestruturas é a de dotar aos cidadáns de vías máis cómodas e seguras, para o que a Xunta puxo en marcha o Plan de Reforzos de Firme, que disporá dunha partida de 15,5 millóns no 2017 para seguir coa mellora noutros preto de 700 km de vías autonómicas. 

 

A vindeira semana comezaranse a licitar os primeiros proxectos do Plan, tres melloras, dúas delas en estradas da provincia da Coruña e unha na provincia de Pontevedra, por importe de 2,3 millóns. A conselleira precisou que despois de ter cumprido, na pasada lexislatura, o obxectivo de que o 80% da poboación galega estea a menos de 15 minutos dunha vía de alta capacidade, toca continuar desenvolvendo novos eixes que completen o mapa de comunicacións e melloren a estrutura territorial doutras comarcas galegas.

 

A autovía do Morrazo continúa a ser un destes eixos que a Xunta está a impulsar cun investimento global de 55 millóns, sendo a infraestrutura que conta con maior dotación orzamentaria en 2017, con 22 millóns. Esta infraestrutura, esencial para o reforzo da seguridade viaria e a mellora da mobilidade dos veciños desta comarca, terá este ano en plena execución a totalidade das obras.

 

Na área da Coruña estase a potenciar a continuación da Vía Ártabra e a súa conexión coa AP-9. Vázquez adiantou que mañá iniciarase a información pública do proxecto construtivo no seu treito entre a N-VI e a AP-9, contemplado como unha vía sen peaxe.

 

Ethel Vázquez concretou que nas vindeiras semanas tamén se licitará o contrato para a redacción do proxecto construtivo que dará continuidade á autovía da Costa da Morte, comezando por unha primeira fase, entre Baio e a AC-432, en dirección a Camariñas.

 

Na provincia de Lugo, o Executivo autonómico está a avanzar na conversión en autovía da VAP Nadela-Sarria e nos vindeiros días se licitará o contrato para a redacción do proxecto construtivo da primeira fase, entre os enlaces da Pobra de San Xiao e Sarria centro.

 

Integración paisaxística dos Camiños de Santiago

Así mesmo, o Executivo autonómico, coa vista posta na celebración do Ano Xacobeo, no ano 2021, realizará unha mellora da integración paisaxística dos Camiños de Santiago á súa entrada na cidade de Compostela mediante o investimento de 4,2 millóns de euros.

 

Este ano e en consonancia co Concello de Santiago, procederase á redacción dos proxectos, o que permitirá acondicionar, antes do Ano Xubilar, certos puntos estratéxicos das entradas en Compostela dos Camiños Francés, Inglés e Portugués.

 

 

A titular de Vivenda explicou que se as vías de comunicación representan un elemento esencial para a competitividade, a posta á disposición de solo empresarial en condicións vantaxosas supón maior dinamismo económico e creación de novos postos de traballo. Para elo, preveuse a creación dun Observatorio do Solo empresarial para avaliar a demanda e adaptar a planificación de actuacións públicas ás necesidades dos distintos sectores.

 

Cómpre lembrar que grazas ás bonificacións de ata o 50 % no prezo do solo, activadas pola Xunta, lévanse adxudicado case 730.000 metros, o que supera en preto dun 20% o vendido conxuntamente nos anos 2007 e 2008, previos á crise. Vázquez Mourelle indicou que se continuará con estes incentivos, polo que xa están activadas de novo as bonificacións de entre o 30 e o 50% nos parques da Xunta: ofertando 1,8 millóns de metros cadrados de solo en réxime de compravenda a partir de 12,5 euros/m²; ou en dereito de superficie desde 0,38 €/m²/ano.

 

O Goberno galego continuará co desenvolvemento da gran plataforma loxística do sur de Galicia, da PLISAN, comezado polo remate das obras dos sistemas xerais, neste primeiro semestre do ano. Deste xeito, o solo estará a disposición das empresas, con prezos moi competitivos: 50 euros por metro cadrado para a venda dos primeiros 100.000 metros cadrados.

 

Na provincia da Coruña, este ano iniciarase a primeira fase do parque empresarial de Morás, en Arteixo, desenvolvendo 1,1 millóns de metros cadrados de superficie, dos que 600.000 serán de parcelas. A Xunta destina a esta actuación preto de 18 millóns e que prevé a realización de todas as conexións externas do parque, incluíndo o viario de acceso desde a A-6 e a subestación eléctrica.  

 

A TRAMITACIÓN CONXUNTA DA ESTACIÓN INTERMODAL E DO CENTRO VIALIA DE VIGO A TRAVÉS DA ‘LEI EXPRESS’ É A ÚNICA ALTERNATIVA PARA IMPULSAR ESES PROXECTOS MENTRES O CONCELLO NON APROBA O NOVO PLAN XERAL

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda lembra que o Concello de Vigo, o Ministerio de Fomento e a Xunta acordaron en xaneiro de 2016 abordar conxuntamente a solución urbanística para evitar o bloqueo pola caída xudicial do PXOM

  • A Consellería de Infraestruturas e Vivenda iniciou onte o procedemento administrativo para a tramitación do proxecto conxunto, inmediatamente despois de  recibir a solicitude do Adif ao respecto

 

Santiago, 7 de febreiro de 2017.- A tramitación conxunta da estación de autobuses intermodal e do Centro Vialia a través da Lei 3/2016 representa a única alternativa para impulsar estes dous proxectos mentres o Concello de Vigo non aproba un novo Plan Xeral de Ordenación Municipal.

 

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda lembra que o alcalde de Vigo, Abel Caballero, a entón ministra de Fomento, Ana Pastor, e a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, mantiveron o 11 de xaneiro de 2016 unha xuntanza en Madrid co obxectivo de abordar a situación urbanística do complexo de Urzaiz ante as complicacións derivadas da anulación xudicial do PXOM.

 

Nesa reunión, o Concello de Vigo, o Ministerio de Fomento e a Xunta acordaron en xaneiro de 2016 abordar conxuntamente a solución urbanística mediante a súa tramitación como un proxecto coxunto ao abeiro da Lei de medidas en materia de proxectos públicos de urxencia ou de excepcional interese, que por aquel entón estaba a iniciar a súa tramitación, ata acadar a aprobación definitiva o 1 de marzo.

 

Logo de traballar nos últimos meses no encaixe dos proxectos da estación de autobuses intermodal (responsabilidade da Xunta), da estación de ferrocarril provisional (xa construída polo Adif) e do Centro Vialia (en proceso de contratación por parte de Adif), a Consellería de Infraestruturas e Vivenda iniciou onte o procedemento administrativo para a tramitación do proxecto conxunto, inmediatamente despois de  recibir a solicitude do Adif ao respecto.