Archive | febrero 21, 2017

MINI Hub y JustMAD: Arte electrónico y experimental

unnamed-123 de febrero, 20h00
MINI te invita a: EX, arte electrónico y experimental
Inauguración

Colectiva

MINI Hub se suma a la programación de JustMAD8 con la exposición “EX, arte electrónico y experimental”. El nuevo espacio para la cultura y la creación contemporánea de MINI en Madrid se convierte de este modo en una parada imprescindible dentro del circuito de actividades que durante estos días transforman nuestra ciudad en la capital mundial del arte.

La selección de obras de la muestra, comisariada por el colectivo EX, incluye trabajos de Citlali Hernández, Abelardo Gil Fournier, Arturo Moya Villén, Carlos Coronas y Pedro Veneroso, artistas emergentes y mid-career a los que une el afan por la reflexión crítica sobre las nuevas condiciones formales del arte. Todos ellos tendrán ocasión de explicar en primera persona sus respectivos proyectos a los asistentes a la inauguración, el jueves 23 de febrero a las 20:00h en MINI Hub (C/ Palma 10). +info

Confirmación de asistencia en www.minihub.es
¡Te esperamos con un copa!

La artista internacional Dayna Kurtz visitará Galicia en su gira europea

  • Los conciertos que ofrecerá tendrán lugar durante el mes de marzo en Vigo (día 15, La Fábrica de Chocolate) y Ferrol (día 16, Teatro Jofre).
  • En las dos actuaciones que dará ante el público gallego, Dayna estará acompañada de manera excepcional por el músico Robert Mache.

unnamed

21 de febrero de 2016. – Dayna Kurtz, a la que parte de la crítica denomina la “Reina del Underground Americano“, visitará Galicia durante el próximo mes de marzo. La artista, que es portadora de una voz como muy pocas se pueden escuchar sobre el escenario, conjuga en cada disco lo mejor de la historia de lamúsica de raíces norteamericana. Ha sido comparada en numerosas ocasiones con Nina Simone por unos, y con Tom Waits por otros debido a su estilo añejo, doloroso y punzante al mismo tiempo.

Tras su gira por los Países Bajos, Dayna Kurtz hará una parada en Galiciapara ofrecer dos exclusivos conciertos en La Fábrica de Chocolate de Vigo (15 de marzo) y el Teatro Jofre de Ferrol (16 de marzo). En ambos directos, la artista estará acompañada del músico Roberto Mache para repasartodo su catálogo, pero de manera especial “RISE & FALL”, su maravilloso último disco, y el directo del mismo que se edita en marzo en Europa.

Las entradas para ambos conciertos se encuentran ya a la venta. El público interesado puede adquirirlas en la tienda Discos Elepé y en Ticketea en el caso del concierto Vigo, y en la taquilla del Teatro Jofre página web del Concello de Ferrol para el concierto de esa misma ciudad.

DISCOGRAFÍA
  • 1997 – Otherwise Luscious Life – live / (Deebles Music – OUT OF PRINT)
  • 2002 – Postcards From Downtown / (Kismet Records, US) – featuring ETHEL
  • 2003 – Love Gets in the Way / CD Single (Munich Records/Europe)
  • 2003 – Postcards From Amsterdam (Live in Concert DVD) / (Munich Records, Europe, Kismet, USA)
  • 2004 – Beautiful Yesterday / (Kismet Records, US) – featuring ETHEL
  • 2004 – The Beautiful Yesterday Sessions LIMITED EDITION EP / (Kismet Records US, online only)
  • 2006 – Nola / (Munich Records/Europe)
  • 2006 – Another Black Feather / (Kismet Records US)
  • 2009 – American Standard
  • 2010 – For the Love of Hazel: Songs for Hazel Dickens – Dayna Kurtz & Mamie Minch (6 tracks)
  • 2012 – Secret Canon Vol. 1
  • 2013 – Secret Canon Vol. 2
  • 2015 – Rise and Fall

‘Madama Butterfly’ no Teatro Afundación Vigo

O Teatro Afundación Vigo acollerá o vindeiro venres 10 de marzo ás 20.30 h a ópera de G. Puccini Madama Butterfly, organizada por Concerlírica e L. G. Artist Management da man da Ópera Nacional de Moldavia e solistas internacionais. Esta mañá tivo lugar a presentación a medios en roda de prensa, na que estiveron Cristina Iglesias, coordinadora adxunta de Sedes e Centros de Afundación, e Leonor Gago, directora de Concerlírica. As entradas para este espectáculo poden adquirirse a través das canles habituais da entidade en Ataquilla.com ou ben a través do teléfono 902 504 500.

A XUNTA URXE AO CONCELLO DE VIGO A QUE INICIE XA O TRÁMITE DE INFORMACIÓN PÚBLICA PARA O PROXECTO DA ESTACIÓN INTERMODAL

  • O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, lembra ao goberno local que hai 14 días que teñen o documento enriba da mesa
  • Segundo a Lei 3/2016, o Concello de Vigo debe someter o expediente a información pública durante un prazo de 20 días e emitir informe preceptivo e vinculante no prazo dos 10 días seguintes
  • A Xunta empraza ao goberno local a que axilice os trámites administrativos que lle corresponden xa que, deste xeito, en 6 meses podería estar resolto o problema urbanístico derivado da anulación do PXOM
  • A administración autonómica deu solucións ao problema urbanístico da cidade de Vigo co impulso e aprobación da Lei 3/2016 para o desenvolvemento urbanístico de proxectos de especial interese público garantindo a seguridade xurídica.

A “superbanda” indie León Benavente abre mañá a programación cultural da UVigo

León Benaventeleon-benavente-2

 

Data:    Mércores, 22 de febreiro

Hora:   18.30 h  //  Entrada libre e gratuíta ata completar aforamento

Lugar:  Teatro de Cidade Universitaria. Univeridade de Vigo.

                

‘Havana Club 7. La noche en una imagen’ concluye su primer Safari

primer-safaris-nocturnos-800600Diez de los veinte finalistas del concurso de fotografía ‘Havana Club 7. La noche en una imagen’ han participado en el primero de los dos Safaris Fotográficosprogramados por el certamen. Este primer Safari ha tenido lugar la noche del 16 de febrero en Madrid y ha sido dirigido por la fotógrafa Elisa González Miralles.

El Safari Fotográfico es un recorrido nocturno ideado y dirigido por un fotógrafo profesional, que se realiza con el objetivo de que los fotógrafos finalistas del concurso puedan tomar fotografías para elaborar un portfolio fotográfico propio sobre la esencia de la noche madrileña. Los portfolios serán publicados próximamente en la web del concurso: http://www.havanaclub7-fotosafari.com.

El recorrido dirigido por Elisa González Miralles comenzó en la librería de La Fábrica con una invitación a una copa de Havana 7. En la primera etapa transcurrió por el Barrio de las Letras parando para descansar y compartir dudas e impresiones en los locales Matute y Café Central. La segunda etapa fue un recorrido por las zonas de Sol, Gran Vía, Ópera y Plaza Mayor, para acabar en la emblemática sala Joy Eslava.

FACENDA ACONDICIONARÁ UN INMOBLE SEN USO DA XUNTA PARA UBICAR NEL A DELEGACIÓN EN OURENSE DA AXENCIA TRIBUTARIA DE GALICIA

  • A Administración galega investirá máis de 425.000 euros na reforma completa dun local da rúa Progreso, que inclúe a instalación dun ascensor
  • O prazo de execución da obra é de 15 semanas
  • O local ten 1.089 metros cadrados e nel traballarán uns 60 empregados públicos
  • Esta actuación forma parte do Plan de Alugueiros cero da Xunta, que aposta por optimizar o patrimonio propio da Administración

 

Santiago, 21 de febreiro de 2017.- A Consellería de Facenda investirá máis de 425.000 euros na reforma e acondicionamento dun local sen uso da Administración galega situado na rúa Progreso da cidade de Ourense, o que permitirá ubicar alí a delegación en Ourense da Axencia Tributaria de Galicia. Este servizo préstase actualmente nun local en réxime de alugueiro, polo que esta actuación permitirá á Xunta de Galicia optimizar o patrimonio propio da Comunidade Autónoma e reducir o gasto en alugueiros.

 

Tal como establece a resolución publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG), a Consellería de Facenda investirá 425.852,24 euros (IVE incluído) no acondicionamento dun local propiedade da Comunidade Autónoma situado no número 38 da rúa Progreso de Ourense. A obra fora licitada no mes de setembro por un orzamento máximo de 564.118,37 euros, e a adxudicataria é a empresa Misturas SA.

 

A obra de reforma e acondicionamento do local inclúe a instalación dun ascensor, que permitirá facer totalmente accesible este inmoble dado que está situado nun entrechán. O prazo de execución da obra é de 15 semanas dende que se asine a acta de replanteo, un trámite que está previsto para este mes de febreiro.

 

O local obxecto da actuación atópase na actualidade sen uso. É un espazo que ten 1.089 metros cadrados de superficie, e unha vez rematadas as obras traballarán nel os preto de 60 empregados públicos da delegación en Ourense da Axencia Tributaria de Galicia.

 

Aforro en alugueiro

O acondicionamento do inmoble da rúa Progreso permitirá optimizar un espazo que é propiedade da Comunidade Autónoma, polo que se deixará de utilizar o inmoble no que actualmente presta servizo a Axencia Tributaria de Galicia na cidade de Ourense, situado na rúa Xoán XXIII. Unha vez finalizado o traslado ás novas dependencias, a Xunta aforrarase cada ano o seu alugueiro.

Esta actuación forma parte do Plan de Alugueiros cero da Xunta de Galicia, que aposta por poñer en valor o patrimonio propio da Xunta reducindo á súa vez o gasto en alugueiros. De feito, esta diminución do gasto en alugueiros é a que permite afrontar as reformas dos inmobles que xa forman parte do patrimonio da Administración galega.

A Xunta desoe ao xulgado e segue a impedir que beneficiarias da RISGA compartan vivenda

anapenyasalimentosHai unhas semanas celebrabamos a sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo nº1 de Vigo, que recoñecía que nun mesmo domicilio poden convivir varias perceptoras da RISGA, sempre e cando non formen parte da mesma unidade familiar.

Na Xunta sabían antes desta sentenza que a RISGA, 400 € de media ao mes, non abonda para cubrir as necesidades básicas. Como xa o sabían, na Consellería de Política Social que dirixe José Manuel Rey Varela, non van cumprir esta sentenza.

E non o dicimos nós porque xa de sobra sabemos como actúan as institucións cando de destinar fondos públicos (de todas) a necesidades sociais en forma de pequenas esmolas se trata (moi distinto, ao xeito de tratar a grandes empresas con grandes subvencións, para as que non teñen tantos reparos, nin poñen tantas trabas); senón que o din eles! Por iso seguirán dando 6 meses de prazo ás novas perceptoras de RISGA que vivan en domicilios nos que haxa outra perceptora, para mudarse de domicilio. E con esta chulería na súa resposta, fican tranquilas e redimidas as súas conciencias!

Supoñemos que Feijoó ou Rey Varela non explicarán nos medios as verdadeiras razóns deste incumprimento, que segundo persoal da Xunta non teñen orde de cumprir até que aproben o decreto que desenvolva a lei de 2013. Un decreto que, segundo fixaba dita lei, tiña que estar publicado en xuño do 2014. Polo momento a data de publicación é descoñecida. En todo caso, sairá moi reseso xa que levamos anos padecendo a indefensión e a vulneración coa que a consellería resolve os ocos da lei, completados a golpe de opacas instrucións, e interpretacións restritivas.

Existe un principio do dereito que se lle espeta dende as administracións á cidadanía o cal di “que a ignorancia da lei non exime do seu cumprimento”. Nos debemos cumprir, mentres eles ignoran o prazo fixado pola lei para elaborar e aprobar o decreto. Concluímos pois, que non hai decreto porque non lles peta. Non hai decreto xa que poñelo en marcha obrigaríalles a desenvolver os apartados máis beneficiosos da lei para nós. Non hai decreto posto que cos preto de 50 millóns de orzamento para 2017 terían que eliminar perceptoras ou ampliar a partida. Non hai decreto porque a RISGA está pensada para que as “usuarias” dos servizos sociais fiquemos asustadas e soas na miseria.

Pero igual que Lucía, que xuntou forzas para pelexar e gañar nun xulgado, hai moitas que non aceptamos as súas intencións e procuramos saídas colectivas á “mala vida” que nos presentan como única. Como vimos facendo, denunciaremos as súas políticas miserentas como é a RISGA e esixiremos dereitos como a Renda Básica das iguais e moito máis.

Por iso continuaremos a buscar información para socializala. Por iso teceremos relacións e alianzas con aquelas profesionais e persoas que loiten polos dereitos de todas. Por iso denunciaremos as violencias que padecemos e tamén criticaremos aqueles discursos de criminalización das empobrecidas. Por iso defenderemos que as necesidades básicas non se tocan e que esiximos a repartición da riqueza.

 

Coia, febreiro 2017

A XUNTA DE GALICIA PRESENTA ÁS FAMILIAS DO ALUMNADO DO COLEXIO DE VELLE A PARCELA QUE ALBERGARÁ O FUTURO CAPD DE OURENSE

  • O responsable da área social do Goberno galego reiterou o seu compromiso de dotar á cidade das Burgas dun centro para a atención das persoas con discapacidade de máis de 21 anos da provincia, que se emprazará nunha parcela situada no barrio de Berrocás

 

Santiago, 20 de febreiro de 2017.-  O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, recibiu esta tarde no seu despacho de San Caetano a unha representación de pais e nais de alumnos do colexio de Velle. A finalidade deste encontro foi a de presentarlles a parcela posta en común co Concello e a Deputación ourensáns para o emprazamento do futuro centro de atención terapéutico e ocupacional que dará servizo ás persoas con discapacidade de máis de 21 anos da provincia (CAPD).

 

Logo do estudo por parte dos técnicos das tres administracións implicadas neste proxecto – a autonómica, a provincial e a local- das distintas alternativas propostas polo Concello, optouse finalmente por unha finca emprazada no barrio de Berrocás. O responsable da área social do Goberno galego explicou aos pais que se trata dunha parcela de titularidade municipal de uso dotacional e que conta cunha superficie de aproximadamente 4.600 metros cadrados, duplicando deste xeito os metros inicialmente previstos.

 

Así mesmo, Rey Varela indicou que a elección deste terreo facilitará que Ourense poda dispoñer dun centro que responda ás demandas dos pais e nais afectados e ao mandado plenario, toda vez que o proxecto inicial de adaptar a antiga Escola Fogar de Mariñamansa para albergar este equipamento fora desestimado. En calquera caso, o titular de Política Social subliñou que os terreos elixidos cumprirán os requisitos precisos cando así o aprobe o pleno do Concello; e indicou que tan pronto como se supere este trámite plenario de modificación de usos da parcela a Xunta de Galicia iniciará de inmediato a tramitación da redacción do proxecto.

 

Trala entrevista, o conselleiro reiterou o seu compromiso de dotar á cidade das Burgas dun centro de atención terapéutico e ocupacional, para o que cómpre continuar traballando da man do Concello, da Deputación e das familias dos usuarios e usuarias do futuro equipamento. Así mesmo, amosou a súa satisfacción ao comprobar que este novo emprazamento cumpre coas expectativas da plataforma Pro-CAPD Ourense.

 

REY VARELA SALIENTA A IMPORTANCIA DAS FAMILIAS ACOLLEDORAS PARA GARANTIR OS DEREITOS DOS MENORES EN RISCO DE DESAMPARO

  • O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, reunirase cos responsables da Fundaci—n ANAR.

    O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, reunirase cos responsables da Fundaci—n ANAR.

    A Xunta de Galicia da prioridade ao acollemento familiar –en familia extensa ou allea- sobre o internamento en residencias porque mantén aos nenos, nenas e adolescentes no seu entorno social, educativo e emocional

  • Na actualidade, a Administración autonómica ten baixo a súa tutela ou garda ao arredor de 2.000 menores en situación ou risco de desprotección

 

Santiago, 20 de febreiro de 2017.-  O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reuniuse esta tarde no seu despacho de San Caetano con responsables da Fundación  de Axuda a Nenos e Adolescentes en Risco (ANAR), organización sen ánimo de lucro dedicada á promoción e defensa dos dereitos dos menores en situación de desamparo mediante o desenvolvemento de proxectos tanto en España coma en Latinoamérica. A entrevista serviu para que Rey Varela coñecera de primeira man como funcionan os ‘Fogares ANAR’ e os teléfonos de axuda aos menores e ás familias que ten activadas as 24 horas do día e durante todo o ano esta entidade.

 

Despois da xuntanza, o titular de Política Social sinalou que “a protección á infancia é un dos obxectivos fundamentais, prioritarios e básicos do Goberno galego, en especial, cando se trata de menores que teñen ou tiveron unha circunstancia familiar adversa de incidencia negativa cara a súa vida adulta”. Neste sentido, o conselleiro fixo fincapé no esforzo da Xunta para que “non haxa ningunha familia sen fillos, traballando para que Galicia sexa o mellor lugar para formar unha familia e para ser neno ou nena; pero tamén para que non haxa ningún menor sen familia”.

 

Así, a Administración autonómica ten baixo a súa tutela ou garda ao redor de 2.000 menores e adolescentes, dos cales máis da metade se atopan en situación de acollemento familiar, ben sexa en familia extensa ou allea. “Procuramos as mellores opcións para os menores que precisan dunha familia, e o acollemento é o recurso máis idóneo porque os mantén no seu entorno social, educativo e emocional”, explicou Rey Varela. E, ao fío disto, subliñou que a Lei de apoio á familia e á convivencia de Galicia protexe e favorece a permanencia do menor nunha familia, dando prioridade ao acollemento sobre o internamento residencial.

 

O responsable de Política Social referiuse á importancia do traballo que realizan entidades como a Fundación ANAR para garantir os dereitos e o desenvolvemento pleno dos menores en situación de risco ou desamparo social; pero sobre todo encomiou a aquelas persoas e familias que están dispostas a acoller, xa que “son o mellor exemplo de amor e solidariedade que podemos atopar na nosa sociedade”.

 

Ao respecto, Rey Varela aproveitou para facer un chamamento a participar en programas de acollemento, lembrando que pode acoller calquera persoa, matrimonio ou parella de feito –con ou sen fillos- e de calquera condición social, ideoloxía ou crenza. “O único que é necesario é ter vontade de acoller a a capacidade de darlle aos nenos os coidados, a seguridade, a educación e o cariño que precisan”, concluíu.