REY VARELA SUMA UN NOVO ENCONTRO COS REXEDORES GALEGOS DE CARA A COORDINAR A POLÍTICA SOCIAL COAS ADMINISTRACIÓNS LOCAIS

O conselleiro mantivo no día de hoxe unha xuntanza de traballo coa alcaldesa de Oímbra (Ourense), Ana María Villarino Pardo

 

  • O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, manter‡ un encontro coa alcaldesa de O’mbra, Ana Mar’a Villarino Pardo.

    O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, manter‡ un encontro coa alcaldesa de O’mbra, Ana Mar’a Villarino Pardo.

    O departamento autonómico ofreceu a súa colaboración para impulsar a mellora da accesibilidade na localidade

  • Ambos mandatarios repasaron as actuacións da Xunta de Galicia no concello en termos sociais, destacando o incremento de horas no Servizo de Axuda no Fogar Dependencia e as obras de mellora na escola infantil e no centro de día sitos na localidade

 

Santiago, 8 de febreiro de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, continua coa súa quenda de encontros cos representantes locais dos municipios galegos cunha nova xuntanza de traballo coa alcaldesa de Oímbra (Ourense), Ana María Villarino Pardo. Este encontro enmárcase na liña de diálogo da Consellería de Política Social coas demais administracións públicas de Galicia para xuntar esforzos no ámbito social e optimizar os recursos autonómicos e locais para mellorar a calidade de vida da totalidade da poboación.

 

Na reunión, que tivo lugar no despacho do conselleiro en San Caetano, os mandatarios galegos abordaron os temas de índole social do concello e afondaron na cooperación entre ambas institucións co obxectivo de incrementar o benestar dos veciños e veciñas da localidade.

 

Alcaldesa e conselleiro debateron sobre medidas para incrementar os servizos orientados á terceira idade, xuventude, infancia ou dependencia. Deste xeito, Rey Varela ofreceu a colaboración do departamento autonómico para impulsar a mellora da accesibilidade na localidade. Así mesmo, repasaron as accións que se están a levar a cabo na localidade por parte da Xunta de Galicia. Cómpre destacar o incremento por parte da administración autonómica de 241 horas mensuais no Servizo de Axuda no Fogar, grazas ao cal o total de horas de servizo ascende a 1.417 horas ao mes do que se benefician 44 veciños e veciñas, situándose a ratio de atención no 96,6%. Rey Varela aludiu tamén ás obras de mellora realizadas no centro de día de Oímbra grazas o Plan déficit e que ascenderon a 14.368 euros. Así mesmo, a escola infantil tamén foi obxecto de mellora o ano pasado, no marco do Plan de Investimentos do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e grazas ao cal se instalou unha pérgola no patio exterior e se repararon os desperfectos producidos por unha inundación. Estes traballos tiveron unha inversión por parte da Xunta de Galicia de case 5.000 euros.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: