JOSÉ MANUEL REY VARELA SEGUE A COORDINAR AS SÚAS POLÍTICAS COS CONCELLOS PARA MELLORAR OS SERVIZOS DESTINADOS AOS GALEGOS

  • 11,30 h.-        O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá un encontro co alcalde de Meis, José Luis Pérez Estévez. No despacho do conselleiro.  foto xoán crespo 22/02/17

    11,30 h.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá un encontro co alcalde de Meis, José Luis Pérez Estévez. No despacho do conselleiro.
    foto xoán crespo
    22/02/17

    Ambos mandatarios analizaron a posibilidade de promover, na medida do posible, as infraestruturas sociais necesarias na localidade pontevedresa e repasaron as accións que a Xunta de Galicia leva a cabo no municipio como o SAF

 

Santiago, 22 de febreiro de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, continua coa súa quenda de encontros cos representantes locais dos municipios galegos cunha nova xuntanza de traballo co alcalde de Meis (Pontevedra), José Luis Pérez Estévez.

 

Na reunión, que tivo lugar no despacho do conselleiro en San Caetano, os mandatarios galegos abordaron os temas de índole social do concello pontevedrés e afondaron na cooperación entre ambas institucións co obxectivo de incrementar os contactos para mellorar a atención aos cidadáns.

 

Neste sentido, alcalde e conselleiro estudaron medidas para mellorar os servizos orientados á terceira idade, xuventude, infancia ou dependencia. Así mesmo, repasaron as accións que a Xunta de Galicia leva a cabo na localidade, nomeadamente o incremento de 116 horas no Servizo de Axuda no Fogar á Dependencia, o que supón un total de 602 horas das que se benefician 12 veciños e veciñas. Con este incremento, a ratio de atención sitúase no 99,29%.

 

Por outra banda, na reunión tamén contemplaron a construción dun centro social en Meis, un asunto que o conselleiro de Política Social comprometeuse a estudar polo beneficio dos veciños e veciñas da localidade.

 

Este encontro está enmarcado na liña de diálogo da Consellería de Política Social coas demais administracións públicas de Galicia para xuntar esforzos no ámbito social e optimizar os recursos autonómicos e locais para mellorar a calidade de vida da totalidade da poboación.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: