Archive | marzo 5, 2017

Cursos de formación de árbitros e oficiais de mesa de Baloncesto no Concello do Porriño

firma-convenioO concelleiro de Deportes, Manuel Carrera, o presidente da  Federación Galega de Baloncesto (FGB), Francisco Martín-que estivo acompañado polo responsable de Relación cos clubs FGB en Vigo, José Luis Pérez- e o presidente do Club Porriño Baloncesto Base, José Carlos Ruíz Juane, asinaron un convenio de colaboración entre as tres entidades que permitirá a materialización de actividades de fomento da arbitraxe a levar a cabo en O Porriño ao longo deste 2017.

O Concello e Club Porriño de Baloncesto Base, xunto co Comité Galego de Árbitros,  emprenderán nunhas datas as tarefas de promoción dos árbitros e oficiais de mesa, buscando achegar esta imprescindible área do baloncesto a novos aspirantes a formarse na mesma.

O presidente da Federación Galega lembrou que foi no Porriño cando, en 1998, se fixo por primeira vez a proposta de formar árbitros e oficiais de mesa entre xogadores de 13 a 18 anos, para garantir que haxa xuices nos encontros das categorías inferiores e, ao mesmo tempo adquiran un mellor coñecemento do regulamento.

Manuel Carrera salientou  que para O Porriño, ao que se coñece coma o Concello do Deporte, é importante que “as rapazas e rapaces teñan capacidade de ampliar os seus coñecementos”, algo no que o Goberno local sempre contribuirá porque “canta máis formación, non so haberá máis categoría das competicións e, sen dúbida, os adestradores, os directivos e, por suposto, os xuices, oficiais e árbitros, son todos eles deportistas”.

A xuizo da Federación Galega de Baloncesto, este importante paso dado polo Concello de Porriño e o Club Porriño de Baloncesto Base completa o camiño xa emprendido por outros clubs galegos como Carmelitas Vedruna, Bosco Salesianos Ourense e ADM Peleteiro.

 

Mesa Redonda baixo o título ‘Políticas actuais sobre Igualdade e Violencia de Xénero en España”

A ALCALDÍA DO PORRIÑO ORGANIZA O VINDEIRO LUNS, DÍA 6, UNHA MESA REDONDA BAIXO O TÍTULO ‘POLÍTICAS ACTUAIS SOBRE IGUALDADE E VIOLENCIA DE XÉNERO EN ESPAÑA” CON TRES DESTACADAS REPRESENTANTES DO MUNDO DA XUSTIZA

A Alcaldía do Porriño organiza o vindeiro luns, día 6 de marzo, ás 7 da tarde no Centro Cultural Municipal, unha mesa redonda aberta á participación de todas as veciñas e veciños, apenas corenta e oito horas antes da celebración, o 8 de marzo, do Día da Muller, unha mesa redonda baixo o título ‘Políticas actuais sobre Igualdade e Violencia de Xénero en España”.

O Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade confirmaron un total de 16 asasinatos de mulleres a mans das súas parellas ou ex parellas no que vai deste 2017 e eles hai que sumar un caso máis que está en investigación.

Nos primeiros meses deste ano xa hai 5 asasinatos de mulleres máis que no mesmo período de 2016 e o mesmo número que en 2008, que  é o ano con máis crimes machistas da década, tanto no seu comezo coma no final: 2008 rematou con 76 vítimas do terrorismo machista.

Sobre iso falarán Lourdes Carballo Fidalgo, decana do Colexio de Avogados de Vigo, Paz Filgueira Paz, maxistrada do Xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo e Dolores Galovart Carrera, maxistrada do Xulgado de Familia de Vigo e Deputada no Congreso por Pontevedra.

IV Feria de Emprego

dsc_1149Hoxe, ás 11.00 da mañá, Mulleres en Igualdade de Vigo celebrou unha rolda de prensa con motivo da IV Feira de Emprego: Empregalia 2017 que se celebrará os días 10 e 11 de marzo na Estación Marítima de Vigo.
A Asociación de Mulleres en Igualdade de Vigo, organización non gubernamental de interés social, sen ánimo de lucro, adquiriu, hai catro anos, o compromiso de levar a cabo a organización
dunha feira de emprego en Galicia. Surxiu entón Empregalia, nas súas distintas edicións: a primera en 2013, a segunda en 2014, a terceira en 2015 e a cuarta, esta fin de semana, o 10 e 11 de marzo, un espazo no que as empresas de distintos sectores danse cita como oferentes de
emprego.
Nas distintas edicións de Empregalia, participan empresas e ONGS cun requisito imprescindible:un mínimo de dúas ofertas de emprego.
O resultado das edicións anteriores superou as expectativas, chegando a formalizarse 330 contratacións. Con esta acollida e dado o noso compromiso estamos preparando a IV Edición da Feira de Emprego de Galicia: “EMPREGALIA 2017”. Entre os seus obxectivos está:
 Poñer en contacto directo a demandantes e oferentes de emprego, mellorando así a intermediación.
 Orientar aos demandantes de emprego na búsqueda dun posto de traballo acorde ao seu perfil.
 Proporcionar ferramentas de mellora da empregabilidade.
 Fomentar a transparencia nos procesos de selección de persoal das empresas.
 Facilitar información sobre a oferta de formación para o emprego.
 Orientar ós mozos a enfocar a súa carreira profesional.
 Dar a coñecer os programas e iniciativas de fomento de emprego das Administracións
Públicas.
 Empoderar á sociedade cara a unha imaxe máis positiva da situación real de recuperación económica, que tradúcese nun crecemento do emprego.
 Crear postos de traballo e reducir os índices de desemprego.
 Publicitar ás empresas, organismos públicos e privados e a todas aquelas entidades que colaboran na nosa Feira, dando a coñecer o importante impulso de creación de emprego e a implicación do sector público e o privado.
 Apoiar o emprego xuvenil xa que a nosa publicidade facémola a través das redes sociais, fonte de búsqueda activa de traballo dos mozos.

Acordo de cooperación entre O Porriño e a Communauté de Communes du Fronsadais, na rexión francesa de Burdeos

img-20170302-wa0010Os concelleiros de Educación, Lourdes Moure, e de Limpeza, Orlando Vázquez, viaxaron á rexión francesa de Burdeos para organizar un irmanamento  coa Communauté de Communes du Fronsadais, entidade que integra a 18 concellos franceses cos que O Porriño quere establecer unha relación de cooperación en diferentes eidos.

Os dous concelleiros mantiveron xuntanzas con representantes deste organismo e cos alcaldes das vilas que forman parte do mesmo coa intención de estudar a posibilidade presentar un proxecto europeo conxunto en base a propostas educativas que permitan, nun primeiro paso, o intercambio de coñecementos entre estudantes e profesores  de Educación Secundaria.

A intención é que O Porriño poida desenrolar con Fronsadais proxectos semellantes aos que estes concellos de Burdeos xa teñen en marcha con rexións de China e Italia, e que abranguen ámbitos de tanto interese coma a educación, xuventude, cultura, economía, comercio, viticultura, alimentación ou turismo.

Nos vindeiros meses, representantes da Communauté de Communes du Fronsadais viaxarán a O Porriño para coñecer o Val da Louriña, concretar varias das propostas que estiveron en estudo nestes días, e decidir, de xeito conxunto os contidos do acordo de colaboración.