REY VARELA REITERA A VONTADE DA XUNTA DE GALICIA DE COLABORAR COA DEPUTACIÓN DE LUGO PARA A POSTA EN MARCHA DE NOVOS EQUIPAMENTOS PARA MAIORES

  • 2017-02-08-19-47-51_resizedO titular autonómico sinalou a necesidade de que o organismo provincial regularice a situación destes equipamentos

 

Santiago, 8 de febreiro de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reiterou esta tarde en sede parlamentaria a súa vontade de colaborar coa Deputación de Lugo para a posta en marcha dos equipamentos para maiores que  construíu e que pretende xestionar a través da Sociedade Urbanística Provincial de Lugo S.A. (Suplusa), unha vez que esta entidade formalice a súa inscrición no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS). “O que  queremos é arranxar a situación, pero observando sempre a normativa como non podía ser doutro xeito”, declarou o titular autonómico.

 

Así, o responsable da área social do Goberno galego explicou que para a apertura de residencias e centros asistenciais cómpre que estes conten primeiro cun PIA de creación e, posteriormente, con outro de actividade, que son concedidos pola Administración autonómica cando estes equipamentos cumpren con todos os requisitos esixidos pola norma. Neste sentido, o conselleiro lembrou que nalgúns casos, a Deputación solicitou os PIA de creación destes equipamentos coa obra xa rematada e que, ademais, os informes realizados polos servizos técnicos da Consellería comunicaron ao organismo provincial unha serie de deficiencias nos centros que era pertinente corrixir para poder obter o permiso de actividade.

 

En calquera caso, Rey Varela insistiu en que un dos principais atrancos para a posta en marcha dos centros de día e residencias da Deputación lucense é que a súa sociedade urbanística estea inscrita no RUEPSS, xa que “non hai en Galicia ningún centro onde se presten servizos sociais que non estea inscrito neste rexistro”, apuntou.  

 

Neste sentido, o titular de Política Social manifestou o seu desexo de que se avance nesta cuestión, tendo en conta a existencia dunha sentenza xudicial con data do pasado 2 de febreiro en que se rexeita á impugnación á modificación dos estatutos de Suplusa para que esta entidade poida prestar servizos sociais.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: