Guía sobre Antonio Palacios na Biblioteca Municipal do Porriño

2-8995eaa134 1-7941650834A Biblioteca Municipal do Porriño, entendendo que  Antonio Palacios é probablemente un dos porriñeses máis insignes da historia da vila, ven de xuntar a maior cantidade de documentos escritos sobre a súa figura a través da ‘Sección Local’, coa pretensión de promocionar e difundir a súa obra, conservar para o futuro esta importante información e asegurar a súa consulta para todas as porriñesas e porriñeses.

Monografías, ata folletos turísticos, comunicacións de congresos, catálogos de exposicións, memorias de investigación, que se conqueriron por medio de compra, doazón ou préstamo, integran esta escolma adicada ao arquitecto quen, ademais de deixar algunhas mostras do seu traballo no Porriño- o edificio do Concello a máis representativa delas- esta soterrado na vila, como foi o seu desexo.

Froito desta labor a Biblioteca Municipal publica a guía de lectura “Antonio Palacios na Biblioteca do Porriño”, coa referencia das decenas de documentos que se foron xuntando ao longo de anos.

Parte deles están actualmente expostos nunha instalación da vitrina do ‘Recuncho’, localizada no vestíbulo da biblioteca, forrada con reproducións dos planos orixinais de construción do Concello do Porriño.

Dende a Concellería de Cultura animan ás veciñas e veciños e a todas as persoas interesadas na obra de Antonio Palacios, a consultar a guía, a introducirse na fascinante figura deste grande arquitecto e a aproveitar para visitar as súas obras arquitectónicas no Porriño.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: