A XUNTA DE GALICIA EVITA MÁIS DE 160 DESAFIUZAMENTOS A TRAVÉS DO PROGRAMA RECONDUCE

  • O responsable da área social do Goberno galego destaca que, a día de hoxe, non hai constancia de ningún desafiuzamento de familias co expediente formado e defendido a través deste programa

 

Santiago, 8 de febreiro de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, avaliou hoxe en sede parlamentaria o funcionamento do programa Reconduce en resposta a unha pregunta oral, indicando que a día de hoxe non hai constancia de ningún desafiuzamento de familias co expediente formado e defendido a través deste programa. Deste xeito, Rey Varela defendeu a valía desta iniciativa que dende a súa posta en marcha no ano 2013 contabilizou 451 rexistros.

 

Máis polo miúdo, o responsable da área social do Goberno galego explicou que de todas as actuacións que contabiliza o servizo unha parte delas obedecen a consultas en relación a cuestións como a redacción de instancias para remitir ás entidades bancarias para a baixada de xuros, o asesoramento sobre cláusulas asinadas co banco ou a resolución de dúbidas, entre outras. En concreto, o número de expedientes abertos por medio do Reconduce ascende a 197, dos cales están pechados ou con algún tipo de acordo ou solución 163, mentres que o resto están en proceso de tramitación. Así mesmo, na actualidade existen soamente catro expedientes nos que non foi posible acadar un acordo debido á denegación inmotivada da proposta realizada por parte da entidade financeira.

 

Na súa intervención, Rey Varela salientou que o Reconduce ofrece de maneira integrada os servizos de información e orientación, asesoramento xurídico e económico, atención social específica, apoio psicolóxico, orientación laboral e apoio na busca duna vivenda alternativa. Ademais, fixo fincapé nos logros deste programa, como o de contribuír a desafogar os servizos sociais comunitarios municipais ao proporcionarlles un dispositivo ao que poden derivar todos os casos de desafiuzamento por execución hipotecaria da vivenda habitual das persoas e familias en risco ou situación de vulnerabilidade social e favorecer a coordinación entre administracións.

 

Así mesmo, outra das fortalezas deste programa é o protocolo de colaboración asinado con sete entidades financeiras que operan en Galicia para o establecemento dun sistema de intermediación coas mesmas. Ao respecto, o titular de Política Social indicou que con este acordo conseguiuse instituír a Xunta de Galicia como un interlocutor único recoñecido polas entidades bancarias, o que permite a Administración autonómica actuar como garante da protección dos dereitos dos afectados, dando así forza á posición negociadora das persoas en risco de desafiuzamento fronte as entidades financeiras.

 

Por último, Rey Varela anunciou un incremento dos recursos económicos destinados ao Reconduce, que contará este ano cun orzamento de 460.000 euros. Ademais, indicou que se estudará a apertura de novas sedes do programa que se sumen á que está en funcionamento en Santiago de Compostela e que funciona como xanela única, co obxectivo de tecer unha rede de oficinas nas catro provincias.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: