A XUNTA ADXUDICA AS OBRAS DE MELLORA DA TRAVESÍA ENTRE CHAPELA E VIGO, NA ESTRADA PO-323, NO CONCELLO DE REDONDELA, POR UN INVESTIMENTO DE PRETO DE 1,8 MILLÓNS DE EUROS

  • clip_image002Estas actuacións, que se levarán a cabo no treito comprendido entre os Pq. 0+840 e 1+840 da citada estrada, dispoñen dun prazo de execución duns 18 meses
  • As obras consistirán na primeira fase de reurbanización da estrada ao longo de 1 km e incluirán a renovación das beirarrúas, que serán ampliadas para facilitar o tránsito de peóns nesta zona do Mercado Municipal e da alameda
  • Tamén se actuará na intersección, onde se atopa o acceso a Pescanova, para facilitar a saída dos camións
  • Este proxecto contempla a mellora da totalidade dos servizos urbanos: a rede de abastecemento, saneamento, alumeado e canalizacións eléctricas

Santiago, 3 de marzo de 2017.- A Consellería de Infraestruturas e Vivenda vén de adxudicar as obras de mellora da travesía que vai de Chapela a Vigo, a PO-323, na rúa de Vigo, en Redondela, por un importe de preto de 1,8 millóns de euros.

A actuación foi adxudica á empresa Civis Global S.L.U e as obras, que comezarán previsiblemente no vindeiro mes de abril, teñen un prazo de de execución de18 meses.

 

As obras consistirán na primeira fase de reurbanización da estrada ao longo de 1 km e incluirán a renovación integral das beirarrúas, que serán ampliadas para facilitar o tránsito de peóns nesta zona que é moi concorrida, no contorno do Mercado Municipal e da alameda.

 

Este proxecto contempla a mellora da totalidade dos servizos urbanos: a rede de abastecemento, saneamento, alumeado, canalizacións eléctricas. Ademais tamén se actuará na intersección, onde se atopa o acceso a Pescanova, para facilitar a saída dos camións.

 

Cómpre lembrar que se trata dunha actuación, moi demandada e de grande importancia tanto para os veciños da rúa de Vigo, que contarán con beirarrúas máis anchas para facer os seus desprazamentos de xeito máis cómodo e seguro; como para os vehículos que cada día se achegan ata o mercado, que verán mellorado o acceso e reforzada a seguridade.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: