A XUNTA DE GALICIA PRESENTA ÁS FAMILIAS DO ALUMNADO DO COLEXIO DE VELLE A PARCELA QUE ALBERGARÁ O FUTURO CAPD DE OURENSE

  • O responsable da área social do Goberno galego reiterou o seu compromiso de dotar á cidade das Burgas dun centro para a atención das persoas con discapacidade de máis de 21 anos da provincia, que se emprazará nunha parcela situada no barrio de Berrocás

 

Santiago, 20 de febreiro de 2017.-  O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, recibiu esta tarde no seu despacho de San Caetano a unha representación de pais e nais de alumnos do colexio de Velle. A finalidade deste encontro foi a de presentarlles a parcela posta en común co Concello e a Deputación ourensáns para o emprazamento do futuro centro de atención terapéutico e ocupacional que dará servizo ás persoas con discapacidade de máis de 21 anos da provincia (CAPD).

 

Logo do estudo por parte dos técnicos das tres administracións implicadas neste proxecto – a autonómica, a provincial e a local- das distintas alternativas propostas polo Concello, optouse finalmente por unha finca emprazada no barrio de Berrocás. O responsable da área social do Goberno galego explicou aos pais que se trata dunha parcela de titularidade municipal de uso dotacional e que conta cunha superficie de aproximadamente 4.600 metros cadrados, duplicando deste xeito os metros inicialmente previstos.

 

Así mesmo, Rey Varela indicou que a elección deste terreo facilitará que Ourense poda dispoñer dun centro que responda ás demandas dos pais e nais afectados e ao mandado plenario, toda vez que o proxecto inicial de adaptar a antiga Escola Fogar de Mariñamansa para albergar este equipamento fora desestimado. En calquera caso, o titular de Política Social subliñou que os terreos elixidos cumprirán os requisitos precisos cando así o aprobe o pleno do Concello; e indicou que tan pronto como se supere este trámite plenario de modificación de usos da parcela a Xunta de Galicia iniciará de inmediato a tramitación da redacción do proxecto.

 

Trala entrevista, o conselleiro reiterou o seu compromiso de dotar á cidade das Burgas dun centro de atención terapéutico e ocupacional, para o que cómpre continuar traballando da man do Concello, da Deputación e das familias dos usuarios e usuarias do futuro equipamento. Así mesmo, amosou a súa satisfacción ao comprobar que este novo emprazamento cumpre coas expectativas da plataforma Pro-CAPD Ourense.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: