Archivo | febrero 23, 2017

El Ministerio de Energía, Turismo y Agenda Digital actualiza la retribución de las renovables según el precio del mercado

* Esta actualización, ya prevista en la normativa, supone un incremento de la retribución de las instalaciones renovables, de cogeneración y de residuos de unos 600 millones de euros anuales

22.02.17. El Ministerio de Energía, Turismo y Agenda Digital ha publicado hoy en el BOE una orden por la que se actualizan las retribuciones de las instalaciones de energía eléctrica a partir de fuentes de energía renovables, cogeneración y residuos para el segundo semiperiodo regulatorio que va de los años 2017 a 2019.

Esta actualización, prevista en la Ley del Sector Eléctrico, permite garantizar una rentabilidad razonable del 7,4% a las instalaciones.

La Ley Eléctrica establece que, al finalizar cada semiperiodo regulatorio de tres años (momento actual), se revisen para el resto del periodo regulatorio las estimaciones de ingresos por la venta de la energía en el mercado. Asimismo, establece que, al finalizar cada periodo regulatorio de seis años, se podrán revisar todos los parámetros retributivos de las instalaciones tipo, excepto la vida útil regulatoria y el valor estándar de la inversión inicial.

En la revisión llevada a cabo del precio del mercado para los próximos tres años se ha considerado el precio del mercado de futuros para ese periodo. En cuanto al precio del mercado para el segundo periodo regulatorio, éste se revisará en el año 2020 tal y como establece la normativa.

Esta revisión del precio del mercado va a suponer un incremento de la retribución de las instalaciones renovables, de cogeneración y de residuos de unos 600 millones de euros al año, y todo sin ser necesario subir los peajes.

A XUNTA E O MINISTERIO DE FOMENTO CELEBRAN A PRIMEIRA XUNTANZA DA COMISIÓN SOBRE A AP-9, QUE SE REUNIRÁ CUNHA PERIOCIDADE MÍNIMA SEMESTRAL

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, e o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, reuníronse hoxe en Madrid co secretario de Estado de Infraestruturas, Julio Gómez-Pomar e cargos do Ministerioimg-20170222-wa0006

  • O Ministerio de Fomento confirmou a vontade de aplicar medidas para paliar o impacto do ruído nas zonas afectadas polas obras de ampliación da autoestrada en Redondela
  • Neste encontro acordouse solicitar ao Concello de Vigo unha proposta técnica para a remodelación da AP-9 na zona urbana de Vigo
  • Avanzou que o vindeiro mes de abril se prevé licitar as obras do acceso á Cidade da Cultura
  • A Xunta e Fomento farán seguimento das medidas adoptadas para evitar retencións nas áreas de peaxe nas épocas de máis tráfico

 

Madrid, 22 de febreiro de 2017.- A Xunta e o Ministerio de Fomento celebraron hoxe en Madrid a primeira xuntanza da comisión sobre a autoestrada do Atlántico, a AP-9, que se reunirá cunha periodicidade mínima semestral. A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, e o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, participaron na reunión, que se celebrou en Madrid, e estivo presidida polo secretario de Estado de Infraestruturas, Julio Gomez-Pomar, coa presencia doutros cargos do Ministerio de Fomento.

 

Dáse así cumprimento ao acordo acadado o pasado 31 de xaneiro entre o presidente da Xunta e o ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, que avanzaron a constitución da comisión sobre a AP-9 neste mes de febreiro.

 

Nesta xuntanza os representantes de ambas administracións abordaron tanto a situación das obras en marcha na autoestrada como os avances nas actuacións planificadas na AP-9. Neste sentido, o Ministerio de Fomento avanzou que no vindeiro mes de abril prevé licitar as obras do novo acceso á Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.

 

O Ministerio de Fomento tamén confirmou a vontade de aplicar as medidas precisas para paliar o impacto do ruído nas zonas afectadas polas obras de ampliación da autoestrada en Redondela.

 

Ademais, os responsables de ambas administracións abordaron a situación do treito urbano da AP-9 na cidade de Vigo e acordaron solicitarlle ao Concello da unha proposta técnica para a remodelación do ámbito.

 

No encontro tamén se estableceu que a Xunta e o Ministerio de Fomento realizarán un seguimento das medidas adoptadas para evitar retencións nas áreas de peaxe nas épocas do ano nas que se rexistra máis tráfico.

SAÚDOS, GABINETE DE COMUNICACIÓN DA CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA

A XUNTA TRATA COA ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE REDONDELA A PROMOCIÓN DO CAMIÑO PORTUGUÉS POLA COSTA E DO COMERCIO LOCA

  • 21022017_reunionempresariosredondelaO delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, mantivo hoxe unha reunión coa xunta directiva do colectivo empresarial

 

Vigo, 22 de febreiro de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, visitou esta mañá a Vila dos Viadutos para manter un encontro de traballo coa xunta directiva da Asociación de Empresarios de Redondela. Na reunión tamén estivo presente a tenente de alcalde do concello, María del Carmen Amoedo.  

 

O presidente e vicepresidente do colectivo, Enrique Lago e José Manuel Barbosa, respectivamente, trasladáronlle ao delegado diferentes asuntos de relevancia para o municipio en ámbitos tan diversos coma as infraestruturas, medio ambiente, emprego, comercio e turismo. No que respecta a estes últimos dous puntos, se fixo fincapé na sinalización e promoción do Camiño Portugués pola Costa e do comercio local coa potenciación e fomento do Centro Comercial Aberto de Redondela e doutros eixes comercias do municipio.

 

López-Chaves escoitou todas as súas consideracións e comunicoulles que a Xunta de Galicia comezará a instalar nas vindeiras semanas as placas e marcos que sinalizarán a Ruta Xacobea do Camiño Portugués pola Costa. Mentres, no que respecta aos temas comerciais, o delegado lembrou a existencia de diversas ordes de axuda da Consellería de Economía, Emprego e Industria que, tanto concellos coma centros comerciais abertos, poden solicitar para promoción e dinamización das zonas comerciais locais así coma para mercados ou prazas de abastos.

 

No transcurso do encontro, o delegado tamén puido coñecer máis polo miúdo a labor que este colectivo leva a cabo día tras día a prol do fomento empresarial, industrial, comercial, turístico e da hostalería de Redondela a través das diversas campañas e promocións que desenrolan nas diferentes épocas do ano.

 

Cursos de cociña Sede Afundación Vigo

cocineroAfundación ofrece unha completa proposta de cursos de cociña para o mes de marzo na sede de Vigo (Policarpo Sanz, 23). Os cursos incluídos nesta proposta son: «Cociñando polas tradicións de Al Ándalus», onde se profundará nas raíces da súa tradición culinaria, «Cociña para principiantes», «Cociña de sabores. Empratados de luxo» e «Curso de cociña para nenos» coa gastronomía italiana como protagonista. As encargadas de impartir estes cursos serán Monse Alonso e Adriana del Río Miranda. As inscricións pódense facer a través de Ataquilla.com ou no teléfono 902 504 500.

‘La patrulla canina’ Teatro Afundación de Vigo

descargaO Auditorio do Teatro Afundación de Vigo (Marqués de Valladares, s/n) acollerá o vindeiro sábado 4 de marzo a partir das 17.30 h o espectáculo musical infantil La patrulla al rescate, cos personaxes dos coñecidos debuxos animados de La patrulla canina como protagonistas. 

As entradas están dispoñibles na web Ataquilla.com ou ben no teléfono 902 504 500.

JOSÉ MANUEL REY VARELA SEGUE A COORDINAR AS SÚAS POLÍTICAS COS CONCELLOS PARA MELLORAR OS SERVIZOS DESTINADOS AOS GALEGOS

  • 11,30 h.-        O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá un encontro co alcalde de Meis, José Luis Pérez Estévez. No despacho do conselleiro.  foto xoán crespo 22/02/17

    11,30 h.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá un encontro co alcalde de Meis, José Luis Pérez Estévez. No despacho do conselleiro.
    foto xoán crespo
    22/02/17

    Ambos mandatarios analizaron a posibilidade de promover, na medida do posible, as infraestruturas sociais necesarias na localidade pontevedresa e repasaron as accións que a Xunta de Galicia leva a cabo no municipio como o SAF

 

Santiago, 22 de febreiro de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, continua coa súa quenda de encontros cos representantes locais dos municipios galegos cunha nova xuntanza de traballo co alcalde de Meis (Pontevedra), José Luis Pérez Estévez.

 

Na reunión, que tivo lugar no despacho do conselleiro en San Caetano, os mandatarios galegos abordaron os temas de índole social do concello pontevedrés e afondaron na cooperación entre ambas institucións co obxectivo de incrementar os contactos para mellorar a atención aos cidadáns.

 

Neste sentido, alcalde e conselleiro estudaron medidas para mellorar os servizos orientados á terceira idade, xuventude, infancia ou dependencia. Así mesmo, repasaron as accións que a Xunta de Galicia leva a cabo na localidade, nomeadamente o incremento de 116 horas no Servizo de Axuda no Fogar á Dependencia, o que supón un total de 602 horas das que se benefician 12 veciños e veciñas. Con este incremento, a ratio de atención sitúase no 99,29%.

 

Por outra banda, na reunión tamén contemplaron a construción dun centro social en Meis, un asunto que o conselleiro de Política Social comprometeuse a estudar polo beneficio dos veciños e veciñas da localidade.

 

Este encontro está enmarcado na liña de diálogo da Consellería de Política Social coas demais administracións públicas de Galicia para xuntar esforzos no ámbito social e optimizar os recursos autonómicos e locais para mellorar a calidade de vida da totalidade da poboación.