Archive | marzo 6, 2017

A XUNTA CLAUSURA EN REDONDELA O OOEE ECOSOSTIBLE II QUE OFRECEU FORMACIÓN E TRABALLO A 20 PERSOAS DESEMPREGADAS

  • 06032017_clausuraooeeredondelaEste programa mixto de formación e emprego contou con dúas especialidades: cantería e xardinería e agricultura ecolóxica
  • O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, xunto ao alcalde de Redondela, Javier Bas, comprobaron hoxe o resultado dos traballos feitos
  • Os 20 alumnos e alumnas traballaron na creación e colocación de mobiliario urbano dun novo xardín no entorno da praza da feira

 

Vigo, 06 de marzo de 2017.- A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, clausurou esta mañá no entorno da praza da feira de Redondela o obradoiro de emprego Ecosostible II, no que se ofreceu formación e traballo a 20 persoas desempregadas do municipio durante os últimos 6 meses.   

 

Este programa mixto de formación e emprego se centrou na realización de obras e prestación de servizos de interese xeral e social que posibilitaron un traballo que, xunto coa formación profesional para o emprego, procura a cualificación profesional e favorece a inserción laboral das persoas desempregadas que o realicen. Ademais, esta formación impulsa tamén o emprendemento, xa que os beneficiarios recibiron formación específica que lles pode permitir o inicio dos seus propios proxectos.

 

No caso concreto de Redondela, o obradoiro formou a 20 alumnos e alumnas nas especialidades de cantería (10 persoas) e xardinería e agricultura ecolóxica (10) durante os últimos 6 meses onde ademais de recibir formación tamén percibiron o salario mínimo interprofesional. O fin do obradoiro foi a formación nestas especialidades e, concretamente, os alumnos e alumnas levaron a cabo a colocación de bordos de pedra e mobiliario urbano decorativo no entorno da Alameda, así como o mantemento de xardíns e espazos verdes e o cultivo ecolóxico no Pazo de Pousadouro. Traballaron así na creación e colocación de mobiliario urbano dun novo xardín no entorno da praza da feira que esta mañá foi o escenario do acto de clausura do obradoiro.

 

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, xunto ao alcalde da Vila dos Viadutos, Javier Bas, participaron esta mañá na clausura. Tamén asistiron o xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Ignacio Rial, e a tenente de alcalde do municipio, Carmen Amoedo.

 

López-Chaves gabou o traballo feito no entorno da Alameda e felicitou aos alumnos e alumnas así coma ao persoal a cargo do curso, que estivo formado por un director, un titor, dous docentes e unha persoa administrativa de apoio. O delegado lembrou que estas iniciativas mixtas de formación e emprego trátanse dunha iniciativa que forma parte da Axenda 20 para o Emprego, coa que o Goberno galego está incrementando as oportunidades laborais dos galegos, e que ten por obxecto mellorar a empregabilidade dos desempregados mediante a realización de obras ou a prestación de servizos de interese xeral ou social que lles posibilite a realización dun traballo.

 

Ademais, a convocatoria deste ano –que xa saíu publicada no DOG- inclúe diversas novidades como a ampliación da duración dos obradoiros ata os 9 meses ademais de ter preferencia os beneficiarios da Renda de Integración Social de Galicia, as mulleres, en xeral, e as vítimas de violencia de xénero, os parados de longa duración, os maiores de 45 anos, aqueles alumnos que carecen de títulos universitarios ou de FP de grao superior e as persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.

A XUNTA DE GALICIA AMPLÍA AS VANTAXES DA TARXETA BENVIDA GRAZAS AO ACORDO DE ADHESIÓN SUBSCRITO CO GRUPO CUEVAS

A firma realizará un 3% de desconto en todas as compras realizadas nos puntos de venda Aquié, Aquí e Plenus aos titulares da tarxeta20170306adhesiongrupocuevastarxetabenvidai

  • Ademais, durante o primeiro ano de vida do bebé, subministrará ata 150 botellas de auga mineral en formato de litro e medio mais un pack de benvida personalizado co nome do neno ou nena
  • Esta incorporación forma parte do programa de extensión de beneficios da tarxeta e súmase a empresas como Supermercados Eroski Center, Hipermercados Eroski e Supermercados Familia e Mi Mueble BB.

 

A banca móbil de ABANCA encabeza as valoracións dos usuarios de aplicacións de entidades financeiras

  • A versión para terminais Android obtén unha nota media de 4,4 sobre cinco, fronte ás catro estrelas que acada na plataforma de descarga dos smartphones Apple
  • As novas funcionalidades incorporadas nos últimos meses permiten acelerar o uso entre os clientes da entidade, que xa é superior á banca electrónica a través do ordenador
  • Un de cada catro clientes da entidade é usuario habitual da aplicación, un 35% máis que hai un ano
  • A app xa permite acender ou apagar unha tarxeta, aprazar compras ata en 36 meses ou realizar un pago en calquera momento e lugar
20170306-abanca-banca-movil
Un usuario empregando a banca móbil de ABANCA.

06-03-2017

Os usuarios das aplicacións para smartphones das entidades financeiras españolas colocan abanca móbil de ABANCA como o servizo líder do sector. Trátase da opinión imparcial de miles de clientes que descargaron a app e deixaron a súa valoración nas tendas de aplicacións oficiais dos terminais Android e iOS.

Na páxina oficial de descargas dos terminais Android, Google Play, rexístranse máis de 21.000 valoracións á banca móbil de ABANCA. Un volume de cualificacións que dan como resultado unha media de 4,4 nunha escala de cinco puntos posibles. Ademais, case o 90% dos usuarios que cualificaron a app outórganlle polo menos catro estrelas e preto do 60% non dubidan en avaliar coa máxima puntuación.

Na tenda de aplicacións App Store, de uso exclusivo para dispositivos Apple, repítese o mesmo patrón. Neste caso, máis de 1.100 usuarios puntuaron a banca móbil cunha media de catro estrelas nunha escala de cinco.

Estes datos revelan que ningunha entidade financeira que opera en España supera a ABANCA en puntuación media que manifestan os usuarios dos dous sistemas operativos maioritarios no país. A banca móbil de ABANCA, que se desenvolveu de maneira íntegra en Galicia, é unha aplicación gratuíta e que permite aos clientes da entidade realizar múltiples operacións en calquera lugar e a calquera hora.

Boa acollida das novas funcionalidades

Son precisamente os desenvolvementos implementados nos últimos meses os que están a recibir unha mellor acollida por parte dos usuarios da aplicación. Unhas actualizacións da banca móbil lanzadas na segunda metade do pasado ano que impulsaron un incremento superior ao 35% do uso desta canle por parte dos clientes de ABANCA, para chegar por primeira vez aos 600.000 usuarios únicos en banca electrónica. O pasado mes de febreiro rexistráronse máis de 7,5 millóns de conexións e realizáronse máis de 40 millóns de consultas ou operacións.

Na actualidade, un de cada catro clientes xa é usuario habitual da aplicación e gran parte deles consultan ou realizan operacións a diario. O foco está posto en que a final de ano máis da metade dos clientes particulares activos de ABANCA utilicen a banca electrónica ou móbil.

Entre as principais novidades que achegou a banca móbil en 2016 destacan a creación e xestión de tarxetas virtuais, o aceso e apagado de tarxetas, o cambio de PIN, o acceso con pegada en terminais Android ou o adiamento de compras con tarxeta co novo servizo Applázame, entre outros.

As renovacións periódicas desta aplicación permiten aproveitar todo o potencial das actualizacións dos sistemas operativos. A banca móbil de ABANCA para terminais Apple foi a primeira do sector financeiro español en integrar as funcionalidades das novas versións de iOS, tanto para smartphones iPhone como para Apple Watch.

Esta aplicación da entidade financeira tamén logrou en 2015 o selo de accesibilidade universal que outorga ILUNION. Esta certificación garante que cumpre cos estándares de accesibilidade e que pode ser utilizada por persoas con calquera tipo de discapacidade, incluíndo a visual parcial e a cegueira.

XUNTA E SINDICATOS ACORDAN A INTEGRACIÓN DOS TRABALLADORES DO CONSORCIO GALEGO DE BENESTAR NO CONVENIO COLECTIVO ÚNICO DO PERSOAL LABORAL

  • 10,00 h.-   O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez García, xunto cos representantes das organizacións sindicais CIG, CCOO e UGT, asinarán o acordo para a integración do persoal do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar no Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia. Na sala de xuntas da Consellería foto xoán crespo 06/03/17

    10,00 h.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez García, xunto cos representantes das organizacións sindicais CIG, CCOO e UGT, asinarán o acordo para a integración do persoal do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar no Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia. Na sala de xuntas da Consellería
    foto xoán crespo
    06/03/17

    O acordo beneficiará a uns 1.800 empregados do Consorcio, que pasarán a ter as mesmas condicións laborais que o persoal laboral da Xunta

  • Estes traballadores aumentarán a súa retribución salarial ata equiparala á do persoal laboral, e neste 2017 xa percibirán os trienios
  • Os traballadores do Consorcio terán a mesma xornada que nos centros con persoal laboral, e accederán ás mesmas medidas para a conciliación
  • O acordo, subscrito por CIG, CCOO e UGT, foi ratificado por unanimidade polos cinco comités de empresa do Consorcio

 

Santiago, 6 de marzo de 2017.- Os conselleiros de Política Social e de Facenda, José Manuel Rey Varela e Valeriano Martínez García, respectivamente, e as organizacións sindicais CIG, CCOO e UXT asinaron hoxe o acordo para a integración do persoal do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar no convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia. Este concerto, que favorecerá a preto de 1.800 traballadores, é o resultado do diálogo entre a Administración autonómica e os sindicatos e foi ratificado por unanimidade polos cinco comités de empresa do Consorcio.

 

O acordo, en vigor dende o día 1 de xaneiro de 2017, permitirá a adhesión do persoal do Consorcio ao convenio único e, deste xeito, a equiparación salarial deste persoal. Os traballadores do Consorcio aumentarán de xeito progresivo as súas retribucións salariais ata equiparalas ás do persoal laboral da Xunta de Galicia nun prazo de cinco anos. Neste 2017, o acordo establece que este persoal xa recibirá o complemento por antigüidade e o abono de trienios.

 

Ademais, o persoal do Consorcio pasará a ter a mesma xornada de traballo que o persoal laboral adscrito ao convenio único da Xunta, dado que ata agora viña realizando unha xornada laboral lixeiramente superior. Xunto a isto, equipárase o réxime de permisos, licencias e vacacións para que o persoal do Consorcio acceda ás mesmas medidas para a conciliación da vida laboral e familiar que o resto do persoal laboral.

 

Máis emprego público

O acordo subscrito hoxe entre Xunta e sindicatos establece un incremento das prazas destinadas a servizos sociais nas ofertas de emprego público que aproba a Administración. Así, a Administración comprométese a que nas ofertas de emprego de 2017, 2018, 2019 e 2020 incluirase un mínimo do 20% das prazas cuxos postos de traballo estean no Consorcio, a través dos correspondentes procesos selectivos e de acordo coa normativa vixente.

 

Ademais, a contratación de persoal temporal para a cobertura de substitucións no Consorcio realizarase a través da lista para a contratación temporal de persoal laboral xa existente na Xunta. O acordo inclúe a apertura dun prazo extraordinario para a inscrición nesta lista.

 

O acordo establece o compromiso de iniciar os trámites para a funcionarización do persoal do Consorcio de todas as categorías, unha vez estean integrados como persoal laboral da Xunta de Galicia. Este proceso responde a unha demanda sindical e xa estaba establecido na Lei de Emprego Público de Galicia.

 

En canto á incorporación do persoal do Consorcio ao marco laboral único, hai dúas posibilidades. No caso de que o traballador do Consorcio desempeñe un posto de traballo cunhas características homologables a unha categoría profesional xa existente no convenio colectivo único, a adhesión realizarase nesta categoría. No suposto de que non exista unha categoría homologable no devandito convenio, a incorporación realizarase nunha categoría de nova creación que se incorporará ao novo convenio.

 

O persoal laboral fixo do Consorcio poderase integrar voluntariamente como persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, mentres que no caso do persoal temporal, a integración farase de oficio pasando a ser persoal laboral temporal da Xunta, nos mesmos postos de traballo para os que foron seleccionados e realizándose a oportuna novación do contrato laboral incorporándoo a Xunta de Galicia na categoría laboral correspondente.

 

Así mesmo, contémplase a inclusión no convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia de dúas novas categorías propostas pola Consellería de Política Social coas mesmas funcións que actualmente están a desempeñar no Consorcio: xerocultor/a e persoal de servizos xerais. En ambos casos coas funcións que xa veñen desempeñando no Consorcio e que se recollen nos correspondentes regulamentos de réxime interno das áreas de Benestar e de Escolas Infantís do Consorcio, por ser necesarias para o correcto funcionamento dos centros deste organismos.

 

La artista internacional Dayna Kurtz visitará Vigo la próxima semana

  • unnamedTras cinco años sin actuar en Galicia, Dayna ofrecerá junto a Robert Mache un concierto en La Fábrica de Chocolate el miércoles 15 de marzo y otro en el Teatro Jofre de Ferrol el jueves 16.
  • A lo largo de su carrera, Dayna Kurtz ha hecho dúos con Norah Jones y giras con Elvis Costello, Richard Thompson, B.B. King, Richie Havens, Rufus Wainwright, Keren Ann, Chris Whitley y The Blind Boys of Alabama.

 

6 de marzo de 2016. – Después de dar su último concierto en Galicia en el año 2012, la artista Dayna Kurtz vuelve a tierras gallegas para deleitar a su público con su vibrante directo en la ábrica de Chocolate de Vigo (15 de marzo).La artista estará acompañada del músico Roberto Mache para repasar todo su catálogo, pero de manera especial «RISE & FALL», su maravilloso último disco, y el directo del mismo que se edita en marzodirecto que editará durante este mes de marzo en Europa.

Dayna Kurtz, a la que parte de la crítica denomina la “Reina del Underground Americano“, visitará Galicia durante el próximo mes de marzo. La artista, que es portadora de una voz como muy pocas se pueden escuchar sobre el escenario, conjuga en cada disco lo mejor de la historia de la música de raíces norteamericana. Ha sido comparada en numerosas ocasiones con Nina Simone por unos, y con Tom Waits por otros debido a su estilo añejo, doloroso y punzante al mismo tiempo.

Las entradas para ambos conciertos se encuentran ya a la venta. El público interesado puede adquirirlas en la tienda Discos Elepé y en Ticketea en el caso del concierto Vigo, y en la taquilla del Teatro Jofre página web del Concello de Ferrol para el concierto de esa misma ciudad.

DISCOGRAFÍA
  • 1997 – Otherwise Luscious Life – live / (Deebles Music – OUT OF PRINT)
  • 2002 – Postcards From Downtown / (Kismet Records, US) – featuring ETHEL
  • 2003 – Love Gets in the Way / CD Single (Munich Records/Europe)
  • 2003 – Postcards From Amsterdam (Live in Concert DVD) / (Munich Records, Europe, Kismet, USA)
  • 2004 – Beautiful Yesterday / (Kismet Records, US) – featuring ETHEL
  • 2004 – The Beautiful Yesterday Sessions LIMITED EDITION EP / (Kismet Records US, online only)
  • 2006 – Nola / (Munich Records/Europe)
  • 2006 – Another Black Feather / (Kismet Records US)
  • 2009 – American Standard
  • 2010 – For the Love of Hazel: Songs for Hazel Dickens – Dayna Kurtz & Mamie Minch (6 tracks)
  • 2012 – Secret Canon Vol. 1
  • 2013 – Secret Canon Vol. 2
  • 2015 – Rise and Fall