A XUNTA PON EN MARCHA NOVOS SERVIZOS TERAPÉUTICOS PARA PERSOAS CON ALZHÉIMER E OUTRAS DEMENCIAS NEURODEXENERATIVAS

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asinou hoxe os acordos para a ampliación destas prestacións en seis municipios de Galicia

O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, asinar‡ o acordo para a contrataci—n do servizo de estimulaci—n terapŽutica para persoas con Alzheimer e outras demencias neurodexenerativas en seis concellos galegos. Na sala de xuntas da Conseller’a.

O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, asinar‡ o acordo para a contrataci—n do servizo de estimulaci—n terapŽutica para persoas con Alzheimer e outras demencias neurodexenerativas en seis concellos galegos. Na sala de xuntas da Conseller’a.

  • O obxecto desta contratación é dar un novo impulso aos servizos asistenciais para persoas con esta doenza, incrementando un total de 60 novas prazas nos concellos de Santiago de Compostela, A Estrada, Marín, Tui, Ourense e As Nogais
  • O importe total de adxudicación ascende a 207.144 euros, dos que a Administración autonómica achega o 80% (165.816 euros), cubríndose o 20% restante a través da participación económica dos usuarios e usuarias dos servizos

 

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asinou esta mañá nas dependencias de San Caetano o acordo para a contratación, na modalidade de concerto, do servizo específico de estimulación terapéutica para persoas con alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas en seis concellos galegos. O obxecto desta contratación é dar un novo impulso á atención a este colectivo incrementando un total de 60 novas prazas nos municipios de Santiago de Compostela, A Estrada, Marín, Tui, Ourense e As Nogais.

 

O contrato está dividido en seis lotes, de acordo coa distribución xeográfica na que se presta o servizo, que atenderá a 10 novos usuarios e usuarias en cada un dos emprazamentos nos que se localiza e que contará con 45 horas mensuais por usuario, sumando así un máximo de 540 horas anuais. A finalidade destas novas unidades é ampliar a rede de cobertura, facendo especial fincapé na atención cando as persoas presentan os primeiros síntomas de alzhéimer e así poder actuar canto antes e, na medida do posible, previr e retrasar o avance da enfermidade.

 

O importe total da adxudicación deste contrato ascende a 207.144 euros, dos cales a administración autonómica achega o 80% (165.816 euros) e o 20% restante corresponde coa participación económica dos beneficiarios e beneficiarias do servizo, que xestionarán as seguintes entidades: en Santiago de Compostela, Servizos Asistencias Riazor; na Estrada, a Asociación Galega para a axuda dos enfermos con demencia tipo alzhéimer (AGADEA); en Marín, a Asociación de Familiares Enfermos de Alzhéimer de Pontevedra (AFAPO); en Tui, a Asociación de Familiares Enfermos de Alzhéimer e outras demencias de Galicia (AFAGA); en Ourense, a Asociación de Familiares Enfermos de Alzhéimer de Ourense (AFAOR); e nas Nogais, a Asociación de Familiares de Alzhéimer de Lugo (AFALU).

 

Rey Varela explicou que o envellecemento e a lonxevidade da poboación na Comunidade Autónoma, que se sitúa por riba da media nacional, motivan a necesidade de seguir desenvolvendo a Estratexia galega para a prevención e a detección precoz da dependencia e de completar a rede de recursos asistenciais para os maiores en situación de dependencia, e máis concretamente as persoas con alzhéimer. “Ninguén está libre de chegar a padecer alzhéimer, unha enfermidade que golpea o cerebro da persoa e o corazón das familias”, indicou o conselleiro, quen engadiu que “o Goberno galego e as entidades coas que asinamos estes concertos estamos ao carón dos que loitan por recordar e preocupámonos por mellorar no presente o futuro das persoas que padecen esta doenza”.

 

Por último, o titular autonómico de Política Social reiterou que as persoas maiores e dependentes son unha prioridade e de aí que a Xunta de Galicia continúe ampliando a rede de prazas asistencias e residenciais para este colectivo, así como a carteira de prestacións do sistema autonómico de dependencia con máis libranzas e máis horas dispoñibles do servizo de coidados no contorno familiar en todos os municipios.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: