Archivo | febrero 24, 2017

A XUNTA REABRIRÁ AO TRÁFICO MAÑÁ ÁS 17 HORAS O TREITO DO CORREDOR DO MORRAZO, PECHADO PARA GARANTIR A SEGURIDADE DURANTE AS OBRAS DE DESDOBRAMENTO

  • A Consellería de Infraestruturas lémbralles aos usuarios desta estrada a importancia de respectar a sinalización das obras, así como de manter unha condución prudente
  • Neste momento estanse a desenvolver as obras do treito I e II, mentres as do tramo III están en proceso de contratación, co obxectivo de que comecen o vindeiro verán

 

Santiago, 23 de febreiro de 2017.-  A Xunta reabrirá ao tráfico mañá ás 17 horas o Corredor do Morrazo, poñendo fin ao período de peche no treito entre Rande e o enlace de Meira, que foi preciso para preservar a seguridade de traballadores e usuarios durante as voaduras necesarias para as obras de desdobramento.

 

A Consellería de Infraestruturas lémbralles aos usuarios desta estrada a importancia de respectar a sinalización das obras, así como de manter unha condución prudente. Neste sentido, cómpre recordar que nas vindeiras semanas seguirá sendo necesario realizar cortes puntuais por mor da realización de voaduras.

 

O Corredor do Morrazo permaneceu pechado ao tráfico desde o 2 de novembro ata o 21 de decembro, data na que se reabriu con motivo da operación especial activada pola Dirección Xeral de Tráfico con motivo do Nadal. Posteriormente, o 9 de xaneiro volveu a pecharse ao tráfico o mesmo treito.

  

A Autovía do Morrazo é a maior infraestrutura viaria que está a executar actualmente a Xunta de Galicia, e supón un investimento de máis de 50 millóns de euros. Neste momento estanse a desenvolver as obras do treito I e do treito II, mentres as do treito III están en proceso de contratación, co obxectivo de que comecen o vindeiro verán.clip_image002

LÓPEZ-CHAVES LEMBRA QUE A XUNTA DE GALICIA É A ADMINISTRACIÓN QUE “MÁIS FORZA” E “CAPACIDADE INVESTIDORA” TEN EN VIGO

O delegado territorial da Xunta relatou os grandes proxectos que están en execución neste momento na cidade coma son, por exemplo, a EDAR, a ampliación de colexios e institutos ou os traballos de rehabilitación no Casco Vello23022017_reunioncogami

  • Soamente as axudas da Risga lévanse 1 millón de euros ao mes para atender a veciños e veciñas da cidade olívica
  • Destacou a aposta pola ampliación do PAU de Navia, onde soamente na actuación de adquisición de terreos se invisten 10 millóns de euros
  • Hospital Público Álvaro Cunqueiro, estación intermodal, ampliación do Ifevi, os investimentos para a Plisan ou para a Autovía do Morrazo completan os 168 millóns de euros que a Xunta ten consignados para este ano 2017.

Real Filharmonía de Galicia no Teatro Afundación de Vigo

O Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) acollerá mañá ás 20.30 h un novo concerto da Real Filharmonía de Galicia. Con Paul Daniel como director, Laurent Blaiteau como frautista e José Vicente Faus como percusionista, a agrupación interpretará Carfish Row (Suite de Porgy and Bess), de George Gershwin; Sinfonía nº 9 en mi m, op 95 «Del nuevo mundo», de Antonin Dvoràk; e por primeira vez en España, Concerto para frauta, percusión e cordas de Daniel Schnyder.

Seminario sobre xestión do circulante Escola de Negocios Afundación en Vigo IESIDE

O Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa (IESIDE) organiza na Escola de Negocios Afundación en Vigo un novo seminario sobre xestión do circulante que será impartido polo profesor Ignacio Arellano Salafranca. O horario do curso desenvolverase o venres 24 entre as 16.30 e as 21.45 h e o sábado 25 de febreiro entre as 09.00 e as 14.15 h.

A XUNTA DE GALICIA PARTICIPA EN MADRID NA PRIMEIRA REUNIÓN DA COMISIÓN PARA A ANÁLISE DO SISTEMA DE ATENCIÓN Á DEPENDENCIA

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asistiu hoxe a este encontro que se celebrou na sede do Instituto de Maiores e Servizos Sociais (IMSERSO)

  • O obxectivo deste grupo de traballo e facer unha diagnose do sistema co fin de avaliar a súa adecuación ás necesidades das prestacións asociadas á dependencia
  • Galicia é unha das sete Comunidades Autónomas que forman parte desta comisión, cuxa posta en marcha acordouse na última Conferencia de Presidentes Autonómicos celebrada o pasado 17 de xaneiro
  • O Goberno galego propón a mellora do financiamento da dependencia, así como estudar a evolución das persoas beneficiarias e facer unha diagnose da dependencia en Españacomision-dependencia-madrid-2

 

Madrid, 23 de febreiro de 2017.-  O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, desprazouse hoxe a Madrid para asistir á reunión constitutiva da comisión para a análise da situación do sistema da dependencia, cuxa creación acordouse na última Conferencia de Presidentes Autonómicos celebrada o pasado 17 de xaneiro. Este grupo de traballo ten por obxecto analizar o estado actual do sistema, co fin de melloralo e avaliar a súa adecuación ás necesidades das prestacións asociadas á dependencia.

 

Galicia é unha das sete Comunidades Autónomas que forman parte desta comisión específica, xunto con Cataluña, Andalucía, Asturias, Aragón, Canarias e Castela e León. Así mesmo, tamén están integrados no devandito órgano o Secretariado de Estado de Servizos Sociais e Igualdade, o Secretariado Xeral e  a Dirección Xeral do Instituto de Maiores e Servizos Sociais (IMSERSO), a Secretaría Xeral de Financiamento Autonómico e Local do Ministerio de Facenda e Función Pública, e a Dirección Xeral de Relacións coas Comunidades Autónomas e Entes Locais do Ministerio da Presidencia e para as Administracións Territoriais.

 

Rey Varela explicou que o Goberno galego “participa nesta comisión co obxectivo de que serva para dar un impulso definitivo á atención á dependencia”. Ao respecto, avogou por un gran acordo de estado para atender o reto do coidado dos nosos maiores e persoas con discapacidade. Para iso, o conselleiro indicou que cómpre estudar os diferentes servizos que se prestan e o seu custo de acordo coas características que presenta Galicia en canto a porcentaxe de persoas maiores e dispersión, así como as posibilidades de emprego asociadas a eses servizos e o estudo de modelos de éxito doutras Comunidades Autónomas e doutros Estados.

 

O compromiso de todas as Comunidades Autónomas e do Estado adoptado por unanimidade é concluír no prazo de tres meses o informe técnico desta comisión para a análise da situación do sistema de Dependencia.

El Corte Inglés únese ao Premio Illa Nova de Narrativa co seu patrocinio

El Corte Inglés, a través de Ámbito Cultural, únese ao Premio Illa Nova de Narrativa co seu patrocinionota-de-prensa-premio-illa-nova
A Editorial Galaxia convocou o pasado 12 de xaneiro a primeira edición do Premio Illa Nova de Narrativa 2017 para autores e autoras menores de 35 anos co obxectivo de estimular a creación. El Corte Inglés súmase, co seu patrocionio, a este certame que quere axudar a abrir camiño a quen está comezando no mundo da literatura.
O premio, amais da contía económica de 3.000 euros, leva aparellado a publicación da obra na colección Literaria da Editorial Galaxia onde están grandes voces da literatura galega de hoxe e de sempre.
A Editorial Galaxia e El Corte Inglés coinciden na importancia de crear espazos para os novos valores, para o seu apoio e para a súa visibilidade. Por esta razón, a entrega do premio, que terá lugar o 6 de maio na Fundación Barrié de Vigo, será tamén unha posta en valor
das novas figuras noutras disciplinas. O acto contará con música e entregaráselle á persoa premiada unha escultura conmemorativa, en ambos os casos escolleranse valores novos representativos
deses eidos.
O Premio Illa Nova segue a estela da colección do mesmo nome que a Editorial Galaxia botou a andar hai 60 anos. Era 1957 e pretendían dar continuidade ao proxecto da editora a través das novas xeracións, sempre con vontade de renovación. Xohana Torres, Xosé Luís
Méndez Ferrín, Xosé Luís Franco Grande, Bernardino Graña, Camilo Gonsar, María Xosé Queizán ou Carlos Casares foron algúns deses novos valores que publicaron na colección onde saíron algunhas das principais obras do que se deu en chamar “Nova Narrativa Galega”.
Con esta mesma finalidade de abrir un camiño a quen está comezando no mundo da creación literaria, nace o Premio Illa Nova de Narrativa que patrocina El Corte Inglés por  compartir a mesma sensibilidade de apoio aos novos valores.
O prazo de entrega de orixinais remata o 31 de marzo e as bases poden consultarse na web da Editorial Galaxia. A decisión do xurado darase a coñecer en abril e o acto de entrega será o 6 maio, onde faremos unha festa da literatura con futuro.

Hoxe 24 DE FEBREIRO, PRESENTACIÓN DO LIBRO LA MEMORIA DEL FUEGO EN DETRÁS DO MARCO

Vigo, 23 de febreiro de 2017. O venres 24 de febreiro (20:00) celebrarase en Detrás do Marco a presentación oficial do guión de longametraxe cinematográfica  La memoria del fuego (Anagnórisis), de Iñaki Gil.cartel-24

Día: 24 de febreiro

Hora: 20:00 horas

Lugar: Detrás do Marco (R./ Londres, s/n)

AIMEN colabora en varias iniciativas de I+D+i que buscan soluciones tecnológicas innovadoras para sectores estratégicos gallegos

En estos proyectos participan, entre otras, empresas como GKN Driveline Vigo, Grupo Antolín – PGA, Balidea, Povisa, Roca Roibás, CyE, Mind, Syspro, Gamesa, Selmark, Nanoimmunotech y Pazo de Vadomiño; así como centros tecnológicos y grupos de investigación de las tres universidades gallegas.

  • Las iniciativas, enmarcadas en el Programa Conecta Peme impulsado por la Xunta de Galicia, buscan el desarrollo de materiales innovadores, novedosas tecnologías y metodologías de fabricación o tratamientos ambientales, sistemas robóticos; y la incorporación de monitorización y control de procesos productivos, entre otros.

laboratorio-de-materiales-avanzados-de-aimen-centro-tecnologico

Pie de foto: laboratorio de materiales avanzados de AIMEN Centro Tecnológico.