Archivo | febrero 20, 2017

Guía sobre Antonio Palacios na Biblioteca Municipal do Porriño

2-8995eaa134 1-7941650834A Biblioteca Municipal do Porriño, entendendo que  Antonio Palacios é probablemente un dos porriñeses máis insignes da historia da vila, ven de xuntar a maior cantidade de documentos escritos sobre a súa figura a través da ‘Sección Local’, coa pretensión de promocionar e difundir a súa obra, conservar para o futuro esta importante información e asegurar a súa consulta para todas as porriñesas e porriñeses.

Monografías, ata folletos turísticos, comunicacións de congresos, catálogos de exposicións, memorias de investigación, que se conqueriron por medio de compra, doazón ou préstamo, integran esta escolma adicada ao arquitecto quen, ademais de deixar algunhas mostras do seu traballo no Porriño- o edificio do Concello a máis representativa delas- esta soterrado na vila, como foi o seu desexo.

Froito desta labor a Biblioteca Municipal publica a guía de lectura “Antonio Palacios na Biblioteca do Porriño”, coa referencia das decenas de documentos que se foron xuntando ao longo de anos.

Parte deles están actualmente expostos nunha instalación da vitrina do ‘Recuncho’, localizada no vestíbulo da biblioteca, forrada con reproducións dos planos orixinais de construción do Concello do Porriño.

Dende a Concellería de Cultura animan ás veciñas e veciños e a todas as persoas interesadas na obra de Antonio Palacios, a consultar a guía, a introducirse na fascinante figura deste grande arquitecto e a aproveitar para visitar as súas obras arquitectónicas no Porriño.

A XUNTA ASINA A ESCRITURA DE CESION DAS PARCELAS NAS QUE CONSTRUIRÁ AS NOVAS VIVIENDAS PÚBLICAS EN VIGO

 

  • A Consellería de Infraestruturas e Vivenda está actualmente a redactar os proxectos construtivos dos edificios

 

  • A previsión é iniciar as obras neste mesmo ano
  • O concello recibirá a cambio o 10 por cento da edificabilidade das parcelas en forma de vivendas rematadas e locais

 

Santiago, 20 de febreiro de 2016.- A Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo, asinou hoxe as escrituras de cesión de tres parcelas de solo residencial no concello de Vigo no que prevé a construción de vivendas de promoción pública que se prevé iniciar este mesmo ano.

 

As parcelas nas que se edificarán as vivendas foron cedidas polo concello de Vigo a cambio do 10 por cento da edificabilidades das mesmas, que se concretará na cesión de vivendas totalmente rematadas e locais comerciais. Xunto coas vivendas e locais cederanse ao concello as prazas de garaxe que lles correspondan e un rocho por cada vivenda. O 5 por cento da edificabilidades das parcelas cederase ao concello en forma de vivendas e o outro 5 por cento en locais, polo que a cesión dos solares non é gratuíta.

 

As parcelas nas que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda construirá as vivendas de promoción pública son as seguintes:

 

  • Parcela B 8A P.P. Cambeses – Rúa Ignacio Grobas: Parcela nº 150 do IPMS
  • Parcela B 8B P.P. Cambeses – Rúa Ignacio Grobas: Parcela nº 151 do IPMS
  • Parcela 8 U.A. Chantada: Parcela nº 155 do IPMS

 

A Xunta prevé construír arredor de 26 vivendas na rúa Chantada e 36 na rúa Ignacio Grobas, estando actualmente en redacción ambos proxectos, que foron adxudicados a finais de 2016. Todas as vivendas contarán con praza de garaxe e un rocho. No caso da rúa Cambeses prevense ademais catro locais.

 

O investimento total será de máis de 7,3 millóns de euros, dos que 1,2 millóns de euros xa están recollidos no orzamento do IGVS para 2017. O departamento que dirixe Ethel Vázquez prevé licitar as obras de construción das vivendas no próximo verán e inicialas no último trimestre do ano.

 

A construción de novas vivendas de promoción pública amosa o compromiso da Xunta coa vivenda protexida na cidade de Vigo, que se ve reforzada polas actuacións en marcha en San Paio de Navia, onde se están a investir 10 millóns de euros na adquisición de solo, en compravenda, para a ampliación con novo solo para a construción de 1.600 vivendas protexidas, prevíndose que as obras da primeira fase da ampliación estean rematadas antes de finais de 2018.

 

Por outra parte, a Consellería licitou o pasado venres as obras de mellora das infraestruturas de catro rúas de San Paio de Navia, cun investimento de máis de 765.000 euros.

 

A XUNTA APROBA O PROXECTO DE CONSTRUCIÓN DUNHA SENDA NA ESTRADA PO-250, ENTRE AMOEDO E PAZOS DE BORBÉN, CUN INVESTIMENTO DE MÁIS DE 220.000 EUROS

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución pola que tamén se autoriza o expediente de información pública desta actuación 

  • A lonxitude do itinerario é duns 820 metros, cunha sección tipo que consta dunha senda de 2,5 metros de ancho separada da calzada por unha cuneta de seguridade, e unha zona axardinada máis os bordos de separación
  • Este itinerario está enmarcado na 1ª fase do Plan de Sendas de Galicia, na comarca de Vigo, á que a Xunta destinará 3,9 millóns de euros para a execución de 9 proxectos que contemplan 11 treitos identificados como prioritarios
  • Este tipo de actuacións promoven unha mobilidade máis sustentable, permitindo que os usuarios poidan facer desprazamentos cotiás andando ou en bici dun xeito seguro

 

Santiago, 20 de febreiro de 2017.- A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución pola que se aproba o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na estrada PO-250, no treito Amoedo- Pazos de Borbén, entre os puntos quilométricos 6+500 e 7+320.

 

O Goberno galego realizará un investimento de máis de 220.000 euros para levar a cabo estas actuacións. No seguinte enlace pódese ampliar a información relativa a esta resolución que hoxe publica o DOG: goo.gl/SF1Vu5

 

O obxectivo deste proxecto é a execución dunha senda na marxe dereita da estrada PO-250, que servirá para conectar as travesías de Amoedo e Pazos. A lonxitude total da senda é de case 820 metros, cunha sección tipo que consta dunha senda de 2,5 metros de ancho separada da calzada por cuneta de seguridade, unha zona axardinada máis os bordos de separación; salvo nos últimos 70 metros, na zona urbana de Pazos, na que a sección se reduce eliminando a cuneta e a banda vexetal.

 

As obras previstas comprenden tamén outras actuacións necesarias para garantir a funcionalidade da senda executada. Así, levaranse a cabo a mellora da rede da drenaxe existente na zona, coa execución de foxo de seguridade e prolongación das obras de drenaxe transversal; execución de estruturas de contención de terras para ampliación da plataforma e execución da senda; ou a optimización da sinalización e o balizamento.

 

Plan de Sendas

Este itinerario está enmarcado na 1ª fase do Plan de Sendas de Galicia, na comarca de Vigo, á que a Xunta destinará un investimento de 3,9 millóns de euros para a execución de 9 proxectos que contemplan 11 treitos identificados como prioritarios. Estas obras serán cofinanciadas polo Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.

 

A Xunta está a executar este tipo de actuacións coa fin de promover unha mobilidade máis sustentable, favorecendo modos de desprazamento menos contaminantes e alternativos á utilización do vehículo particular, porque estas sendas permitirán que os usuarios poidan facer desprazamentos cotiás andando ou en bici dun xeito seguro.

 

ROSALÍA & RAÜL REFREE, JOE CREPÚSCULO Y OS AMIGOS DOS MÚSICOS NUEVAS CONFIRMACIONES PARA ATLANTIC FEST

ROSALÍA & RAÜL REFREE “LOS ÁNGELES”unnamed
Rosalía
es una de las voces más prometedoras y personales del flamenco actual. Conocedora de la tradición y gran estudiosa del cante pero con una actitud contemporánea, su voz emociona a todo el que la escucha. Ha trabajado con la Fura dels Baus, Chicuelo o Rocío Márquez.
Raül Refree es uno de los nombres de referencia de la producción. Su nombre figura ya en algunos de los proyectos más relevantes de los últimos años, trabajando con artistas como Silvia Pérez Cruz, La Mala Rodriguez o Kiko Veneno.
El día 30 de junio Rosalía y Raül Refree actuarán en el escenario Turismo Rías Baixas (Auditorio) de Atlantic Fest presentando “Los Ángeles”, un disco que va a ser toda una revolución musical en donde flamenco y experimentación se dan la mano. Nadie se quedará indiferente ante el carisma de estos dos grandes artistas subidos juntos en un escenario.
JOE CREPÚSCULO
“Disco Duro”
es el nombre del octavo disco de Joe Crepúsculo, que acaba de ver la luz y será presentado el próximo 1 de julio en el escenario Son Estrella Galicia de Atlantic Fest.
El disco consta de 12 piezas que forman un todo en el que las canciones están encadenadas de manera musical y conceptual desde la primera hasta la última, tratando las temáticas más arraigadas en la lucha del ser humano consigo mismo y las injusticias que nos ha tocado vivir, así como el paso del tiempo, el hacerse mayor dentro de una sociedad y nuestra relación con los animales. Musicalmente, como ya estamos acostumbrados en los discos de Joe Crepúsculo, toman el poder los sintetizadores analógicos, y los órganos y ecos de cinta, pero también los sonidos más modernos. También aquí hay una contraposición entre qué es lo nuevo y qué lo viejo y de qué manera se intercambian según el momento y la querencia.
OS AMIGOS DOS MÚSICOS
Os Amigos dos Músicos
publican su primer disco: un conjunto de canciones en las que juntan lo propio con lo ajeno para dar forma a un discurso fragmentado, en el que las distintas voces se van sucediendo, pero en el que poco va emergiendo la coherencia del horizonte.
La banda, que siempre buscó referentes en la canción popular gallega, establece con este álbum un compás para dirigirse en esta travesía. Las coordenadas que, de manera simbólica pero también objetiva, marcan Curros Enríquez, Suso Vaamonde, Manuel María e Luis Emilio Batallán son el ancla que permite pararse y levantar a vista, pero solo para proseguir el viaje.
Con tan solo un disco, Os Amigos dos Músicos se han hecho ya con un hueco en la escena gallega, han girado con gran éxito por todo el territorio nacional y serán los encargados de abrir el escenario Turismo Rías Baixas (Auditorio), el día 30 de junio.

A superbanda indie León Benavente abre a programación da Universidade de Vigo

 

  • royce-rolo-baja-para-dossier agorazein-g-tripodo-baja-para-dossierO Sonora17 inclúe as propostas de Royce Rolo e o hip-hop de Agorazein

 

  • Compoñen o resto do cartel a MITEU, dous ciclos Cine e Lingua e o festival Ensaiamos  

 

Vigo, 20 de febreiro de 2017.- A superbanda indie León Benavente abrirá a programación cultural do segundo cuadrimestre da Universidade de Vigo o vindeiro mércores, 22 de febreiro. O cuarteto está formado por músicos veteranos como Abraham Boba (voz e teclados) e Luis Rodríguez (guitarra), habituais na banda de Nacho Vegas; César Verdú (batería), ex integrante de Schwarz e Eduardo Baos (baixo e sintetizadores), habitual do grupo Thachenko. Será o primeiro concerto da banda en Vigo (estiveron nunha ocasión anterior nun concerto con Iván Ferreiro con aforo reducido).

 

A banda naceu en 2012 e ao ano seguinte sacaron ao mercado o seu primeiro álbum, León Benavente (Marxophone). Despois do éxito do tema “Ánimo valiente”, o seu proxecto musical, cun rock indie con reminiscencias dos 80 e letras que falan da difícil realidade e da crise, consolídase cun segundo traballo León Benavente 2 (Warner Music) que están a presentar en xira por toda España e México.

 

O concerto terá lugar no Teatro de Cidade Universitaria a partir das 18.30 horas.

 

O Sonora’17 (22 de marzo), a segunda gran cita musical da programación da Universidade de Vigo, ofrecerá nesta edición as propostas de Royce Rolo (DJ set), membro do colectivo Banana Bahía Music, e o hip-hop-trap de Agorazein. Rolo é un dos máis importantes produtores, recoñecido en gran parte por ser un dos renovadores do son da música urbana. Como DJ, xunto a Kaixo, é un habitual das festas do Overdose Club. Royce Rolo pinchará antes e despois da actuación de Agorazein. Os madrileños, formados por C. Tangana, Sticky M.A., Fabianni, Jerv.agz e I-Ace, están chamados a ser o grupo revelación do hip-hop neste 2017. De feito, C. Tangana xa é un dos artistas máis relevantes da escena estatal e un habitual dos máis importantes festivais de música independiente. No concerto da Universidade de Vigo tocarán temas do seu último traballo Siempre, cheos de bases electrónicas e ritmos lentos.

 

Por último, o apartado musical pecharase co Concerto Ensaiamos, Colleita 2017. As bandas que forman parte do programa Ensaiamos deste ano terán esta oportunidade para pórse diante do público. Ademais, serán avaliados tanto polo público como por un xurado profesional. O gañador terá a oportunidade de gravar a súa primeira maqueta nos estudos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.

 

Teatro

A Mostra Internacional de Teatro Universitario (MITEU) cumpre a súa 19 edición no escenario da Universidade de Vigo. Nesta ocasión, forman o seu cartel seis obras. As dúas primeiras estarán a cargo do grupo Comedia da Arte da Escola Superior de Arte Dramático de Vigo (ESAD) de Vigo (15 de marzo) que porá en escena Don Giovanni e da Aula de Teatro de Ourense-Maricastaña (5 de abril) coa obra A última cornixa do mundo. Estas dúas pezas poderán verse no Teatro de Cidade Universitaria ás 18.30 horas. As catro función restantes, todavía por determinar, gozaranse o 25 e 26 de abril no Teatro de Cidade Universitaria e (18.30 h) o 2 e 3 de maio no Auditorio do Concello de Vigo  (20.30 horas).

 

Por último, neste cuadrimestres programaranse dous ciclos Cine e Lingua. Terá lugar unha nova edición do Let’s go to the flicks cunha selección de películas en lingua inglesa e, como novidade, un ciclo de cine asiático entre o que se atopan realizadores como Zhang Yimou o Ang Lee. As sesións, que terán lugar no Edificio Cambón, comezarán o 1 de marzo e rematarán o 10 de maio. Sempre ás 20.00 horas.

 

Un ano máis mantéñense intactos os obxectivos orixinais desta veterana proposta cultural que é a de achegar aos universitarios a cultura nas súas diferentes manifestacións, sempre baixo a premisa de variedade e calidade.

 

A entrada a todas as actuacións, obras teatrais e proxeccións son libres ata completar aforamento.

RETRO GALICIA CUMPLIÓ LAS EXPECTATIVAS Y CULMINA UN POSITIVO FIN DE SEMANA PARA AFICIONADOS Y ORGANIZACIÓN

img_9096lr img_0195lrLa séptima edición del Salón Retro Galicia afronta sus últimas horas en esta jornada de domingo con los aficionados dominicales y un buen sabor de boca tras dos días y medio de actividades y exhibiciones en el mundo de los vehículos clásicos y de época.

 

La intensa agenda, con homenajes, concentraciones y competición, de la mayor feria del noroeste español en este sector ha dejado satisfechos a los numerosos aficionados que han accedido al Ifevi.

 

Acontecimientos como los homenajes a Ferrari, Abarth y Volkswagen por sus aniversarios, las concentraciones de Ferrari, deportivos GT y Lancia Delta Integrale, o el XI Rally de Primavera han protagonizado esta edición.  

 

La mayor presencia de vehículos particulares en venta es un claro síntoma de que el certamen mejora y de que los particulares suben cada vez más modelos para intentar venderlos en Retro Galicia, junto a los expositores profesionales. De hecho las plazas gratuitas del Corral Cover se completaron y hubo propietarios que pagaron por exponer sus coches a la venta.

 

Así, la organización, tras consultar con algunos expositores, ha valorado como positivo el balance de esta edición ferial, con una asistencia calculada sobre la taquilla aún remanente de casi 20.000 personas, en línea con lo previsto.

 

Los expositores también valoraron como bastante positivo el registro de ventas en la zona comercial, uno de los ejes de la feria, pues muchos propietarios acuden a comprar piezas que habitualmente no encuentran en la comunidad gallega.

 

Respecto al volumen de unidades vendidas es realmente complicado de calcular pues a diferencia de los coches nuevos, las negociaciones en el mundo de los clásicos suele ser larga, pero a tenor de los contactos establecidos había satisfacción entre los vendedores por el interés de algunos coleccionistas.