SANTIAGO ACOLLERÁ O 8 DE ABRIL OS EXAMES DO PRIMEIRO PROCESO SELECTIVO PARA A DISCAPACIDADE INTELECTUAL DA HISTORIA DA XUNTA

  • Máis de 400 persoas participarán neste concurso-oposición
  • A Administración galega cubrirá seis prazas de ordenanza mediante este proceso
  • Na súa realización, a Xunta colabora coas organizacións Fademga e Down Galicia

 

Santiago, 1 de marzo de 2017.- O próximo 8 de abril iniciaranse en Santiago, no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, os exames do primeiro proceso selectivo da historia da Xunta de Galicia reservado exclusivamente a persoas con discapacidade intelectual. Un total de 429 persoas participarán neste concurso-oposición, a través do cal a Xunta cubrirá seis prazas de ordenanza na Administración galega.

 

Para realizar este proceso selectivo, a Consellería de Facenda está a colaborar con representantes de Down Galicia e da Federación galega de asociacións a favor das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento (Fademga), co obxectivo de facilitar a entrada deste colectivo na Xunta de Galicia.

 

Como peculiaridade, para levar a cabo este proceso foi precisa a colaboración da Consellería de Política Social e dos órganos equivalentes doutras comunidades autónomas na valoración dos informes sobre o tipo de discapacidade dos aspirantes.

 

Estas oposicións son as primeiras da historia da Xunta de Galicia que se reservan exclusivamente a persoas con discapacidade intelectual, co obxectivo de facilitar a inserción laboral deste colectivo na Administración autonómica, e terán continuidade na Xunta. De feito, a Oferta de Emprego Público (OEP) para 2016 xa incrementou o número de prazas ofertadas respecto ao ano anterior, ata chegar a 33 prazas. Delas, 17 son para celadores do Sergas, 12 para funcionarios subalternos e 4 para o corpo auxiliar (grupo C2).

 

Orientación e adaptación ao entorno laboral

Para facilitar a adaptación ao seu novo entorno laboral, a Xunta realizará accións de formación e orientación sociolaboral previas ao ingreso ou no ano de inicio da prestación de servizos na Administración galega, como accións de apoio ao desenvolvemento no posto de traballo ao longo da súa carreira profesional.

 

Entre as actuacións máis relevantes están a realización de cursos de formación específicos previos ao ingreso, que serán impartidos por persoal da Xunta co apoio de Fademga e Down Galicia. Prestarase tamén apoio no proceso de inserción e adaptación efectiva ao posto de traballo e ao entorno laboral. Ademais, farase un seguimento do desempeño da actividade laboral, con formación continua en competencias instrumentais, transversais e laborais.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: