A TRAMITACIÓN CONXUNTA DA ESTACIÓN INTERMODAL E DO CENTRO VIALIA DE VIGO A TRAVÉS DA ‘LEI EXPRESS’ É A ÚNICA ALTERNATIVA PARA IMPULSAR ESES PROXECTOS MENTRES O CONCELLO NON APROBA O NOVO PLAN XERAL

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda lembra que o Concello de Vigo, o Ministerio de Fomento e a Xunta acordaron en xaneiro de 2016 abordar conxuntamente a solución urbanística para evitar o bloqueo pola caída xudicial do PXOM

  • A Consellería de Infraestruturas e Vivenda iniciou onte o procedemento administrativo para a tramitación do proxecto conxunto, inmediatamente despois de  recibir a solicitude do Adif ao respecto

 

Santiago, 7 de febreiro de 2017.- A tramitación conxunta da estación de autobuses intermodal e do Centro Vialia a través da Lei 3/2016 representa a única alternativa para impulsar estes dous proxectos mentres o Concello de Vigo non aproba un novo Plan Xeral de Ordenación Municipal.

 

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda lembra que o alcalde de Vigo, Abel Caballero, a entón ministra de Fomento, Ana Pastor, e a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, mantiveron o 11 de xaneiro de 2016 unha xuntanza en Madrid co obxectivo de abordar a situación urbanística do complexo de Urzaiz ante as complicacións derivadas da anulación xudicial do PXOM.

 

Nesa reunión, o Concello de Vigo, o Ministerio de Fomento e a Xunta acordaron en xaneiro de 2016 abordar conxuntamente a solución urbanística mediante a súa tramitación como un proxecto coxunto ao abeiro da Lei de medidas en materia de proxectos públicos de urxencia ou de excepcional interese, que por aquel entón estaba a iniciar a súa tramitación, ata acadar a aprobación definitiva o 1 de marzo.

 

Logo de traballar nos últimos meses no encaixe dos proxectos da estación de autobuses intermodal (responsabilidade da Xunta), da estación de ferrocarril provisional (xa construída polo Adif) e do Centro Vialia (en proceso de contratación por parte de Adif), a Consellería de Infraestruturas e Vivenda iniciou onte o procedemento administrativo para a tramitación do proxecto conxunto, inmediatamente despois de  recibir a solicitude do Adif ao respecto.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: