A XUNTA URXE AO CONCELLO DE VIGO A QUE INICIE XA O TRÁMITE DE INFORMACIÓN PÚBLICA PARA O PROXECTO DA ESTACIÓN INTERMODAL
- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, lembra ao goberno local que hai 14 días que teñen o documento enriba da mesa
- Segundo a Lei 3/2016, o Concello de Vigo debe someter o expediente a información pública durante un prazo de 20 días e emitir informe preceptivo e vinculante no prazo dos 10 días seguintes
- A Xunta empraza ao goberno local a que axilice os trámites administrativos que lle corresponden xa que, deste xeito, en 6 meses podería estar resolto o problema urbanístico derivado da anulación do PXOM
- A administración autonómica deu solucións ao problema urbanístico da cidade de Vigo co impulso e aprobación da Lei 3/2016 para o desenvolvemento urbanístico de proxectos de especial interese público garantindo a seguridade xurídica.