REY VARELA ESTUDA OS RETOS DA NOVA LEXISLATURA EN CANTO A REDUCIÓN DA EXCLUSIÓN SOCIAL COA REDE GALEGA CONTRA A POBREZA

  • 10,00 h.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá un encontro con membros da Rede Galega contra a Pobreza (EAPN-Galicia). No despacho do conselleiro.  foto xoán crespo 28/02/17

    10,00 h.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá un encontro con membros da Rede Galega contra a Pobreza (EAPN-Galicia). No despacho do conselleiro.
    foto xoán crespo
    28/02/17

    O conselleiro de Política Social retoma os encontros coas entidades para avanzar na Axenda Social, un documento que recolle medidas de apoio á renda, de abordaxe da pobreza enerxética e infantil, de atención á inclusión residencial ou de apoio á contratación de persoal para os servizos sociais municipais

 

Santiago, 28 de febreiro de 2017-. O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo hoxe no seu despacho de San Caetano un encontro cos representantes da Rede Galega contra a Pobreza (EAPN), no que valoraron os retos e propostas da nova lexislatura para avanzar cara á eliminación da pobreza e da exclusión social no Terceiro Sector Social galego. Na reunión tamén estivo presente o director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado.

 

Nesta liña, Rey Varela explicou a EAPN que o departamento autonómico está a retomar o contacto directo coas entidades para avanzar na Axenda Social aprobada pola Xunta de Galicia o ano pasado. E, ao fío, lembraba que se trata dunha proposta elaborada para garantir a atención das persoas e familias con menos recursos e que están nunha situación ou risco de exclusión social. Así mesmo, o conselleiro aproveitou o encontro desta mañá para trasladarlles a intención do seu departamento de impulsar neste ano un novo decreto da Lei de Inclusión (RISGA), e adquiriu o compromiso de avanzar na coordinación entre a administración autonómica e esta entidade. “Queremos que todos os habitantes de Galicia vivan nunha sociedade cunha igualdade real e efectiva no acceso ao benestar, e ese é un obxectivo que comparte co nós a Rede Galega contra a Pobreza, polo que sempre contarán co apoio da Xunta de Galicia”,  subliñou o conselleiro ao remate do encontro.

 

A Axenda Social Única de Galicia comprende respostas dirixidas a reducir a privación material das familias, con medidas de carácter material e monetario, e a mellorar o seu acceso e a oferta de atención nos servizos sociais, con medidas de carácter técnico, así como outras dirixidas a facilitar o seu acceso aos recursos residenciais. Deste xeito, contempla medidas de apoio á renda, como poden ser a RISGA, as Axudas de Inclusión Social, ou as Axudas de Emerxencia Social e Complementarias ás AIS, entre outras que dependen da Consellería de Política Social. Así mesmo, tamén recolle medidas de abordaxe da pobreza enerxética como o tícket eléctrico e o programa para evitar cortes de subministro eléctrico implantado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria. As medidas de atención á inclusión residencial tamén forman parte de Nova Axenda Social e nelas enmárcanse, entre outros, programas como Reconduce ou Aluga e o Bono de Aluguer Social (estes dous últimos dependentes do Instituto Galego de Vivenda e Solo).

 

A Axenda tamén inclúe outra serie de iniciativas dirixidas á promoción de programas e proxectos de Inclusión Social; medidas de atención á Dependencia como o Servizo de Axuda no Fogar (SAF); accións de abordaxe da pobreza infantil; o apoio á contratación de persoal especializado para os servizos sociais e municipais e o reforzamentos destes equipos; e medidas dirixidas a entidades de iniciativa social e de colaboración con outros axentes.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: