XUNTA SEGUE A ESTENDER O PROGRAMA DE ‘CORRESPONDENTES UNIVERSITARIOS’ ÁS FACULTUDES E CAMPUS DE GALICIA

A Coruña O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asinará un convenio de colaboración co reitor da Universidade da Coruña, Julio E. Abalde Alonso, para a posta en marcha do programa Correspondentes Universitarios. Na sala de xuntas do Reitorado da UDC 13/02/2017 Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña

A Coruña
O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asinará un convenio de colaboración co reitor da Universidade da Coruña, Julio E. Abalde Alonso, para a posta en marcha do programa Correspondentes Universitarios. Na sala de xuntas do Reitorado da UDC
13/02/2017
Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asinou hoxe un convenio de co reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, para a implantación desta iniciativa

 

  • O obxectivo é favorecer a participación dos mozos e mozas tanto na elaboración como na difusión de información en materia de xuventude entre os seus compañeiros de estudos
  • Os participantes recibirán gratuitamente formación en materia de información xuvenil, o carné xove, o carné internacional e o carné de alberguista durante o ano académico en que estean como ‘correspondentes’
  • Ademais, a Administración autonómica recoñecerá mediante un certificado o tempo dedicado como persoas voluntarias, así como a experiencia e competencias adquiridas a través do certificado de educación non formal en materia de xuventude

 

A Coruña, 13 de febreiro de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asinou hoxe co reitor da Universidade da Coruña,  Julio Abalde Alonso, un convenio de colaboración para promover a difusión da información e recursos existentes en materia de xuventude entre os estudantes, a través da implantación do programa ‘Correspondentes Universitarios’ da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Ao acto, que se desenvolveu nas estancias do Reitorado coruñés, asistiu tamén a responsable deste departamento autonómico, Cecilia Vázquez Suárez; e a vicerreitora de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria, Margarita Amor.

 

Na súa intervención, Rey Varela explicou que a finalidade deste acordo é estender  ás facultades e campus galegos a ampla rede de ‘correspondentes’ de Xuventude que xa está activa nos institutos e centros de ensino das catro provincias. Así, este convenio coa Universidade da Coruña súmase ao asinado anteriormente coa Universidade de Vigo e ademais, en breve, tamén se incorporará a este programa a de Santiago de Compostela. “Queremos favorecer a participación dos mozos e mozas tanto na elaboración como na difusión da información entre os seus compañeiros de estudos, así como potenciar as súas habilidades comunicativas e capacidade de liderado”, indicou o titular de Política Social ao respecto desta iniciativa.

 

Pola súa banda, o reitor explicou que este convenio “permite establecer unha rede de información para difundir as accións e programas de Xuventude pero tamén recibir feedback das inquedanzas dos estudantes”. Abalde agradeceu á Consellería que estendese este programa que existe nos institutos ás universidades porque serve para “dinamizar a participación do alumnado e coñecer as súas demandas”.

 

Os estudantes que se adhiran ao programa deberán xestionar un punto ou taboleiro informativo con material sobre temas do seu interese facilitado pola Dirección Xeral e difundir esa información a través das redes sociais e entre compañeiros de facultade, de residencia e amizades. Así mesmo, terán que asistir ás reunións de coordinación e aos cursos de formación que se organicen dende a Administración autonómica.

 

Cómpre destacar que os participantes recibirán gratuitamente formación en materia de información xuvenil, o carné xove, o carné internacional e o carné de alberguista durante o ano académico no que estean como ‘correspondentes universitarios’. Ademais, recoñeceráselles mediante un certificado o tempo dedicado como persoas voluntarias, así como a experiencia e competencias adquiridas a través do certificado de educación non formal en materia de xuventude.

 

Tanto o reitor como o conselleiro destacaron ademais a colaboración existente entre a Universidade da Coruña e a Consellería de Política Social en iniciativas universitarias como o Programa de Mediación de Menores, “un dos mellores programas de Europa”, gabou Rey Varela, ou o apoio á Universidade Sénior da UDC que conta con máis de 850 persoas maiores de 55 anos que, en moitos casos, acceden por primeira vez á universidade nos campus da Coruña e Ferrol.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: