Archivo | febrero 9, 2017

CECILIA VÁZQUEZ CLAUSURA O OBRADOIRO “BERRANDO SOLUCIÓNS” QUE AXUDOU A MÁIS DE 50 MOZOS E MOZAS A TOMAR CONCIENCIA SOBRE A DIVERSIDADE

Os participantes, procedentes de A Baña, teñen entre 14 e 17 anos

  • Esta iniciativa enmárcase na oferta formativa que a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a través dos centros Quérote+, pon a disposición dos concellos e entidades da comunidade autónoma galega
  • Estes centros resolveron preto de 7.000 dúbidas de mozos e mozas durante o 2016

 

A Baña (A Coruña), 8 de febreiro de 2017.-  A directora xeral de Xuventude, Participación e  Voluntariado, Cecilia Vázquez, clausurou hoxe o obradoiro “Berrando solucións”, unha acción formativa de 100 minutos de duración que reuniu a máis de 50 mozos e mozas de idades comprendidas entre os 14 e 17 anos do municipio coruñés da Baña.

 

Esta iniciativa enmárcase na oferta formativa que a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a través dos centros Quérote+, pon a disposición dos concellos e entidades da comunidade autónoma galega, vinculado ao programa “Relaciónate” sobre a temática da convivencia entre iguais  abordada dende o servizo Quérote+.

 

Cecilia Vázquez manifestou que “a necesidade de relacionarse de xeito positivo e satisfactorio é intrínseca ao ser humano, pero na sociedade actual atopámonos con correntes que promoven a competitividade e a individualidade, que nada ten que ver coa cooperación ou a necesidade de atopar solucións positivas na aparición de conflitos”. “Partimos da necesidade de entender que o conflito como tal non é negativo, senón que forma parte da relación das persoas na propia sociedade, polo que temos que facer fincapé na importancia de solucións globais nas que todas as partes gañen, e non aparezan sentimentos de vergoña ou derrota”, engadiu a titular autonómica.

 

Esta acción formativa ten como obxectivos principais tomar conciencia e aceptar a diversidade nas construcións individuais, a nivel físico, psicolóxico e social; mostrar unha visión do conflito como algo natural e inherente ao feito da diversidade humana;  fomentar a empatía entre as partes involucradas no proceso do conflito e canalizar sentimentos relacionados coa violencia, tanto física como verbal; desenvolver a autoestima, asumindo a propia identidade, libre de elementos discriminatorios; desenvolver habilidades de comunicación, a expresión emocional que permitan vivir as relacións persoais de xeito satisfactorio;  desenvolver estratexias persoais e colectivas para a análise e resolución de situacións que se poidan presentar dentro do marco relacional; adquirir ferramentas para a resolución de conflitos entre iguais.

 

A oferta formativa posta a disposición dos concellos e entidades da nosa comunidade autónoma inclúe un total de oito obradoiros: Seguro Pracer!, N-Parella; Berrando solucións, Sexprésate, Divers@s, Sacando as redes da pantalla, A Arte da sedución I-II e Redes Familiares. O prazo de solicitude está aberto ao longo de todo a ano e a día de hoxe son 35 os concellos que teñen solicitada esta acción formativa: A Baña, Catoira, Celanova, Ourol, Laxe, Becerreá, Bergondo, Soutomaior, A Pastoriza, Boiro, O Rosal, Santiso, Muros, Vigo, Trazo, Ourense, Pontecesures, Vila de Cruces, Sanxenxo, Melide, Dodro, Rairiz de Veiga, Castrelo de Miño, Pazos de Borbén, Caldas de Reis, Lalín, Portas, Baiona, Narón, Alfoz, Allariz, Xove, San Sadurniño, Viveiro e Piñor.

 

Durante o 2016 dentro do programa Relaciónate, os/as técnicos/as do  servizo Quérote+ atenderon 243 consultas e impartiron 153 obradoiros, sumando un total de 3.716 persoas beneficiarias.

 

Quérote+

Os centros Quérote+ son un servizo especializado na información e o asesoramento á mocidade. No ano 2016 un total de 6.894 mozos e mozas  formularon algunha dúbida sobre as temáticas coas que traballan no servizo (sexualidade e afectividade, imaxe corporal, convivencia no espazo físico e virtual, consumo de substancias). Das 6.894 consultas, 4.387 foron realizadas por mozas e 2.507 por mozos.

 

En función da vía pola que foron formuladas estas consultas temos: 3.337 foron presenciais, 1.547 telefónicas, 871 en liña, 1.135 por whatsapp e 4 por videochamada. Por temática, 4.138 consultas foron sobre sexualidade, 1.230 sobre enfermidades de trasmisión sexual, 243 sobre convivencia, 32 relativas as TIC`s, 28 sobre consumo de substancias, 179 relativas imaxe corporal, 571 sobre formación, 299 sobre o servizo Quérote + en xeral e 174 sobre outros temas.

 

Cecilia Vázquez sinalou que “o servizo de consultoría é un servizo  a través do cal mozos e mozas de forma anónima e confidencial poden formulan as súas inquedanzas, curiosidades, os seus medos e preocupacións, e un equipo profesional  as recolle e as atende de forma individualizada e profesional”, lembrando que “dende o 2014 os mozos e mozas teñen a súa disposición unha nova vía de acceso á información e ao asesoramento a través das aplicacións móbiles de mensaxería instantánea (whatsapp e telegram)”.

 

Os centros Quérote+ a parte de informar e asesorar adican unha parte do seu tempo a impartir accións formativas para a mocidade. No 2016 impartiron 514 obradoiros nos centros de ensino da comunidade autónoma galega, sumando un total de 13.123 participantes. Os mozos e as mozas recibiron obradoiros nos que coñeceron o servizo, nos que adquiriron coñecementos relacionados coas temáticas abordadas dende o servizo e que lle poden resultar de utilidade para a construción da súa identidade e o seu crecemento persoal de forma plena e satisfactoria.

 

A titular do departamento autonómico finalizou a súa intervención sinalando que “un ano máis, a través do servizo Quérote+ non deixamos de apostar por traballar con mozos e mozas e os axentes implicados, sexa cal sexa a súa situación e localización. Seguimos a colaborar cos concellos, centros de ensino e distintas entidades, a  traballar con mozos e mozas con diversidade funcional, as súas familias e os equipos profesionais cos que están nas diferentes entidades, con mozos e mozas que teñan algunha medida xudicial e precisen unha intervención/formación específica establecida, seguimos traballando nos plans de formación profesional e impartindo prácticas profesionais nos centros, entre outras accións”.

 

Feria SICO Boletín 8 de febrero de 2017

08 Febrero 2017

PICHARCHITECTS participará en el congreso sobre “Renovación Urbana y Nuevas Tecnologías” de SICO

ACTIS será una de las empresas patrocinadoras de este congreso, estando además presente con un stand en la zona de exposición de SICO 2017, que tendrá lugar del 5 al 7 de mayo en el recinto ferial de Vigo.
Leer más

PP y PSOE pactan en el Parlamento gallego una nueva vía para agilizar las actuaciones urbanísticas

El acuerdo será aprobado el próximo martes por el pleno de la Cámara gallega y a partir de ahí los ayuntamientos con planes de urbanismo anulados como Vigo y Ourense podrán decidir si se acogen.
Leer más

La Xunta empezará en un mes a comprar fincas para ampliar Navia

Se prevé adquirir mediante acuerdo en los próximos meses un total de 62 fincas con una superficie de 42.740 metros cuadrados por importe de ocho millones de euros.
Leer más

Nuevo Plan Renove de ventanas de Galicia

El plazo de presentación de solicitudes de ayuda comenzará el día 1 de marzo y finalizará el 29 de septiembre de 2017. Las subvenciones reguladas en la presente orden totalizan un presupuesto de 1.500.000 euros.
Leer más

Noticias Febrero | Malandrómeda, Guerrera, Jay, Bala, Puma Pumku, Esquelas, Infraseries,..

unnamedMúsicos gallegos dan su visión de Malandrómeda en Rockdelux
Tras ser elegidos como los mejores del año para numerosas publicaciones, el éxito de los dos discos de Malandrómeda publicados en 2016 sigue dando que hablar. En el número de febrero de Rockdelux, varias personalidades de la música gallega como son Antón Reixa, Xurxo Pinheiro, Javier Álvarez, Óscar Vilariño y Hevi, hablan del grupo, de su trayectoria, su presente y su futuro en un gran artículo firmado por Fernando Fernández Rego.

Recordad que las últimas copias en formato físico siguen a la venta en la tienda de nuestra web.

 

Bala: teaser y primeras fechasunnamed

Bala han adelantado los primeros 33 segundos de su disco nuevo, ‘Lume’, en este teaser. El trabajo se lanzará a finales de este mes, y a partir de entonces comenzarán una extensa gira de presentación que las llevará a visitar muchos rincones del planeta.

De momento ya han anunciado las primeras fechas por la península, comenzando a principios de marzo.

03.03 Paris 15 Málaga (GPS)
04.03 Fanatic Sevilla (GPS)
11.03 Festival Emergencia Barcelona
24.03 Stereo Alicante (GPS)
25.03 16 Toneladas Valencia (GPS)
30.03 La Casa de las Musas Burgos (GPS)
31.03 Sala King Kong Zaragoza (GPS)
01.04 Lata de Zinc Oviedo
07.04 Liceo Mutante Pontevedra
08.04 Nave 1839 A Coruña
13.04 La Iguana Vigo
19.05 Wurlitzer – Sound Isidro Madrid
20.05 Facela Fest Lugo

 

Después de sus últimos viajes, el grupo seguirá visitando numerosas ciudades en las próximas semanas, antes de comenzar los festivales de verano. Sus próximas visitas incluyen un concierto en la Sala El Sol de Madrid y la Be Good de Barcelona, entre muchas otras.unnamed-1

El disco está disponible en formato físico en la tienda de Matapadre, y en todas las plataformas digitales: Bandcamp, Deezer, iTunesSpotify

 

Guerrera continúan presentando su trabajo homónimo

17.02 Chapiteles Burgos
18.02 Be Good Barcelona
24.02 Dabadaba Donostia
25.02 Groove Studios Portugalete
03.03 Rock Beer the New Santander
04.03 Matadero Azkoitia
17.03 El Sol Madrid
18.03 The Rincón Pío Sound Don Benito
07.04 Super 8 Ferrol
08.04 Clavicembalo Lugo

 

La formación santiaguesa ha anunciado ya algunas fechas de cara a los próximos meses. En los próximos días iremos desvelando más conciertos y novedades de la banda.

Además, su tema ‘I see you’ ha sido incluido en este recopilatorio de Analog Love para Rebel-K-Festival, entre bandas como Melange o Fogbound.

 

Puma Pumku vuelven a los escenarios

24.02 Liceo Mutante Pontevedra
25.02 Mascarita Fest, La Iguana Vigo
20.05 Facela Fest Lugo

 

Nuestra primera referencia de ‘Infraseries’ está recibiendo muy buenas críticas por parte de varias publicaciones. El pasado mes, Rockdelux hacía referencia a este trabajo como “dos cortes de electrónica experimental profundamente minimalista y ambiental, en la que encontramos ecos de dark ambient, industrial, drone… todo ello para tejer un sonido muy personal.”

 

Buenas críticas de ‘Temblores Arcanos’

de EsquelasNuestra primera referencia de ‘Infraseries’ está recibiendo muy buenas críticas por parte de varias publicaciones. El pasado mes, Rockdelux hacía referencia a este trabajo como “dos cortes de electrónica experimental profundamente minimalista y ambiental, en la que encontramos ecos de dark ambient, industrial, drone… todo ello para tejer un sonido muy personal.”

LÓPEZ-CHAVES TRATA COA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE TEIS A SITUACIÓN ACTUAL NA QUE SE ATOPA A TRAMITACIÓN DO CAMPUS DO MAR NA ETEA

08022017_aavvteis-1Vigo, 08 de febreiro de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, mantivo esta mañá un encontro coa Asociación de Veciños de Teis para tratar diversos asuntos de interese para o barrio. Coma xa fixo noutras ocasións, López-Chaves recibiu ao colectivo cos que, coma outros, mantén reunións de xeito periódico. Nesta ocasión trataron a situación actual na que se atopa a tramitación do Campus do Mar na ETEA, o mantemento de certas zonas do recinto ademais de trasladarlle os veciños as súas inquedanzas pola necesidade de ter unha liña de autobús urbano ao Hospital Público Álvaro Cunqueiro, cuestión que depende do ámbito municipal.

 

Loulogio en Afundación Vigo e Santiago

O Teatro Afundación Vigo (Policarpo Sanz, 13) e o Auditorio ABANCA en Santiago de Compostela acollerán o sábado 11 de febreiro ás 19.00 h, e o venres 10 ás 20.30 h, respectivamente, o espectáculo do popular monologuista, debuxante e Youtuber Loulogio, Isaac Sánchez. As entradas están dispoñibles a través das vías habituais de comercialización da entidade: Ataquilla.com ou o teléfono 902 504 500.

ABANCA lanza a súa unidade especializada de Banca Persoal

ETHEL VÁZQUEZ SOLICÍTALLE AO CONCELLO DE VIGO QUE SE SUME AO ESFORZO CONXUNTO DA XUNTA E O MINISTERIO DE FOMENTO POLA INTERMODAL E AXILICE A BLINDAXE URBANÍSTICA COA EMISIÓN DO INFORME FAVORABLE

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, xunto co delegado territorial da Xunta, Ignacio López Chaves, supervisou hoxe os terreos da futura estación intermodal  _phg2811

  • Vázquez Mourelle salienta que a Xunta, en tan só catro días, trasladoulle ao Concello o expediente para que continúe cos trámites da súa competencia, que son a información pública da documentación e iniciar o proceso expropiatario
  • Explica que o Goberno galego, para axudar ao Concello nesas tarefas, ofreceulle hoxe mesmo a posibilidade de celebrar unha reunión técnica entre Xunta, Concello e ADIF para abordar o proxecto co maior diálogo posible
  • Lembra que no último ano avanzouse no impulso da Lei 3/2016 para o desenvolvemento urbanístico de proxectos de especial interese público ou a disposición dos proxectos básicos da terminal de autobuses e o centro Vialia, así como o documento integrador de ambas estacións

 

Vigo, 8 de febreiro de 2017.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López Chaves, realizou hoxe unha visita, á que tamén foi convidado o Concello, aos terreos da futura estación intermodal da cidade, onde lle solicitou á Administración local que se sume ao esforzo conxunto do Goberno galego e o Ministerio de Fomento pola citada terminal e axilice a blindaxe urbanística coa emisión do informe favorable.

 

Vázquez Mourelle salientou que a Xunta, en tan só catro días, trasladoulle o expediente ao Concello para que continúe a tramitación necesaria. Precisou que o seu departamento, cando o pasado xoves ADIF, como organismo promotor do proxecto conxunto, remitiu a solicitude de inicio da tramitación, solicitou os informes preceptivos á Dirección Xeral de Mobilidade, que se recibiron o luns e onte mesmo se lle remitiu toda a información ao Concello para que prosiga a tramitación.

 

A responsable de Infraestruturas reiterou que a Xunta espera que o Concello de Vigo realice con celeridade os trámites que lle corresponden, por unha banda, someter a información pública a documentación e emitir un informe preceptivo e vinculante sobre o proxecto; e por outra, iniciar o trámite expropiatorio dos 300 m2 necesarios.

 

A conselleira indicou que o Goberno galego, para axudar ao Concello nesas tarefas, ofreceulle hoxe mesmo a posibilidade de celebrar unha reunión técnica entre Xunta, Concello e ADIF para abordar o proxecto co maior diálogo posible.

 

Ethel Vázquez reiterou que cando o obxectivo sexa ofrecer máis e mellores servizos públicos aos cidadáns, a Xunta estará sempre presente nese diálogo. Neste sentido, precisou que a intermodalidade é o transporte do futuro e este é o tren que non poden perder os vigueses.

 

Vázquez lembrou que ao longo do último ano acadouse a Lei 3/2016 para o desenvolvemento urbanístico de proxectos de especial interese público; e celebrouse unha reunión entre Xunta, Concello e Ministerio de Fomento na que se acordou a tramitación da intermodal por esta lei. Engadiu que tamén se acadou o proxecto básico para a terminal de autobuses e o proxecto básico para o centro Vialia, así como o documento integrador de ambas estacións e iniciouse a tramitación ao abeiro da lei.

 

A XUNTA DE GALICIA TRABALLA NA INCLUSIÓN SOCIAL DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE QUE RESIDAN NO MEDIO RURAL

Persoal técnico da Consellería de Política Social participou nunha xornada de desenvolvemento rural inclusivo organizada polo CERMI e a Red Rural Nacional

 

  • A xornada propiciou o intercambio de coñecemento e divulgación de resultados do traballo realizado por distintas Administracións Públicas, Entidades Sociais do ámbito da Discapacidade e Grupos de Acción Local
  • A administración autonómica presentou aos asistentes o Proxecto Symbios, centrado no estudo dos impactos sociais do cambio demográfico nas áreas máis afectadas polo envellecemento e o declive da poboación, nomeadamente as rurais

 

Madrid, 8 de febreiro de 2017.- A Dirección Xeral de Inclusión Social e a Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade estiveron representadas hoxe na Xornada de Desenvolvemento Rural Inclusivo organizada polo Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidad (CERMI) e a Red Rural Nacional. Nela, analizáronse diversas fórmulas para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade que residen no medio rural e para favorecer a súa inclusión social. Ademais de representantes da Xunta de Galicia, tamén participou persoal técnico de entidades de iniciativa social e das administracións doutras Comunidades Autónomas.

 

A xornada propiciou a aprendizaxe mutua e a reflexión sobre boas prácticas neste eido, así como identificar novas liñas de cooperación e acción conxunta entre as plataformas representan ás persoas con discapacidade e as administracións públicas. Neste encontro desenvolvéronse  diversas mesas de traballo nas que persoas con discapacidade residentes no medio rural deron a coñecer as súas experiencias e demandas.

 

Na quenda de presentación de proxectos innovadores en materia de cooperación territorial, a Xunta de Galicia presentou o Proxecto Symbios. Este proxecto, enmarcado no Programa Operativo do FSE 2007-2013, traballou, a través dunha rede transnacional, o fenómeno da exclusión territorial como consecuencia do cambio demográfico. Ademais, tamén identificou, analizou e modelizou toda unha serie de iniciativas exitosas na abordaxe dos desafíos para a inclusión das persoas que residen en áreas en declive e, entre elas, varias desenvolvidas por e para persoas con discapacidade.

 

A celebración deste encontro cobra unha especial importancia nun contexto como o actual, que ofrece importantes oportunidades para un desenvolvemento rural inclusivo. Os datos por Comunidades Autónomas reflicten que máis dun 10% da poboación no medio rural precisa de apoio para realizar as actividades básicas da vida diaria, para mellorar os seus plans de vida ou para mellorar a súa participación na sociedade e exercer unha cidadanía de pleno dereito. Neste sentido, é vital aproveitar o todo potencial que ofrece o medio rural para a plena inclusión destas persoas, mediante fórmulas de coordinación e traballo en rede.