Archive | febrero 17, 2017

ABANCA pecha en Arousa o seu plan informativo e de impulso ao sector pesqueiro

POLÍTICA SOCIAL MELLORA O SERVIZO DE ATENCIÓN A DEPENDENTES NO CONTORNO FAMILIAR NO MUNICIPIO LUCENSE DE RIOTORTO

  • A Xunta de Galicia incrementou en máis dun 25% o número de horas dispoñibles no SAF-Dependencia nesta vila de Lugo, coa finalidade de ampliar a cobertura desta prestación

 

Santiago, 17 de febreiro de 2017.-  O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey  Varela, continuou hoxe coa rolda de encontros con alcaldes e alcaldesas de Galicia para afondar nas liñas de colaboración entre administracións cunha xuntanza co primeiro edil do concello de Riotorto, Clemente Iglesias González. A entrevista, que tivo lugar en San Caetano, serviu para abordar a situación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) nesta vila da provincia de Lugo.

 

A Consellería de Política Social vén de incrementar en máis dun 25% as horas dispoñibles do SAF Dependencia en Riotorto, o que supón  un aumento de 1.114 horas máis ao mes ata alcanzar as 13.368 ao ano nunha prestación de coidados no contorno familiar da que se benefician unha vintena de veciños e veciñas de Riotorto.

 

Por outra banda, e no que atinxe ao mapa de infraestruturas locais que dependen da Administración autonómica, este municipio lucense conta cunha vivenda sociocomunitaria (20 prazas)  construída a través do Plan Concertado e en servizo dende 2009.

 

Conselleiro e rexedor acordaron seguir estudando posibles novas vías de colaboración entre a administración autonómica e a local para mellorar os servizos de atención aos cidadáns.

 

O DOG PUBLICA HOXE A LICITACIÓN DAS OBRAS DE MELLORA DE 4 RÚAS EN SAN PAIO DE NAVIA CUN INVESTIMENTO SUPERIOR AOS 765.000 EUROS

  • 17022017_rpnaviaO delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, informou hoxe do anuncio en rolda de prensa
  • A previsión é que os traballos comecen a finais do mes de agosto
  • O prazo de presentación das ofertas por parte das empresas remata o 15 de marzo
  • López-Chaves tamén informou de que hoxe se aproba a adxudicación dunha vivenda en Marín a unha familia de Vigo que estaba en risco de desafiuzamento

 

Vigo, 17 de febreiro de 2017.- A Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a licitación das obras de reparación de infraestruturas en San Paio de Navia. Concretamente, trátase da mellora de 4 rúas no barrio vigués que contan cun investimento superior aos 765.000 euros. http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170217/AnuncioC3Q2-130217-0002_gl.html

 

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, informou esta mañá en rolda de prensa do anuncio publicado hoxe no DOG e explicou que o proxecto contempla a reparación nas seguintes rúas: Poza Cabalo, Limpiño, Lamelas e Pedra Seixa (entre Lamelas e Poza Cabalo). “Son obras nestas vías que posteriormente cederanse ao Concello de Vigo”, especificou o delegado, sinalando a continuación que “coma consecuencia dos traballos feitos no contorno” –zona verde, pavillón ou campo de fútbol, entre outras dotacións- “era necesario executar distintas obras de reparación” en ditas rúas.

 

Así, o proxecto contempla a realización da reparación de fecais, pluviais, galería de servizos, reposición de pavimentación, iluminación pública, xestión de residuos e seguridade e saúde. A lonxitude dos viarios afectados polas reparacións chega aos 1.280 metros.    

 

Coma dixo López-Chaves, a previsión é que os traballos comecen a finais de agosto tendo os mesmos un prazo de execución de 5 meses para, despois, pasen a ser de titularidade municipal. A partires de hoxe, as empresas interesadas teñen de prazo ata o 15 de marzo para presentar as súas ofertas.  

 

Vivenda para unha familia de Vigo

O delegado aproveitou tamén a rolda de prensa para informar de que hoxe, a Comisión Provincial de Vivenda de Pontevedra ten previsto propoñer a adxudicación dunha vivenda no Concello de Marín a unha familia viguesa que estaba en risco de desafiuzamento.

 

Tras isto, procederase de forma inmediata á firma do contrato. “Unha vez tivemos coñecemento do caso, inmediatamente adoptamos todos os protocolos e hoxe podemos adxudicarlles esta vivenda”, explicou López-Chaves, quen explicou tamén que a través do programa Reconduce solicitouse un aprazamento do desafiuzamento no xulgado.

 

López-Chaves lamentou que esta familia viguesa teña que abandonar o seu municipio xa que a Xunta non ten vivendas sociais baleiras no mesmo, polo que volveu instar ao Concello de Vigo a que se incorpore ao Programa de Vivendas Baleiras da Xunta de Galicia para poder mobilizar vivendas particulares e poñelas á disposición das familias con problemas.

 

Cómpre lembrar que a Valedora do Pobo recomendoulle ao citado municipio avaliar a conveniencia de sumarse a este programa da Xunta e o Parlamento demandoulle as actuacións necesarias para adherirse á medida.

 

A XUNTA DE GALICIA FINANCIA OBRAS DE MANTEMENTO E MELLORA DO PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA DO MUNICIPIO DE SANDIÁS

  • 10,00 h.-   O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá un encontro co alcalde de Sandiás, Felipe Traveso García.  No despacho do conselleiro.  foto xoán crespo 17/02/17

    10,00 h.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá un encontro co alcalde de Sandiás, Felipe Traveso García. No despacho do conselleiro.
    foto xoán crespo
    17/02/17

    A administración autonómica destinou 17.000 euros ao acondicionamento do patio deste equipamento social de titularidade municipal

 

Santiago, 17 de febreiro de 2017.-  O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey  Varela, mantivo esta mañá no seu despacho de San Caetano unha xuntanza de traballo co alcalde de Sandiás, Felipe Traveso García, coa finalidade de poñer en común as necesidades en canto a servizos e programas no ámbito social que ten este municipio de Ourense. Esta reunión enmárcase na rolda de contactos que Rey Varela está a manter con rexedores e rexedoras de Galicia coa intención de seguir a aumentar a colaboración e coordinación entre administracións.

 

Así, un dos asuntos abordados por ambos mandatarios foi a recente mellora do Punto de Atención á Infancia (PAI) de Sandiás, de titularidade municipal e con capacidade para atender a un máximo de 20 nenos e nenas. A Consellería de Política Social vén de destinar un total 17.127 euros a obras acondicionamento do patio deste centro.

 

Por outra banda, o conselleiro e o primeiro edil da vila ourensá trataron a situación do Servizo de Axuda no Fogar a persoas dependentes (SAF-Dependencia), que dende xuño do ano pasado conta con 317 horas máis ao mes. Na actualidade, Xunta e Concello cofinancian máis de 11.000 horas ao ano de atención a través do SAF das que se benefician unha vintena de dependentes, e deixouse aberta a posibilidade de volver incrementar as horas dispoñibles para esta prestación e así chegar a unha cobertura do cento por cento.

 

Conselleiro e alcalde abordaron tamén a posibilidade de explorar novas vías de colaboración para a mellora da carteira de servizos sociais que existe en Sandiás. “O diálogo entre as diferentes administracións é vital para garantir unha mellora da calidade de vida dos galegos e galegas a través das políticas sociais”, asegurou o titular autonómico tras finalizar o encontro.   

 

Inauguración: Alfredo Cortina, Un atlas para Elizabeth

Jueves 23 de febrero, 19h
Un atlas para Elizabeth
Inauguración
Alfredo Cortinaunnamed

El próximo jueves, 23 de febrero, inauguramos una nueva exposición en la galería de La Fábrica:Alfredo Cortina. Un Atlas para Elizabeth, comisariada por Vasco Szinetar.

Esta exposición, organizada en colaboración con el Archivo Fotografía Urbana de Venezuela, ofrece una oportunidad única para acercarse a la obra del fotógrafo venezolano Alfredo Cortina (Valencia, Edo. Carabobo 1903 – Caracas, 1988), una figura tan desconocida como representativa. Sus escenas urbanas y paisajes, en las que solía retratar a su esposa (la poetisa y dramaturga Elizabeht Schön) son un hallazgo artístico y sociológico.

En 2012, el Museo de Arte Moderno de Nueva York presentó esta misma serie en la exposiciónRecent Acquisitions from The Museum of Modern Art of New York, durante la celebración de Paris Photo. 

Las fotografías que se exhibirán en La Fábrica forman parte de la tercera edición de ocho copias por imagen. La primera edición completa forma parte de la colección del MoMA, y la segunda edición se encuentra en varias colecciones particulares.

Contaremos con la presencia de los comisarios Vasco Szinetar y Luis Pérez Oramas quienes, además, tendrán el placer de presentarnos el volumen de la Colección PHotoBolsillo dedicado aAlfredo Cortina. En él se aborda la obra de este singular fotógrafo, contribuyendo al enriquecimiento de la historia y la difusión de la fotografía venezolana y latinoamericana.

¡Te esperamos con una copa de vino español!

REY VARELA FELICITA A JOSEFA ÁLVAREZ, VECIÑA DE CARTELLE, POLO SEU 111 ANIVERSARIO

  • 111-cumpleanos-josefa-cartelle-1O conselleiro de Política Social desprazouse ao municipio da comarca de Terra de Celanova para celebrar a efeméride da “avoa de Ourense”

 

Cartelle (Ourense), 16 de febreiro de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, desprazouse á comarca de Terra de Celanova para felicitar no seu 111 aniversario a Josefa Álvarez, veciña de Cartelle que é a persoa de máis idade da provincia de Ourense e a segunda de Galicia. A celebración tivo lugar na residencia de maiores onde reside, en compañía dos seus familiares e coñecidos.

 

Rey Varela subliñou a importancia de que as políticas sociais tamén se ocupen de contribuír a garantir unha boa calidade de vida aos maiores e aqueles servizos que necesiten, especialmente no caso de persoas en situación de dependencia. Neste sentido, o conselleiro manifestou o seu desexo de que esta “avoa de Ourense” reciba os coidados e o cariño que se merece despois “dunha vida dedicada a coidar dos seus”.

 

Por último, Rey Varela sinalou “o respecto e compromiso que lle teñen os galegos e galegas ás persoas maiores a cuxos esforzos e sacrificios debemos o benestar do que gozamos as xeracións de hoxe”.

 

“Xuntos no Camiño” fará esta fin de semana dúas etapas do seu reto

“Xuntos no Camiño” fará esta fin de semana dúas etapas do seu reto

unnamed

 

  • A xornada do sábado estará dedicada aos pacientes de Crohn e colite ulcerosa e os participantes coñecerán de primeira man as súas características e necesidades
  • O domingo centrarase en promover a doazón universal
  • A iniciativa está promovida por ASAMPO, ASSEII, ANEDIA, PEDALADAS E AMENCER-ASPACE
  • O obxectivo é facer máis visible a realidade dos seus asociados e reclamar medidas que normalicen as súas vidas.

 

 

Pontevedra, 17 de febreiro de 2017. “Xuntos no camiño” percorrerá mañá sábado, 18 de febreiro, os 18 kilómetros que unen as localidades do Redondela e Pontevedra polo Camiño Portugués a Santiago de Compostela. Tras pasar a noite no albergue de peregrinos de Pontevedra, os peregrinos e peregrinas continuarán unha nova etapa de 15 kilómetros  entre Pontevedra e Barosa (Barro). Cinco asociacións de Pontevedra puxeron en marcha esta iniciativa: ASAMPO (Asociación de Amigos da Pontevedrada), ASSEII (Asociación Socio-sanitaria Educativa Inflamatoria Intestinal), ANEDIA (Asociación de Nenos e Nenas con Diabete de Galicia), PEDALADAS (Asociación para a Promoción da Mobilidade Alternativa) e AMENCER-ASPACE (Asociación de Atención á Parálese Cerebral, afectacións motóricas de orixe neurolóxica e outras patoloxías afíns). Nesta fin de semana sumaranse dúas asociacións viguesas, DISCAMINO e APAMP (Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral). Os 80 participantes nesta nova etapa sairán ás 9.00 h do albergue de peregrinos de Redondela  (praza de Ribadavia s/n) e chegarán á praza da Peregrina na cidade do Lérez arredor das 17.00 h, acompañados do grupo de música tradicional Picuiña.  A continuación pasarán o resto da xornada no albergue de peregrinos de Pontevedra, onde ademais de compartir experiencias sobre a realidade das persoas que forman parte de cada asociación participante, terán unha velada de convivencia na que a compañía de Teatro Migallas, que colabora de xeito altruísta con esta iniciativa ao igual que o grupo Picuiña, representará unha obra de teatro para os máis pequenos dirixida exclusivamente aos participantes en “Xuntos no camiño”. O domingo sairán do albergue de Pontevedra ás 8.00 h para completar unha nova etapa entre a cidade do Lérez e Barosa (Barro).

 

“Xuntos no camiño”, que conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra e da Asociación de Amigos do Camiño Portugués, completará por etapas o Camiño Portugués desde Tui para amosar que as patoloxías que representan este colectivos non son un impedimento, e para seguir reclamando medidas que normalicen o día a día destes enfermos: “Con esta iniciativa, pretendemos dar a coñecer a realidade das nosas asociadas e asociados, proporcionando alternativas de ocio e deporte inclusivos ás persoas con diversidade funcional, construíndo así unha sociedade máis responsable e comprometida”.

 

Durante o percorrido, os peregrinos, entre eles nenos e nenas con enfermidades crónicas e parálise cerebral, intercambiarán experiencias e coñecemento sobre a súa realidade e farán varias actividades, como a de remarcar o trazado do Camiño Portugués con frechas e cunchas de vieira pintadas en amarelo.

 

XORNADAS DEDICADAS AO CROHN E COLITE ULCEROSA E Á DOAZÓN UNIVERSAL

 

Co obxectivo común de construír un camiño e unha sociedade para todas e todos, durante as distintas etapas de “Xuntos no camiño” os participantes coñecerán á realidade dos socios e socias das distintas asociacións que participan no proxecto e tamén cales son as súas necesidades e reivindicacións. Así mañá sábado, durante a marcha, explicarase a todos os camiñantes, o traballo de ASSEII (Asociación Socio-sanitaria Educativa Inflamatoria Intestinal) e todas as particularidades dos seus asociados e asociadas.

 

Os pacientes de Crohn, colite ulcerosa e ostomizados agrúpanse na Enfermidade Inflamatoria Intestinal, que ten carácter crónico, actúa en forma de brotes e afectan ao aparato dixestivo provocando dor abdominal, perda de peso, febre, anemia, úlceras, debilidade… Todas son incapacitantes, limitan a vida dos pacientes e teñen orixe descoñecida, o que dificulta previlas. Nas consultas do Complexo Hospitalario de Pontevedra aténdense actualmente 1.200 persoas, unha cifra que medra cada ano en 120 pacientes. A situación complícase especialmente no caso das persoas ostomizadas, que teñen un orificio no abdome para sacar ao exterior o tubo dixestivo ou urinario, o que obriga a colocar un dispositivo (bolsa) para retirar as feces ou os ouriños, coas consecuencias físicas e psicolóxicas que isto representa.

 

ASSEI naceu como asociación sen ánimo de lucro en 2013 grazas á iniciativa dos profesionais da saúde e co apoio de pacientes que sofren estas patoloxías. O seu obxectivo é defender os dereitos das persoas afectadas, apoiándoas desde o punto de vista físico e psicolóxico, atendendo tamén aos seus familiares e contorna social e sensibilizar ás institucións e á opinión pública para a integración destes pacientes na sociedade.

 

A xornada do domingo centrarase na importancia da doazón universal, reivindicación na que centra o seu traballo a Asociación de Amigos da Pontevedrada (ASAMPO). Como entidade sen ánimo de lucro, ASAMPO promove diversas iniciativas solidarias ao longo do ano – mesas informativas, charlas, actos públicos, etc.- para concienciar á poboación da importancia da doazón altruísta de sangue, órganos e tecidos, co obxectivo de fomentar e preservar a vida. Entre estas actividades está a Pontevedrada, unha marcha solidaria nocturna e ininterrompida a pé de 63 km polo Camiño de Santiago portugués desde a cidade do Lérez ata a praza do Obradoiro compostelá. En 2017 celebrará a súa sétima edición, que sairá ás 20.00 h o vindeiro sábado 29 de abril da praza da Ferrería, en Pontevedra.