MÁIS DE 100 USUARIOS E USUARIAS DOS CENTROS SOCIOCOMUNITARIOS DE COIA E BOUZAS CELEBRAN O ENTROIDO CUNHA XORNADA FESTIVA NO CASTELO DE SOUTOMAIOR

  • 28022017_entroidocscoiabouzas2O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, e a xefa territorial de Política Social, Marta Iglesias, compartiron con eles parte da xornada
  • A área territorial de Vigo conta cun total de 9 centros sociocomunitarios polos que pasan anualmente entre 9.000 e 10.000 usuarios aos que se lles ofrecen máis de 200 actividades de formación e animación sociocultural

 

Vigo, 28 de febreiro de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, xunto á xefa territorial de Política Social, Marta Iglesias, compartiu hoxe parte da xornada festiva que os usuarios e usuarias dos centros sociocomunitarios de Coia e Bouzas celebraron con motivo da Festa do Entroido.

 

Durante todo o día, máis de 100 persoas –usuarios habituais dos centros- disfrutaron do Castelo de Soutomaior, lugar elixido para pasar toda a xornada e para realizar as diferentes actividades que a directiva tiñan organizadas. Visita guiada ao castelo ou actividades ao aire libre completáronse con xogos e clases de baile que se levaron a cabo na carpa do lugar. Xantar e sobremesa con música en directo pechaba a xornada festiva que os dous centros sociocomunitarios da cidade olívica quixeron organizar con motivo destas datas.

 

A área territorial de Vigo conta cun total de 9 centros sociocomunitarios: tres en Redondela, Baiona e O Porriño mentres que no caso de Vigo cidade, existen 6. Rivera Atienza, Bouzas, Coia, Pi y Margall, Teis e O Calvario son as instalacións polas que, de media, soen pasar unhas 1.000 persoas ao ano para beneficiarse das súas actividades ou para disfrutar doutros servizos que se ofrecen coma a biblioteca, sala de xogos, ler a prensa, cafetería, servizos de podoloxía ou perruquería, etc.

 

En total, os 9 centros sociocomunitarios mobilizan entre 9.000 e 10.000 usuarios anuais aos que, de xeito global, se lles ofrecen máis de 200 actividades de formación e animación sociocultural. Trátase de centros de carácter polivalente, abertos a toda a pobación, dotados de recursos humanos, materiais e financeiros, nos que se fomenta o desenvolvemento de actividades de ocio e tempo libre dirixidas a propiciar a interrelación entre os distintos sectores de toda a poboación, cunha especial dedicación ás accións relacionadas coa prevención da dependencia e coa autonomía persoal. O obxectivo non é outro que axudar na mellora da calidade de vida e dun envellecemento activo, garantindo unha vida saudable, independente e segura na que se aposta polo enfoque preventivo como unha das ferramentas máis efectivas.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: