Visita Delegación Yucatán
O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, recibiu no día de hoxe a unha delegación do Estado de Yucatán que estes días está a visitar a Comunidade Autónoma para coñecer as oportunidades e posibilidades de negocio que lles pode ofrecer o sector económico e industrial galego. Durante a visita, que comezou cunha reunión na sede da Autoridade Portuaria de Vigo, o secretario de Fomento Económico do Estado de Yucatán, Lic. Ernesto Herrera, e o director de Promoción á Inversión do Estado de Yucatán, Lic. José Canto, tiveron tempo tamén para coñecer as instalacións portuarias e visitar a Plataforma Loxística de Salvaterra-As Neves xunto aos alcaldes dos respectivos concellos. Tras un xantar no Club Financeiro de Vigo, remataron a xornada cunha reunión no Consorcio da Zona Franca de Vigo ademais de visitar o parque empresarial de Porto do Molle.