A XUNTA DEFENDE A NECESIDADE DE CONTINUAR INCENTIVANDO O USO DAS VIVENDAS BALEIRAS EXISTENTES EN GALICIA

 

  • O director do Instituto Galego de Vivenda e Solo explicou no Parlamento as medidas da Xunta, fronte ás actuacións recadatorias que defende a oposición, a través de recargas no IBI
  • O Goberno galego propón que, no Plan de Vivenda 2018-2021, se regule o concepto de vivenda baleira

 

 

Santiago, 24 de febreiro de 2016.- A Xunta propuxo ao Ministerio de Fomento que, no próximo Plan de Vivenda 2018-2021, se regule a definición de vivenda baleira, co obxectivo de igualar as distintas definicións que existen respecto das vivendas desocupadas.

 

Na súa comparecencia no Parlamento de Galicia, o director do Instituto Galego de Vivenda e Solo, Heriberto García, explicou que esta proposta está incluída no escrito remitido pola Consellería ao Ministerio no pasado mes de xaneiro. García Porto respondía a unha pregunta sobre as xestións realizadas pola Xunta para que o goberno de España regulase dita definición para que os concellos que o desexen poidan aplicar recargas no IBI ás vivendas desocupadas.

 

O director salientou que “o Goberno autonómico prefire actuar a través de medidas positivas que incentiven a posta en servizo de ditos inmobles, en vez de empregar actuacións recadatorias, como son os recargas no IBI, que calificou como “pouco efectivo dende o punto de vista de dinamización do parque de vivendas baleiras”.

 

A política do Executivo autonómico aposta por convenios coa Sareb e entidades financeiras, o Censo de Vivendas Baleiras e o Programa de Vivendas Baleiras, que van dirixidos a poñer a disposición dos cidadáns, e de maneira moi especial dos máis desfavorecidos, vivendas desocupadas, ofrecendo incentivos aos propietarios das mesmas e axudas aos adxudicatarios.

 

García Porto remarcou que “o Programa de Vivendas Baleiras mobiliza o parque de vivendas desocupadas existentes en Galicia, calquera que sexa o seu propietario, para destinalas a alugueiro social, por iso este sistema desenvolvese en colaboración cos concellos, que son os encargados de incorporar os inmobles ao programa da Xunta, así como da adxudicación das mesmas, mentres a Consellería de Infraestruturas e Vivenda outorga garantías aos propietarios, a través dun seguro multirrisco fogar e un seguro de pago da renda e asistencia xurídica, que cubrirá as vivendas incorporadas ao programa durante o tempo que estean alugadas”.

 

Ademais, indicou que os adxudicatarios de vivendas do Programa de Vivendas Baleiras poden beneficiarse, se cumpren os requisitos establecidos, das axudas do Bono de Alugueiro Social.

 

O director do IGVS puxo o exemplo da cidade da Coruña, onde o prezo máximo do alugueiro de vivendas que se incluísen no Programa de Vivendas Baleiras é de 350 euros mensuais e a axuda do Bono de Alugueiro Social é de 200 euros mensuais, polo que a Xunta correría con máis do 50 % do custe do alugueiro durante un período máximo de tres anos.

 

Por outra parte, aclarou que “o Censo de Vivendas Baleiras recolle as vivendas desocupadas e en estado de habitabilidade propiedade das entidades financeiras e as súas inmobiliarias nos concellos de máis de 10.000 habitantes. A través deste Censo a Xunta coñece o número, situación e características das vivendas baleiras, o que permitirá planificar medidas axeitadas en cada caso”.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: