XUNTA SEGUE A ESTENDER O PROGRAMA DE ‘CORRESPONDENTES UNIVERSITARIOS’ ÁS FACULTUDES E CAMPUS DE GALICIA

A Coruña
O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asinará un convenio de colaboración co reitor da Universidade da Coruña, Julio E. Abalde Alonso, para a posta en marcha do programa Correspondentes Universitarios. Na sala de xuntas do Reitorado da UDC
13/02/2017
Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña
O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asinou hoxe un convenio de co reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, para a implantación desta iniciativa
- O obxectivo é favorecer a participación dos mozos e mozas tanto na elaboración como na difusión de información en materia de xuventude entre os seus compañeiros de estudos
- Os participantes recibirán gratuitamente formación en materia de información xuvenil, o carné xove, o carné internacional e o carné de alberguista durante o ano académico en que estean como ‘correspondentes’
- Ademais, a Administración autonómica recoñecerá mediante un certificado o tempo dedicado como persoas voluntarias, así como a experiencia e competencias adquiridas a través do certificado de educación non formal en materia de xuventude
A Coruña, 13 de febreiro de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asinou hoxe co reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde Alonso, un convenio de colaboración para promover a difusión da información e recursos existentes en materia de xuventude entre os estudantes, a través da implantación do programa ‘Correspondentes Universitarios’ da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Ao acto, que se desenvolveu nas estancias do Reitorado coruñés, asistiu tamén a responsable deste departamento autonómico, Cecilia Vázquez Suárez; e a vicerreitora de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria, Margarita Amor.
Na súa intervención, Rey Varela explicou que a finalidade deste acordo é estender ás facultades e campus galegos a ampla rede de ‘correspondentes’ de Xuventude que xa está activa nos institutos e centros de ensino das catro provincias. Así, este convenio coa Universidade da Coruña súmase ao asinado anteriormente coa Universidade de Vigo e ademais, en breve, tamén se incorporará a este programa a de Santiago de Compostela. “Queremos favorecer a participación dos mozos e mozas tanto na elaboración como na difusión da información entre os seus compañeiros de estudos, así como potenciar as súas habilidades comunicativas e capacidade de liderado”, indicou o titular de Política Social ao respecto desta iniciativa.
Pola súa banda, o reitor explicou que este convenio “permite establecer unha rede de información para difundir as accións e programas de Xuventude pero tamén recibir feedback das inquedanzas dos estudantes”. Abalde agradeceu á Consellería que estendese este programa que existe nos institutos ás universidades porque serve para “dinamizar a participación do alumnado e coñecer as súas demandas”.
Os estudantes que se adhiran ao programa deberán xestionar un punto ou taboleiro informativo con material sobre temas do seu interese facilitado pola Dirección Xeral e difundir esa información a través das redes sociais e entre compañeiros de facultade, de residencia e amizades. Así mesmo, terán que asistir ás reunións de coordinación e aos cursos de formación que se organicen dende a Administración autonómica.
Cómpre destacar que os participantes recibirán gratuitamente formación en materia de información xuvenil, o carné xove, o carné internacional e o carné de alberguista durante o ano académico no que estean como ‘correspondentes universitarios’. Ademais, recoñeceráselles mediante un certificado o tempo dedicado como persoas voluntarias, así como a experiencia e competencias adquiridas a través do certificado de educación non formal en materia de xuventude.
Tanto o reitor como o conselleiro destacaron ademais a colaboración existente entre a Universidade da Coruña e a Consellería de Política Social en iniciativas universitarias como o Programa de Mediación de Menores, “un dos mellores programas de Europa”, gabou Rey Varela, ou o apoio á Universidade Sénior da UDC que conta con máis de 850 persoas maiores de 55 anos que, en moitos casos, acceden por primeira vez á universidade nos campus da Coruña e Ferrol.
SE AMPLÍA A MAÑANA LA ENTREGA DE PREMIOS DEL SORTEO DE NAVIDAD DE LA ASOCIACIÓN DE JOYEROS DE LA PROVINCIA
En total se concedieron más de 5.000 euros
Vigo, 13 de febrero de 2017- Los joyeros de la provincia de Pontevedra amplían hasta mañana, martes, la entrega de premios de la campaña navideña, y que superaron los 5000 euros
AJRPP, la asociación que integra al sector, decidió prolongar en dos días la entrega de estos premios, al constatar que son muchos los agraciados que todavía no han pasado por los establecimientos para hacerse cargo de los obsequios que les correspondieron durante la campaña de las pasadas navidades
Los profesionales del sector hacen una llamada a todos los que realizaron compras en los establecimientos asociados para que recuperen sus boletos y comprueben si han sido agraciados con algún premio
“Es un buen momento para que todos los que participaron en la campaña Navideña, comprueben sus boletos y los ganadores aprovechen la oportunidad que se les brinda para destinar el premio a su regalo de San Valentín”, explica Antonio Perfecto Penín Fernández, presidente de la AJRPP (Asociación de Joyería, Relojería y Platería de la Provincia de Pontevedra.)
CONVERSAS CDLG_BEATRIZ BUSTO_NO-DO/FOLCLORE
Conversas do CDLG: A Galicia proxectada no NO-DO a partir do uso do folclore musical
Beatriz Busto Miramontes
Data e hora: Sábado, 18 de febreiro – 12 h.
Lugar: Compostela. Sede do CDLG
«Conversa do CDLG», organizada pola Sección de Historia da Arte (SEHAG), para a súa difusión. Retomamos o ciclo de conversas este sábado, día 18 de febreiro de 2017, coa etnomusicóloga e doutora en Antropoloxía Social Beatriz Busto Miramontes.
Por primeira vez en Galicia, teremos a oportunidade de asistir á presentación das conclusións da tese de doutoramento titulada “La Galicia proyectada por NO-DO. La arquitectura del estereotipo cultural a partir del uso del folclore musical (1943-1981)”, recentemente defendida na Universidade Autónoma de Madrid e dirixida polo antropólogo Dr. Juan Carlos Gimeno Martín. Na conversa titulada «A Galicia proxectada no NO-DO a partir do uso do folclore musical», faremos un percorrido polo abundante material que Beatriz Busto atopou en NO-DO para a súa tese, centrada nos anos 1943 e 1981, con especial incidencia nos usos do folclore galego na imaxe NO-DO.