Archive | marzo 2, 2017

Mañá 3 de marzo, recital de Graciela Baquero en Detrás do Marco

Mañá 3 de marzo, recital de Graciela Baquero en Detrás do Marco
cartel-sentimental

Mañá 3 de marzo (20:30 horas) Graciela Baquero Ruibal ofrecerá un recital de poesía en Detrás do Marco.

Graciela Baquero é unha xornalista e poetisa galega (Pontevedra, 1960) que dende moi pronto sentíu unha gran inquietude literaria que a levou a organizar talleres de poesía e a escribir.

O CONSELLO DA XUNTA APROBA AS EXPROPIACIÓNS PARA A EXECUCIÓN DUNHA SENDA PEONIL E CICLISTA PARA CONECTAR AS TRAVESÍAS DE AMOEDO E PAZOS DE BORBÉN, CUN INVESTIMENTO DE 220.000 EUROS

  • O Goberno galego licitará nas vindeiras semanas as obras do itinerario de 820 metros na marxe dereita da estrada PO-250
  • Esta actuación forma parte do Plan de Sendas de Galicia que prevé a execución de 9 actuacións na comarca de Vigo, sumando un total de 12,5 quilómetros de novos itinerarios, cun orzamento que supera os 4,3 millóns de euros clip_image002

 

Santiago, 2 de marzo de 2017.- O Consello da Xunta aprobou hoxe o Decreto polo que se declara a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de execución dunha senda entre as travesías de Amoedo e Pazos de Borbén, na que o Goberno galego investirá 220.000 euros.

 

A licitación do contrato de obras levarase a cabo nas vindeiras semanas e o levantamento de actas previas prevese para o terceiro trimestre de 2017.

 

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda executará unha senda na marxe dereita da estrada PO-250 (Redondela-Forzáns) de case 820 metros de lonxitude, que conectará as beirarrúas de Amoedo, no punto quilométrico 6+500, coas existentes no núcleo de Pazos (Pq. 7+320).

 

A base técnica desta actuación é o Proxecto de Construción redactado polo Executivo autonómico o pasado ano, que conta cun orzamento base de licitación que supera os 220.000 € e o investimento estimado para as expropiacións é de case 20.000 euros.

A sección tipo consta consta dun ancho de 4,4 metros, cunha senda de 2,5 m de ancho separada da calzada por cuneta de seguridade, unha zona axardinada mais os bordos de separación; salvo nos últimos 70 metros, na zona urbana de Pazos, na que a sección se reduce eliminando a cuneta e a banda vexetal. Como obra complementaria executaranse  dous muros de contención.

 

 

 

Coa execución desta senda existirá un itinerario peonil continuo nesta estrada nesta estrada entre Amoedo e Pazos de mais de 2 quilómetros, xa que estes núcleos urbanos xa contan con beirarrúas.

 

Plan de Sendas

Esta actuación forma parte do Programa de Sendas de Galicia, que executará 9 actuacións na comarca de Vigo, sumando un total de 12,5 quilómetros de novos itinerarios, cun orzamento que supera os 4,3 millóns de euros.

 

O Plan de Sendas de Galicia é unha iniciativa do Goberno galego que forma parte do Plan de Seguridade Viaria 2016-2020, e que ten como obxectivo desenvolver as infraestruturas necesarias para facilitar unha mobilidade segura e saúdable alternativa ao automóbil.

 

Actividades SmartPeme do Porriño ata finais de mes

O Punto SmartPeme do Porriño organiza este mes de marzo distintas sesións de capacitación tecnolóxica gratuitas que terán lugar no Multicentro de Torneiros.

As mesmas empezaron este xoves, día 2, ás 7 da tarde con “A túa páxina web con WordPress”; o martes, día 7, á mesma hora, “Desenvolve a túa propia estratexia de e-mail marketing”; o mércores, día 15, taén ás 7 da tarde, “Rendibiliza o teu perfil profesional aumentando seguidores en Facebook”; o xoves, día 23, “A túa información sempre á man: Almacenamento na nube”, e o luns 27 de marzo de 2017 ás 19:00h.”Xestiona o teu negocio dende o móbil”

Para asistir ós eventos, poden utilizarse as seguintes canles: chamar por teléfono ao  886 20 20 20; enviar un correo ao enderezo electrónico oporrino.smartpeme@depo.es ou entrar na web http://www.smartpeme.depo.es.

Sorteo Fase Final Copa da Raiña de Balonmán

balonmanEste venres, día 3 de marzo, o Concello do Porriño acolle –ás 12:30 h.- o sorteo da Fase Final da Copa da Raiña de Balonmán que se disputará nesta localidade do 29 de abril e o 1 de maio deste ano.

Nesta competición participarán, ademais do Club Balonmano Porriño, os combinados do Rocasa, Guardés, Granollers, Elche, Alcobendas, Málaga, e as actuais campionas do torneo, as integrantes do Balonmano Bera Bera de San Sebastián.

No acto de presentación  estarán presentes a alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, o presidente da Real Federación Española de Balonmán, Francisco V. Blázquez, as deputadas Chelo Besada e Montse Magallanes, o tenente de alcalde do Porriño e concelleiro de Deportes, Manuel Carrera, e o presidente da Federación Galega de Balonmán, Xosé Lois Pérez Ouro.

Afundación presenta a obra Lulú, de Paco Bezerra, en Pontevedra e Vigo

A obra teatral Lulú sairá á escena da man de Afundación e a súa Tempada de Teatro 2017 o sábado 11 de marzo no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) ás 20.30 h e o domingo 12 de marzo na Sede Afundación de Pontevedra (Augusto González Besada, 2) ás 19.30 h. A obra, escrita por Paco Bezerra e dirixida por Luis Luque, conta cun elenco formado polos recoñecidos María Adánez, Samuel Viyuela e David Castillo. 

As entradas pódense adquirir a través das canles habituais da entidade: na web Ataquilla.com ou ben no teléfono 902 504 500.  

LÓPEZ-CHAVES INFORMA DE QUE O CONSORCIO CASCO VELLO DE VIGO ADQUIRIRÁ DOUS INMOBLES MÁIS NA PRAZA DO BERBÉS PARA CONTINUAR COA REHABILITACIÓN DO BARRIO HISTÓRICO.

O delegado territorial da Xunta e presidente do CCVV, Ignacio López-Chaves, sinalou que as negociacións e a tramitación administrativa están “moi avanzadas”02032017_rpccvv

  • Estes dous edificios sumaranse aos xa adquiridos en Berbés 5 e os cedidos á Universidade de Vigo nos números 11, 13 e 15 da mesma praza
  • López-Chaves falou tamén en rolda de prensa da situación actual do Concello de Vigo sobre o Plan de Transporte Metropolitano e o proxecto da estación intermodal
  • Lembrou que “23 días despois” de ter a documentación enriba da mesa, o goberno local non publicou o anuncio co que se inicia o período de exposición pública, advertindo así do “retraso” que supón para a tramitación de todo o complexo.

Exposición solidaria mañana, viernes, a favor Banco de Alimentos de Vigo

Inauguración mañana, viernes día 3 a  las 20 horas Exposición “Centeno, Astilleros , Grúas y Puertos”, en Afundación Vigo calle Velázquez Moreno 18  La artista, Mónica Rodriguez Centeno, ha elaborado 150 camisetas solidarias estampadas con una de sus obras, todo lo que se recaude con la venta de las mismas será canjeado por comida para nuestra ONG. Varios voluntarios de la ONG estarán entregando las camisetas, a las personas que colaboren con al menos 5€ en la entrada de la muestra.cartel-exposicion-solidaria-banco-de-alimentos-vigo monica-centeno-y-vicepresidente-banco-alimentos-tito-badia

EL SALÓN DEL AUTOMÓVIL DE VIGO OCUPARÁ 25.000 M/2 Y CREA UN ÁREA NUEVA PARA EL VEHÍCULO COMERCIAL

sav2017-a4-3mm-hires-1Más de 7.000 m/2 del pabellón 3 del IFEVI se reservan para la exposición de vehículos ligeros y pesados para particulares, empresas y autónomos

El Salón del Automóvil de Vigo presenta como mayor novedad de cara a su XXVI edición, que se celebrará este año entre el 25 de marzo y el 2 de abril, la ocupación nuevamente de todo el espacio disponible en el Instituto Feiral de Vigo.

La feria se extenderá sobre 25.000 m/2 y abarcará todos los pabellones disponibles y parte del hall del recinto ferial, lo que supone recobrar así las cotas máximas de superficie de este certamen, el segundo más antiguo de España.

Como novedad en esta edición de 2017 figura una mayor presencia del vehículo comercial, que tendrá su propia zona destacada dentro de la superficie ferial, ocupando más de 7.000 metros cuadrados en el pabellón 3 y constituyéndose como un nuevo espacio con personalidad propia, frente a una presencia más discreta en ediciones anteriores.

Esta zona albergará modelos de 13 marcas y supone otro importante progreso dentro de la exposición del certamen, que abarca así nuevos segmentos del mundo de la distribución comercial en automoción, tras haber recuperado el espacio permanente para motocicletas en las últimas ediciones.

La gama de modelos de este nuevo segmento incluirá Vehículos Comerciales Ligeros (hasta 3.500 kg de peso bruto) y Vehículos de Mercancías Grandes (más de 3.500 kg), es decir, furgonetas y camionetas de diverso peso y tamaño, orientadas al transporte de mercancías o pasajeros. Incluso alguna marca puede tener presencia con algún vehículo industrial, como camiones, pues no se restringe su posible presencia.

Este nuevo espacio estará organizado al igual que el resto del certamen, asignando stands a cada marca, con asistencia de asesores comerciales, que facilitarán cualquier tipo de información sobre el vehículo en cuestión, y con la ventaja de poder comparar diferentes modelos, precios, características, ofertas y posibilidades financieras.

Como actuación especial para promocionar la nueva zona de vehículos comerciales, se establece como Jornada Profesional la sesión del jueves día 30 de marzo a partir de las 16:00 hs., de forma que todo el que se acredite con tarjeta de visita como autónomo o pyme podrá acceder gratuitamente al Salón del Automóvil.

O paro baixa en 154 persoas en xaneiro en Galiza, pero o número de contratos dispárase até os 62.323

 

  • As sucesivas reformas laborais aumentaron a precariedade e a rotación do emprego

 

O mes de febreiro rematou con 211.924 persoas rexistradas como paradas nas oficinas do Servizo  Público de Emprego Estatal (SEPE) en Galiza,  154 menos que en xaneiro, o que en termos porcentuais equivale a un descenso do 0,07%. Este dato contrasta co elevado número de contratos rexistrados neste período, 62.323, o que amosa claramente a cada vez maior rotación do emprego.

Na media do Estado o descenso do desemprego foi lixeiramente superior, atinxindo o 0,25%; en ambos os casos podemos falar de estancamento nas cifras, algo habitual no mes de febreiro. A nivel sectorial o tónica é moi semellante.

Esta pequena baixado do paro en febreiro Galiza  -154 persoas-  contrasta co elevado número de contratos rexistrados nese mes, 62.323, e co incremento da afiliación á Seguridade Social  en 2816 persoas. Esta aparente contradición tan só se pode explicar pola forte rotación e a escasa duración dos contratos; é dicir, que un mesmo posto de traballo sexa desempeñado por varias persoas ó longo do mes, o que aumenta a afiliación e a contratación,  pero apenas inflúe nas persoas paradas, xa que estas van rotando. Esta explicación é perfectamente factíbel se temos en conta o 35% dos contratos duran, de media, menos dunha semana.

Os datos amosan que se están a crear postos de traballo de moi escasa duración e con  xornadas parciais, compartindo un mesmo traballo varias persoas ao longo do mes, o que por un lado agrava a precarización do mercado de traballo, pero por outro maquilla as cifras de desemprego, permitíndolle ao  Goberno centrral falar de recuperación do emprego e non afrontar o grave problema existente.

Figura do traballador/a pobre

Neste senso, o secretario confederal de Emprego e Industria, Miguel Malvido, incide en que as sucesivas reformas laborais serviron unicamente para precarizar aínda máis as condicións laborais, sinalando a rotación como un dos principais problemas do actual mercado de traballo. Ademais, alerta sobre a consolidación da figura do traballador/a pobre  a causa do aumento da temporalidade e da perda de poder adquisitivo.

Diante disto, lembra que a CIG ten en marcha unha campaña de información e  mobilización centrada na recuperación de dereitos laborais e sociais “roubados coa escusa da crise económica” que ten como un dos principais obxectivos a derrogación de todas as contrarreformas aprobadas nos últimos anos.