A XUNTA COMEZARÁ ESTE MES A CONSTRUCIÓN DUNHA ESCOLA INFANTIL DA REDE “A GALIÑA AZUL” NO CONCELLO DE A ESTRADA

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o alcalde de A Estrada reuníronse esta mañá nese concello cos responsables técnicos da obra

 

  • 03032017-reunion-consorcio-a-estradaA infraestrutura conta cun orzamento de preto de 800.000 euros, mentres que o prazo de execución dos traballos é de 12 meses
  • Contará con 74 prazas, o que suporá que a oferta de prazas sostidas con fondos públicos para nenos e nenas de 0 a 3 anos pasará de 132 a 206

 

A Estrada (Pontevedra), 3 de marzo de 2017.- A Xunta de Galicia comezará nas próximas semanas a construción dunha escola infantil para nenos de 0 a 3 anos no concello pontevedrés de A Estrada, que ofertará un total de 74 prazas e 5 unidades. Esta mañá, o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, e o alcalde de A Estrada, José Carlos López Campos, mantiveron un encontro nese concello pontevedrés con técnicos da adxudicataria (a UTE integrada polas empresas Petrolam e Galasur) e do propio Consorcio, co obxecto de concretar os detalles do inicio da actuación.

 

A reunión de hoxe supón un paso máis na concreción do proxecto, logo de que o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e o rexedor estrandese, asinaran o pasado 9 de agosto o convenio de colaboración para a posta en marcha desta nova infraestructura, que unha vez rematada pasará a formar parte da rede autonómica “Galiña Azul”, como centro xestionado polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

 

Xerente, alcalde e técnicos avanzaron no cronograma para a posta en marcha deste novo recurso de conciliación que conta cun orzamento de  777.504,86 euros e un prazo de execución de 12 meses, polo que a escola entraría en funcionamento no curso 2018-2019, malia que os pais/nais interesados xa poderán matricular aos seus fillos cando se abra o período ordinario de matrícula do ano que ven.

 

A futura escola infantil de A Estrada aumentará de 132 a 206 a oferta de  prazas sostida con fondos públicos nese concello para nenos e nenas de 0 a 3 anos, que conta na actualidade cunha escola infantil municipal de 102 prazas -co-financiada polo Goberno galego- e cunha escola de iniciativa social de 30 prazas. O incremento da oferta situará a ratio dese concello pontevedrés no 46%, moi por riba do 33% recomendado pola Unión Europea, rematando ademais coas listas de agarda (nomeadamente, nas quendas de mañá) que se rexistraban habitualmente na escola infantil de titularidade municipal.

 

O novo centro, que disporá dun total 1.200 metros cadrados (máis outros 1.200 para aparcamento, zona verde e unha pequena praza pública), estará situado nuns terreos cedidos polo Concello ao Consorcio en A Baiuca, con fronte á rúa Benito Vigo, nunha zona dotacional de recente urbanización, na que tamén se asentará un centro de saúde.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: