Violencia Zero

newsletter_porrinoPERFORMANCE DE ‘VIOLENCIA ZERO’ NO PORRIÑO, O VINDEIRO LUNS, DÍA 6 DE MARZO, PARA REIVINDICAR A IGUALDADE DE XÉNERO E CONCIENCIAR AOS CIDADÁNS DO PROBLEMA DA VIOLENCIA MACHISTA

‘Mulleres en acción: violencia zero 2016-2017’ é un proxecto de acción artística que se desenvolve no espazo público co fin de reivindicar a igualdade de xénero, concienciar a poboación do problema da violencia machista e, sobre todo, para tratar de unir forzas para loitar contra esta lacra presente na sociedade.

Esta edición recolle 25 accións de arte contemporánea nas súas diferentes modalidades (pintura, música, danza, teatro, poesía, graffiti ou performance), que se levarán a cabo ata novembro de 2017 en 25 concellos da provincia, O Porriño entre eles.

As actividades programadas pola Deputación de Pontevedra funcionarán como arma de visibilización e de reflexión, para promover una sociedade igualitaria entre homes e mulleres, sen discriminación nin violencia, cos mesmos dereitos e deberes.

Este luns, ao mediodía, organizado polo organismo provincial e o Concello do Porriño, na Praza de Antonio Palacios-ou no caso de que chova, no Centro Cultural Municipal-, terá lugar unha performance aberta á participación de todas as veciñas e veciños da vila, a cargo da artista Sandra Bejarano, que interpretará a peza “Non me queiras así”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: