A superbanda indie León Benavente abre a programación da Universidade de Vigo

 

  • royce-rolo-baja-para-dossier agorazein-g-tripodo-baja-para-dossierO Sonora17 inclúe as propostas de Royce Rolo e o hip-hop de Agorazein

 

  • Compoñen o resto do cartel a MITEU, dous ciclos Cine e Lingua e o festival Ensaiamos  

 

Vigo, 20 de febreiro de 2017.- A superbanda indie León Benavente abrirá a programación cultural do segundo cuadrimestre da Universidade de Vigo o vindeiro mércores, 22 de febreiro. O cuarteto está formado por músicos veteranos como Abraham Boba (voz e teclados) e Luis Rodríguez (guitarra), habituais na banda de Nacho Vegas; César Verdú (batería), ex integrante de Schwarz e Eduardo Baos (baixo e sintetizadores), habitual do grupo Thachenko. Será o primeiro concerto da banda en Vigo (estiveron nunha ocasión anterior nun concerto con Iván Ferreiro con aforo reducido).

 

A banda naceu en 2012 e ao ano seguinte sacaron ao mercado o seu primeiro álbum, León Benavente (Marxophone). Despois do éxito do tema “Ánimo valiente”, o seu proxecto musical, cun rock indie con reminiscencias dos 80 e letras que falan da difícil realidade e da crise, consolídase cun segundo traballo León Benavente 2 (Warner Music) que están a presentar en xira por toda España e México.

 

O concerto terá lugar no Teatro de Cidade Universitaria a partir das 18.30 horas.

 

O Sonora’17 (22 de marzo), a segunda gran cita musical da programación da Universidade de Vigo, ofrecerá nesta edición as propostas de Royce Rolo (DJ set), membro do colectivo Banana Bahía Music, e o hip-hop-trap de Agorazein. Rolo é un dos máis importantes produtores, recoñecido en gran parte por ser un dos renovadores do son da música urbana. Como DJ, xunto a Kaixo, é un habitual das festas do Overdose Club. Royce Rolo pinchará antes e despois da actuación de Agorazein. Os madrileños, formados por C. Tangana, Sticky M.A., Fabianni, Jerv.agz e I-Ace, están chamados a ser o grupo revelación do hip-hop neste 2017. De feito, C. Tangana xa é un dos artistas máis relevantes da escena estatal e un habitual dos máis importantes festivais de música independiente. No concerto da Universidade de Vigo tocarán temas do seu último traballo Siempre, cheos de bases electrónicas e ritmos lentos.

 

Por último, o apartado musical pecharase co Concerto Ensaiamos, Colleita 2017. As bandas que forman parte do programa Ensaiamos deste ano terán esta oportunidade para pórse diante do público. Ademais, serán avaliados tanto polo público como por un xurado profesional. O gañador terá a oportunidade de gravar a súa primeira maqueta nos estudos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.

 

Teatro

A Mostra Internacional de Teatro Universitario (MITEU) cumpre a súa 19 edición no escenario da Universidade de Vigo. Nesta ocasión, forman o seu cartel seis obras. As dúas primeiras estarán a cargo do grupo Comedia da Arte da Escola Superior de Arte Dramático de Vigo (ESAD) de Vigo (15 de marzo) que porá en escena Don Giovanni e da Aula de Teatro de Ourense-Maricastaña (5 de abril) coa obra A última cornixa do mundo. Estas dúas pezas poderán verse no Teatro de Cidade Universitaria ás 18.30 horas. As catro función restantes, todavía por determinar, gozaranse o 25 e 26 de abril no Teatro de Cidade Universitaria e (18.30 h) o 2 e 3 de maio no Auditorio do Concello de Vigo  (20.30 horas).

 

Por último, neste cuadrimestres programaranse dous ciclos Cine e Lingua. Terá lugar unha nova edición do Let’s go to the flicks cunha selección de películas en lingua inglesa e, como novidade, un ciclo de cine asiático entre o que se atopan realizadores como Zhang Yimou o Ang Lee. As sesións, que terán lugar no Edificio Cambón, comezarán o 1 de marzo e rematarán o 10 de maio. Sempre ás 20.00 horas.

 

Un ano máis mantéñense intactos os obxectivos orixinais desta veterana proposta cultural que é a de achegar aos universitarios a cultura nas súas diferentes manifestacións, sempre baixo a premisa de variedade e calidade.

 

A entrada a todas as actuacións, obras teatrais e proxeccións son libres ata completar aforamento.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: