ABANCA Holding Financiero xa anticipou en 2016 pagos correspondentes a 2017 e 2018 20170210-abanca-frob Descarga en alta resolución 10-02-2017 CORPORATIVO ABANCA Holding Financeiro, cabeceira do grupo ABANCA, abonou ao FROB de maneira anticipada 300 millóns de euros correspondentes ao último prazo dos pagos establecidos no contrato de compravenda da entidade financeira, que foi adxudicada mediante un procedemento de poxa competitiva. Desta forma, ABANCA Holding Financeiro, controlada por Juan Carlos Escotet Rodríguez, finaliza os pagos ao FROB con ano e medio de adianto sobre o calendario previsto, que fixaba para mediados de 2018 a data na que debía saldarse o último dos tramos. Con este pago cúmprese o compromiso, anunciado publicamente, de acelerar o pago das cotas o máximo posible: en maio do ano pasado xa se abonou a totalidade da cota de 2016 e anticipáronse pagos polo 50% da de 2017 e o 33% da de 2018. ABANCA cumpre así na súa totalidade o plan de privatización iniciado en 2013. Tres anos de exitosa transformación Desde a súa adquisición, ao longo do últimos tres anos ABANCA desenvolveu un plan de transformación integral dirixido a reformular o seu modelo de xestión e goberno corporativo, reforzar o seu perfil financeiro e reposicionarse no mercado. Neste período a entidade incrementou a súa cota de mercado, acreditou a súa capacidade para xerar valor e rendibilidade de maneira recorrente, e asentou a súa posición de solvencia como unha das entidades máis sólidas do sector. Este esforzo foi recoñecido polas axencias de rating nas súas cualificacións, sendo a máis recente a mellora anunciada onte por Standard and Poor´s no rating emisor a longo prazo de ABANCA.

O Goberno local do Porriño ven de dar un importante paso para confirmas as expectativas dun ambicioso plan que abrangue a rúa Antonio Palacios e a parroquia de Cans.antonio-palacios-1

Este xoves, a alcaldesa, Eva García de la Torre, e o concelleiro de Urbanismo, Marcelino Coto, subscribiron un convenio entre un “importante grupo inversor” e o Concello que ten coma obxectivo, como salientou Marcelino Coto, “acometer unha reforma integral” nesta parte da vila.

O concelleiro sinala a relevancia desta decisión, “xustificada polo interese público”, que suporá a eliminación do tráfico pesado do casco urbano e a “humanización de Antonio Palacios, con novas beirarrúas, alumeado, ou faixas verdes e de esparexemento, que fará posible que esta rúa pase a ser unha grande avenida”.

Coto lembra que en neste entorno están o Colexio Hermanos Quiroga, o IES Pino Manso, o CEIP Fernández López, unha gardería da Galiña Azul, o Pavillón e a Piscina Municipal, e que a reforma significará unha “mellora substancial na seguridade e na calidade de vida” das veciñas e veciños da contorna, en particular, e de todas as porriñesas e porriñeses, en conxunto.

O convenio abrangue, ademais, a radicación nunhas parcelas que conforman unha superficie de máis de 25.000 metros cadrados no que se abrirá unha grande área comercial e de lecer, con novos espazos dotacionais que, subliña Marcelino Coto, “creará numerosos postos de traballo, tanto directos coma indirectos”.

Logo da sinatura do convenio, o seguinte paso é promover unha reforma puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana que, remata Coto, está en xa en marcha.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: