ABANCA e a Deputación de Pontevedra renovan o Plan Activamos cunha nova liña de crédito de 50 millóns

  • O importe comprometido incrementa nun 6% o volume financiado no marco do convenio anterior
  • O 95% do crédito concedido destinouse a financiar a pemes, micropemes e autónomos da provincia
  • O plan oferta este ano como novidade unha liña de financiamento a familias para a rehabilitación de vivendas en poboacións de menos de 20.000 habitantes
20170228-abanca-plan-activamos-pontevedra
Santiago Novoa e Carmela Silva explican aos medios de comunicación a nova liña de crédito do Plan Activamos.

 

20170228-abanca-plan-activamos-pontevedra-2
Carmela Silva e Santiago Novoa durante a firma do novo convenio do Plan Activamos en Pontevedra.

 

28-02-2017

ABANCA e a Deputación de Pontevedra renovaron esta mañá o Plan Activamos cunha nova línea de crédito de 50 millóns de euros para familias, pemes, micropemes, autónomos e corporacións locais da provincia. Este importe supón un incremento do 6% con respecto ao volume financiado no marco do último convenio.

Este programa financeiro xa permitiu, nos seus dous anos y medio de vixencia, impulsar o desenvolvemento económico e social da provincia con 116,8 millóns de euros mediante un total de 5.179 créditos ‘brandos’, destinados, principalmente, a proxectos de emprendemento, novos investimentos e circulante empresarial.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o director de Banca Institucional de ABANCA, Santiago Novoa García, foron os encargados de firmar o novo protocolo de colaboración que dá continuidade a un plan iniciado en xullo de 2014.

Carmela Silva agradeceu a ABANCA o esforzo financiero “que o pasado ano supuxo que 45 dos 47 millóns de euros financiados chegasen a pemes e autónomos. Foi fundamental para que estas empresas puidesen manter a súa actividade económica e, por conseguinte, o emprego”. A presidenta da Deputación tamén puxo en valor as novidades deste ano, os créditos para a rehabilitación de vivendas do rural e as axudas ás persoas con diversidade funcional para a compra de material ortopédico. “O compromiso e a sensibilidade social demóstrase con feitos”, dixo Silva, “e este novo convenio é boa proba diso”.

Pola súa banda, Santiago Novoa, manifestou que “as cifras acadadas ata agora demostran que o Plan Activamos está cumprindo con creces o seu obxectivo de mellora da competitividade da provincia e a súa contribución ao progreso socioeconómico das pemes, micropemes, autónomos, familias e corporacións locais”. “É un convenio vivo, dinámico, flexible, revisable tanto en prezos coma no importe de financiamento establecido; integrador e transparente, ademais de garante da inclusión financeira”.

O crédito amparado polo Plan Activamos conta cunhas condicións financeiras moi vantaxosas: tipos de xuro por debaixo do mercado, cero comisións de estudo, amortización ou cancelación anticipada; amplos prazos de amortización e posibilidade de carencia naquelas modalidades nas que o cliente necesita un prazo para situarse en condicións de xerar ingresos.

Proxectos financiables

Os principais beneficiarios do crédito do Plan Activamos son pemes, micropemes e autónomos. O programa oferta crédito para a posta en marcha de proxectos emprendedores, desenvolvemento de novos investimentos, creación de emprego, actuacións de mellora enerxética nos negocios e tamén cobre necesidades de circulante.

O 95% do financiamento concedido no marco do Plan Activamos dirixiuse a apoiar o tecido produtivo. Os créditos a pemes, micropemes e autónomos destináronse maioritariamente a financiar novos investimentos empresariais.

Para as familias, ABANCA oferta a través deste programa financeiro préstamos para a dotación de equipamento tecnolóxico, realización de actividades de formación, reformas no fogar que contribúan á mellora da accesibilidade ou a eficiencia enerxética, e adquisición de vehículos eficientes. Como novidade, o plan incorpora este ano unha liña de crédito para a rehabilitación de vivendas unifamiliares en poboacións da provincia de menos de 20.000 habitantes.

Finalmente, as corporacións locais poden optar no marco deste programa a préstamos para acometer pequenos investimentos municipais e para atender necesidades de tesourería.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: