O CONSELLO DA XUNTA APROBA AS EXPROPIACIÓNS PARA A EXECUCIÓN DUNHA SENDA PEONIL E CICLISTA PARA CONECTAR AS TRAVESÍAS DE AMOEDO E PAZOS DE BORBÉN, CUN INVESTIMENTO DE 220.000 EUROS

  • O Goberno galego licitará nas vindeiras semanas as obras do itinerario de 820 metros na marxe dereita da estrada PO-250
  • Esta actuación forma parte do Plan de Sendas de Galicia que prevé a execución de 9 actuacións na comarca de Vigo, sumando un total de 12,5 quilómetros de novos itinerarios, cun orzamento que supera os 4,3 millóns de euros clip_image002

 

Santiago, 2 de marzo de 2017.- O Consello da Xunta aprobou hoxe o Decreto polo que se declara a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de execución dunha senda entre as travesías de Amoedo e Pazos de Borbén, na que o Goberno galego investirá 220.000 euros.

 

A licitación do contrato de obras levarase a cabo nas vindeiras semanas e o levantamento de actas previas prevese para o terceiro trimestre de 2017.

 

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda executará unha senda na marxe dereita da estrada PO-250 (Redondela-Forzáns) de case 820 metros de lonxitude, que conectará as beirarrúas de Amoedo, no punto quilométrico 6+500, coas existentes no núcleo de Pazos (Pq. 7+320).

 

A base técnica desta actuación é o Proxecto de Construción redactado polo Executivo autonómico o pasado ano, que conta cun orzamento base de licitación que supera os 220.000 € e o investimento estimado para as expropiacións é de case 20.000 euros.

A sección tipo consta consta dun ancho de 4,4 metros, cunha senda de 2,5 m de ancho separada da calzada por cuneta de seguridade, unha zona axardinada mais os bordos de separación; salvo nos últimos 70 metros, na zona urbana de Pazos, na que a sección se reduce eliminando a cuneta e a banda vexetal. Como obra complementaria executaranse  dous muros de contención.

 

 

 

Coa execución desta senda existirá un itinerario peonil continuo nesta estrada nesta estrada entre Amoedo e Pazos de mais de 2 quilómetros, xa que estes núcleos urbanos xa contan con beirarrúas.

 

Plan de Sendas

Esta actuación forma parte do Programa de Sendas de Galicia, que executará 9 actuacións na comarca de Vigo, sumando un total de 12,5 quilómetros de novos itinerarios, cun orzamento que supera os 4,3 millóns de euros.

 

O Plan de Sendas de Galicia é unha iniciativa do Goberno galego que forma parte do Plan de Seguridade Viaria 2016-2020, e que ten como obxectivo desenvolver as infraestruturas necesarias para facilitar unha mobilidade segura e saúdable alternativa ao automóbil.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: