Exposición fotográfica ‘O Entroido no Porriño’

camaraMedio cento de fotografías que amosan o Entroido do Porriño nos últimos cen anos. Esa é a proposta da exposición fotográfica que se inaugura este venres, día 24, ás 8 da tarde no Centro Cultural Municipal, unha iniciativa que, ademais abre a programación das festas que seguirán con actividades diarias ata o 1 de marzo.

A exposición, que se poderá visitar ata o vindeiro día 10, está composta cunha escolma de imaxes pertencentes ao Arquivo Fotográfico Municipal e presentada en varios apartados, o ‘Entroido Antigo’, ‘Os disfraces de Coquín, o Universo Coquín’, ‘O Xogo da Ola’ e ‘A recuperación do Entroido’, que abrangue dende o ano 1987 ata a actualidade.

Dentro da exposición mesma hai unha importante cantidade de fotografías adicadas as disfraces de cativos. Aínda que as imaxes recollen todas as épocas, destacan especialmente as  máis antigas que permiten coñecer a evolución dos xeitos de disfrazarse dende 1920 ata a o día de hoxe e, ao tempo, os cambios na sociedade e na ‘fisionomía’ da propia vila no século transcorrido.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: