Entrega libros Os Bolechas 50 anos do Pino Manso a todos os centros escolares do Porriño

dsc_2042A concelleira de Educación, Lourdes Moure, acompañada polo director do IES Pino Manso, Juan Aguilar, fixo entrega de varios exemplares do libro ‘Os Bolechas van ao aniversario do Pino Mando’, editado co gallo dos primeiros 50 anos de vida deste instituto porriñés.

Moure e Aguilar explicaron aos directores dos centros das garderías, ensino de infantil e primaria e ensino secundario, Fernández López, Hermanos Quiroga, Santo Tomás, Antonio Palacios, Atios, Budiño, A Galiña Azul, Ribeira do Louro e CEIP Da Ribeira, o motivo da edición especial deste libro e as actividades que, ao longo de todo este curso, se realizarán no Pino Manso para celebrar o seu medio século de vida.

A concelleira de Educación, lembrou que no Pino Manso “estudaron, e estudamos, varias xeracións non so de porriñeses, senón de veciñas e veciños de Ponteareas, Tui, Salceda, Arbo, As Neves, Mondariz, mesmo A Cañiza”, o que converte a este centro de ensino, “non so en parte da historia do Porriño, senón de toda a bisbarra do Louro”.

O cómic relata a experiencia de antigos profesores e estudantes do centro que fan un repaso ao que aconteceu no mesmo dende súa apertura en 1966-cunha das primeiras directoras de instituto do Estado á súa fronte- e coma o seu desenrolo foi paralelo ao da economía, a poboación, o deporte ou a industria.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: