A XUNTA E O MINISTERIO DE FOMENTO CELEBRAN A PRIMEIRA XUNTANZA DA COMISIÓN SOBRE A AP-9, QUE SE REUNIRÁ CUNHA PERIOCIDADE MÍNIMA SEMESTRAL

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, e o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, reuníronse hoxe en Madrid co secretario de Estado de Infraestruturas, Julio Gómez-Pomar e cargos do Ministerioimg-20170222-wa0006

  • O Ministerio de Fomento confirmou a vontade de aplicar medidas para paliar o impacto do ruído nas zonas afectadas polas obras de ampliación da autoestrada en Redondela
  • Neste encontro acordouse solicitar ao Concello de Vigo unha proposta técnica para a remodelación da AP-9 na zona urbana de Vigo
  • Avanzou que o vindeiro mes de abril se prevé licitar as obras do acceso á Cidade da Cultura
  • A Xunta e Fomento farán seguimento das medidas adoptadas para evitar retencións nas áreas de peaxe nas épocas de máis tráfico

 

Madrid, 22 de febreiro de 2017.- A Xunta e o Ministerio de Fomento celebraron hoxe en Madrid a primeira xuntanza da comisión sobre a autoestrada do Atlántico, a AP-9, que se reunirá cunha periodicidade mínima semestral. A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, e o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, participaron na reunión, que se celebrou en Madrid, e estivo presidida polo secretario de Estado de Infraestruturas, Julio Gomez-Pomar, coa presencia doutros cargos do Ministerio de Fomento.

 

Dáse así cumprimento ao acordo acadado o pasado 31 de xaneiro entre o presidente da Xunta e o ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, que avanzaron a constitución da comisión sobre a AP-9 neste mes de febreiro.

 

Nesta xuntanza os representantes de ambas administracións abordaron tanto a situación das obras en marcha na autoestrada como os avances nas actuacións planificadas na AP-9. Neste sentido, o Ministerio de Fomento avanzou que no vindeiro mes de abril prevé licitar as obras do novo acceso á Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.

 

O Ministerio de Fomento tamén confirmou a vontade de aplicar as medidas precisas para paliar o impacto do ruído nas zonas afectadas polas obras de ampliación da autoestrada en Redondela.

 

Ademais, os responsables de ambas administracións abordaron a situación do treito urbano da AP-9 na cidade de Vigo e acordaron solicitarlle ao Concello da unha proposta técnica para a remodelación do ámbito.

 

No encontro tamén se estableceu que a Xunta e o Ministerio de Fomento realizarán un seguimento das medidas adoptadas para evitar retencións nas áreas de peaxe nas épocas do ano nas que se rexistra máis tráfico.

SAÚDOS, GABINETE DE COMUNICACIÓN DA CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: