Archive | marzo 8, 2017

PLAY-DOC INCLUYE TRES ÓPERAS PRIMAS Y UN ESTRENO MUNDIAL EN SU SECCIÓN OFICIAL / PLAY-DOC INCLÚE TRES ÓPERAS PRIMAS E UNHA ESTREA MUNDIAL NA SÚA SECCIÓN OFICIAL

El festival de Tui, que se celebra entre el 22 y el 26 de marzo, selecciona cinco títulos que toman el pulso al panorama internacional del cine documental

 

−El programa combina directores noveles y consagrados y toda una diversidad de temáticas y estilos provenientes de Portugal, Francia, Argentina, Italia y México

 

 

Tui, 8 de marzo de 2017. Cinco películas competirán este año en la sección oficial de Play-Doc Festival Internacional de Cine Documental, que se celebra entre el 22 y el 26 de marzo en Tui. Tres óperas primas y un estreno mundial se encuentran entre la selección de títulos que participarán en la competición oficial, con toda una variedad de temáticas y estilos de directores tanto consagrados como noveles provenientes de Portugal, Francia, Argentina, Italia y México.

Álvaro Nadal constata en Alemania la buena marcha de los nuevos productos turísticos españoles

* El ministro de Energía, Turismo y Agenda Digital ha visitado la feria internacional de turismo ITB Berlín y se ha reunido con los principales operadores turísticos del país

* España ha comenzado a dirigirse a un perfil de visitante más interesado por el turismo urbano, cultural, deportivo, medioambiental o de naturaleza. Las reservas de este tipo de turista se han incrementado más de un 10%

08.03.17. Los nuevos productos turísticos con los que España está diversificando su oferta están teniendo muy buena acogida entre el público alemán. Se trata de productos más sofisticados y que aportan valor añadido como el turismo urbano, cultural, medioambiental, deportivo o de naturaleza, tal y como ha explicado el ministro de Energía, Turismo y Agenda Digital, Álvaro Nadal, en una rueda de prensa posterior a su visita a la feria internacional de turismo ITB Berlín. Este tipo de reservas se han incrementado desde Alemania más de un 10% en esta temporada turística.

El ministro, acompañado por la secretaria de Estado de Turismo, Matilde Asián, y el director general de Turespaña, Manuel Butler, ha realizado esta mañana un recorrido por la feria y ha visitado diversos stands de varias comunidades autónomas o el de Turespaña. Con una superficie de 649 metros cuadrados, éste acoge a 12 comunidades y a 14 entidades y empresas españolas hoteleras, agencias de viajes y transportistas. Asimismo, el ministro ha conocido de primera mano el trabajo que están realizando startups tecnológicas españolas relacionadas con el turismo.

Álvaro Nadal ha acudido además a un almuerzo con los principales operadores turísticos del país y esta tarde mantendrá reuniones con el presidente de TUI Group, el principal turoperador mundial, y el de Thomas Cook Group, el principal turoperador en el mercado británico.

Nuevo perfil de turista

Pese a la coyuntura favorable que vive el sector turístico, éste se enfrenta a retos muy importantes y a un turista cada vez más exigente y crítico. En el caso del visitante alemán, que tiene a España como destino principal de vacaciones, hasta la fecha se ha caracterizado por su elevada estacionalidad (fundamentalmente de julio a septiembre) y la concentración geográfica. El objetivo es, según el ministro, dirigirnos a aquellos turistas que no sólo buscan sol y playa, sino a un perfil de visitante más sofisticado, de mayor valor añadido, y más interesado por el turismo cultural, urbano, las compras, la cultura, los museos, la enogastronomía y la vida nocturna.

Para ello, España tiene que ofrecer nuevos productos basados en la calidad y variedad de su oferta. Nadal ha señalado que España seguirá apostando por la renovación de los destinos maduros de sol y playa, ya que gozan de prestigio en el mercado alemán, pero ha destacado que existen destinos en el interior de nuestro país con una oferta muy atractiva para este nuevo perfil de turista.

Turismo alemán

Alemania es el tercer mercado emisor de España por número de llegadas internacionales, tan sólo por detrás de Reino Unido y Francia, y el segundo mercado en gasto. En el año 2016 nos visitaron cerca de 11,2 millones de turistas alemanes, lo que representa el 14,8% del total de turistas recibidos. Su gasto total fue de 11.078 millones, el 14,3% del total. Asimismo, los gastos medios por persona y día ascendieron a 990 y 118 euros respectivamente.

El país también se sitúa en segundo lugar en cuanto a pernoctaciones hoteleras, con un 22,8% del total. En 2016 se registraron crecimientos tanto en el flujo de turistas (+6,4%) como en el gasto (+5,3%) y en las pernoctaciones hoteleras (+6,6%).

A XUNTA PORÁ Á DISPOSICIÓN DAS FAMILIAS MÁIS DE 22.400 PRAZAS SOSTIDAS CON FONDOS PÚBLICOS EN ESCOLAS INFANTÍS DE 0 A 3 ANOS

Das devanditas prazas para o vindeiro curso escolar 2017-2018, preto de 10.000 están xestionadas directamente pola Consellería de Política Social

  • Un total de 123 novas prazas públicas entrarán en servizo no vindeiro curso 2017-2018 nos novos equipamentos de Arteixo- Río Tambre e Burela- Os Castros
  • Os pais e nais de nenos de 0 a 3 anos de idade terán de prazo entre o 9 de marzo e o 10 de abril para presentar as súas solicitudes de praza na rede pública de escolas infantís, que oferta un total de 9739 prazas
  • Como novidades principais para as escolas infantís da Axencia Galega de Servizos Sociais, a resolución contempla a apertura dunha escola por localidade nos diferentes períodos vacacionais
  • Por primeira vez, nas escolas da Rede Galiña Azul, poderase solicitar un traslado de centro dentro dun mesmo concello por motivos de cambio de domicilio ou lugar de traballo fóra dos prazos ordinarios.

 

A XUNTA INSPECCIONARÁ MAÑÁ CON DRONS O AVANCE DAS OBRAS DA PLATAFORMA LOXÍSTICA DE SALVATERRA-AS NEVES

Varios dispositivos tomarán fotografías aéreas de alta resolución a partir das 11 da mañá

 

 

  • Os traballos da primeira fase dos sistema xerais desta infraestrutura industrial están executadas no seu 70 %
  • O Consello da Xunta aprobou a pasada semana a licitación da depuradora que dará servizo ás empresas, que se publicará nos vindeiros días no DOG
  • Este mes procederase ao pago de algo máis dun millón de euros aos propietarios das fincas afectadas polas expropiacións de solo para o seu desenvolvemento

 

  • Este ano comezará a comercializarse o solo empresarial da plataforma en condicións competitivas: os primeiros  100.000 m2 ofertaranse a un prezo de 50 euros e coa opción de dereito de superficie

 

Santiago, 8 de marzo de 2017.- A Xunta de Galicia inspeccionará mañá mediante o emprego de drons o avance das obras que se están a  executar na Plataforma Loxística de Salvaterra-As Neves (Plisan). A partir das once da mañá varios dispositivos realizarán voos sobre a superficie do polígono para avaliar o progreso dos traballos que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda está a executar na primeira fase dos sistemas xerais desta infraestrutura industrial.

 

Eses traballos, que se atopan aproximadamente nun grao de execución do 70% consisten na construción das vías principais que vertebran os eixes norte-sur e este-oeste da Plataforma Loxística, xunto con todas as infraestruturas que darán servizo ás parcelas e que se desenvolven baixo estas vías.

 

Ata o momento executáronse as capas inferiores de cimentación das vías e os servizos xerais previstos como saneamento, abastecemento ou telefonía. Tamén se construíu un paso inferior baixo o cal discorrerá a vía que dará continuidade á zona de actividade loxística.

 

Paralelamente, o Consello da Xunta deulle luz verde a pasada semana á licitación da estación depuradora de augas residuais que dará servizo ás empresas que se instalen na Plisan e que suporá un investimento de 4 millóns de euros. Nos vindeiros días o Goberno galego publicará no Diario Oficial de Galicia o inicio do proceso de contratación deste equipamento.

 

Este mesmo mes, ademais, procederase ao pago, xa iniciado onte, día 7 de marzo, de algo máis de un millón de euros aos propietarios dos terreos afectados pola expropiación do solo para o desenvolvemento da Plataforma Loxística de Salvaterra-As Neves.

 

Avanzan así os traballos conforme ao cronograma establecido e que prevé que neste mesmo ano se inicie a comercialización do solo empresarial da Plisan en condicións atractivas e competitivas. Así, os primeiros 100.000 m2 ofertaranse a un prezo de 50 euros e coa opción de dereito de superficie.

 

 

MÁS DE 200 PERSONAS ASISTEN A LA CELEBRACIÓN DE LA FESTIVIDAD DE SAN JUAN DE DIOS EN HC SAN RAFAEL

El evento comenzó con una eucaristía oficiada por D. Luis Quinteiro Fiuza, Obispo de la Diócesis Tui- Vigo, en la que ensalzó la figura del fundador de la Orden de los Hermanos de San Juan de Dios.

▪     Usuarios, familiares y personal del Centro, así como diversas autoridades, encabezadas por el Alcalde de Vigo, Abel Caballero, disfrutaron de una exhibición del Cuerpo de Bomberos de la ciudad, que comparte patrón con la Orden a la que pertenece la entidad.

 

Pies de fotos

Foto 1: Eucaristía solemne oficiada por el Obispo de la Diócesis Tui – Vigo, D. Luis Quinteiro Fiuza

Foto 2: Actuación del grupo de gaitas de HC San Rafael y exhibición del Cuerpo de Bomberos de Vigo

 

XVI Edición de Merca na Rúa

Merca na Rúa ofrecerá artigos rebaixados “ata nun 80%”, subliñou este mércores a xerente da Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (ACIPOR). Noelia Conde, xunto co concelleiro de Comercio , Marcelino Coto, presentou este mércores a XVI edición desta cita que, coma subliñou o concelleiro, “é xa unha referencia dentro e fora da nosa vila”.

Un total de 19 establecementos ofrecerán artigos deportivos, complementos, calzados, productos de óptica, roupa para cativos ou confección,de 10 da mañá a 9 da noite, ininterrompidamente o sábado, e de 11 da mañá a 8 da tarde,o domingo, cunha rebaixa nos prezos do 50, 60, 70 e mesmo o 80%.

Marcielino Coto indicou que Merca na Rúa estará aberta na zona peonil do Porriño o sábado, e se trasladará ao Parque do Cristo, o domingo, día no que coincide coa disputa da Interrunning-Concello do Porriño.

O concelleiro, quen reafirmou o apoio do Goberno local a esta “estupenda iniciativa de ACIPOR”, lembrou que haberá todo un programa de actividades para as nenas e nenos, “para que os seus país e avós poidan comprar con tranquilidade”, entre elas inchábeis, na Praza de Antonio Palacios.

Coto, quen invitou a todo o mundo a achegarse ao Porriño esta fin de semana, comentou que o Concello asume, tamén, os custes de alumeado, megafonía, limpeza, colocación de probadores, as atraccións para os pícaros e a “vixianza de seguridade dos postos, para que os expositores non teñan que recoller e desmontar os seus stands pola noite”.

A XUNTA DE GALICIA PÓN EN MARCHA A SEXTA EDICIÓN DO PROGRAMA DE FOMENTO DO VOLUNTARIADO “PASAPORTE SOLIDARIO”

  • O obxectivo desta iniciativa pasa por promover os valores da solidariedade, participación e compromiso social entre toda a comunidade educativa
  • A edición deste ano conta coa participación de 1339 alumnas e alumnos de ata 12 anos repartidos en 22 centros educativos das catro provincias galegas

 

Oroso (A Coruña), 8 de marzo de 2017.- A Xunta de Galicia vén de anunciar a posta en marcha dunha nova edición do programa de fomento do voluntariado “Pasaporte Solidario”. Unha iniciativa que alcanza a sexta edición e que vai dirixida a toda a comunidade educativa galega. Nomeadamente, pais,nais, profesorado e alumnado de ata doce anos. En total tomarán parte na edición deste ano 1339 alumnos e alumnas de 22 centros educativos das catro provincias galegas. Así o anunciaba esta mañá a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, no transcurso da visita realizada ao CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés de Sigüeiro, un dos centros educativos  que participa este curso 2016-2017 nesta experiencia.

 

“Pasaporte Solidario” é unha iniciativa  cuxo obxectivo pasa por promover os valores de solidariedade, participación, compromiso social e voluntariado ao tempo que favorece a implicación dos máis pequenos. E o fai a través da súa participación activa  e do traballo en equipo. Deste xeito, as persoas voluntarias que queiran participar recibirán un documento a modo de pasaporte que irán cubrindo a medida que vaian realizando accións solidarias. Aquelas persoas voluntarias que rematen satisfactoriamente o seu itinerario de solidariedade reciben un documento acreditativo que recoñece a súa participación no programa.

No presente curso 2016-2017, repiten participación neste programa os centros La Salle de Ferrol, o IES Blanco Amor de Ourense, o CEIP Os Casais de Ares, o CEPS Nuestra Señora del Rosario de Arzúa, o CEPS San Narciso de Marín,o IES de Beade de Vigo, o IES David Buján de Cambre e o IES Castro Alobre de Vilagarcía de Arousa; e sumáronse  a esta iniciativa os colexios Rías Altas e Hogar Santa Margarita de A Coruña, o IES Pintor Colmeiro de Silleda, o CEIP Randufe de Tui, o CEIP de Laredo de Chapela, o CEIP Condesa de Fenosa de O Barco de Valdeorras, o CEIP de Quiroga, o Colexio San Fermín de Caldas de Reis, o CEIP Plurilingüe nº1 de Tui, o CEIP Areouta de Fisterra, o CEIP o Ruxidoiro de Barbadás, o CEIP Barrantes de Tomiño,o CEIP Plurilingüe Santa Rita de Viveiro e o CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés de Sigüeiro.

Con este proxecto a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado ofrece unha programación para que os mozos e mozas galegos teñan a posibilidade de desenvolver un itinerario voluntario completo e continuo, que comeza na educación infantil e primaria co Voluntariado Miúdo: “Móvete”, segue co “Pasaporte Solidario”, dirixido a mozos de ata 12 anos; continúa coa Rede de Centros Solidarios para estudantes de Educación Secundaria; e complétase co Servizo de Voluntariado Xuvenil, que se prolonga ata os 30 anos.  E, ao fío, Cecilia Vázquez apuntou que dos 1339 pasaportes solicitados, 921 son do Nivel 1; 291 do Nivel 2 e 127 do Camiño de Santiago, unha nova modalidade introducida o curso pasado e que está orientado a achegar información e apoio aos peregrinos da Ruta Xacobea. “En Galicia apostamos pola creación dunha comunidade de mozos e mozas comprometidas, menos indiferentes, máis abertos e que saiban dende pequenos que as ideas sinxelas e as accións, por pequenas sexan, poden contribuír positivamente na sociedade”, declarou a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado durante a súa visita ao centro educativo coruñés

A CIG chama a mobilizarse, este 10 de Marzo, para derrotar as contrarreformas e recuperar os dereitos

 

  • A central convoca protestas en todas as comarcas do país para conmemorar o Día da Clase Obreira Galega
  • En Vigo haberá unha manifestación dende A Dobrada ás 20.00h

 

 

VIGO/08-03-2017

A CIG conmemorará o vindeiro 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega, con mobilizacións en Vigo, Ferrol, Lugo, Ourense, Vilagarcía, Pontevedra, Santiago e Cee. Unha data reivindicativa na que a central dálle continuidade á campaña posta en marcha no mes de decembro que se desenvolve baixo o lema “2017, un ano de loita. Recuperemos os nosos dereitos”.

 

A mobilización de Vigo foi presentada esta mañá en rolda de prensa polo secretario comarcal da CIG, Alberto Gonçalves, que explicou que a manifestación sairá da Dobrada ás 20.00 horas e rematará a carón da farola de Urzaiz. Gonçalves fixo un chamamento ao conxunto da clase traballadora da bisbarra a participar nunha protesta orientada a “frear a ofensiva do capital e dos Gobernos do PP para precarizar as nosas condicións laborais”.

 

O responsábel sindical lembrou que “a loita é o único camiño” para recuperar os dereitos que “nos foron roubados coa escusa da crise económica” e asegurou que sobran motivos para saír á rúa unha vez máis: desemprego, empobrecemento, desertización industrial, etc. “Temos que esixir unha mudanza radical destas políticas criminais que provocan desafiuzamentos, pobreza e suicidios”, indicou. No que respecta á bisbarra, alertou de que atravesa unha “situación límite”, con máis de 80.000 persoas nun desemprego que vai camiño de volverse “crónico”.

 

Segundo sinalou, os efectos das reformas laborais dos diferentes gobernos do PSOE, e máis destacadamente do PP, afectaron enormemente ás nosas condicións de vida e de traballo. A pobreza hoxe está relacionada co traballo en precariedade.

 

Principalmente, a reforma laboral do ano 2012 do PP está causando estragos nos dereitos laborais conquistados en tantos anos de loita. A precariedade hoxe significa as facilidades no despedimento, a contratación temporal, parcial, as ETT. Todo isto permite que as empresas obriguen a traballar máis horas sen pagar e baixen ilegalmente os salarios dos convenios. En definitiva para nós, traballarmos máis e cobrarmos menos. Este era o obxectivo da reforma laboral do PP. Hoxe sabemos que o Estado español é o único caso no que a suma dos salarios da clase traballadora descendeu nestes 6 últimos anos un 11%.

 

Contrariamente, no resto da UE os salarios subiron por encima do 9% nos casos de Alemaña e Francia e do 4,45% en Portugal. Os salarios que perdemos, que “nos roubaron” en tan pouco tempo, pasaron a mans dos ricos (o capital), que incrementaron a súa riqueza neste mesmo período en máis do 18%.

 

A explotación da clase traballadora é máis brutal na actualidade con estas leis, con estas reformas, e xa non lles abonda con roubarnos os dereitos no traballo, senón que tamén queren roubarnos as nosas pensións.

 

Hoxe o PP non ten maioría no Parlamento; por tanto, a continuidade destas leis que atacan os nosos dereitos dependen daqueles que permiten que gobernen. O resultado final dependerá da resposta social da clase traballadora, da mobilización na rúa. Sempre na historia, gañamos os nosos dereitos coa loita.

 

Así foi tamén en marzo do 72, en que a clase obreira galega nunha situación represiva con centos de persoas detidas e dous traballadores mortos, Amador e Daniel, se enfrontou para gañar un futuro digno, que hoxe volve estar seriamente ameazado.

 

HORARIOS DAS MOBILIZACIÓNS

 

-Vigo: manifestación dende o cruce da Dobrada ás 20.00 horas.

-Ferrol: ofrenda floral no monumento 10 de Marzo ás 12.00 horas e manifestación dende o local da CIG (Avenida de Esteiro) ás 20.00 horas.

-Lugo: manifestación dende o local da CIG (Ronda da Muralla) ás 20.00 horas.

-Ourense: manifestación dende a Subdelegación do Goberno ás 19.30h até a Praza Maior.

-Vilagarcía: concentración na Praza de Galiza ás 20.00 horas.

-Pontevedra: concentración na Praza da Peregrina ás 20.00 horas.

-Santiago: manifestación dende a Praza Roxa ás 20.00 horas.

-A Coruña: manifestación dende a fábrica de Brens (Cee) ás 19.30h até a Praza do Concello.

A XUNTA PORÁ Á DISPOSICIÓN DAS FAMILIAS MÁIS DE 22.400 PRAZAS SOSTIDAS CON FONDOS PÚBLICOS EN ESCOLAS INFANTÍS DE 0 A 3 ANOS

  • Das devanditas prazas para o vindeiro curso escolar 2017-2018, preto de 10.000 están xestionadas directamente pola Consellería de Política Social
  • Un total de 123 novas prazas públicas entrarán en servizo no vindeiro curso 2017-2018 nos novos equipamentos de Arteixo- Río Tambre e Burela- Os Castros
  • Os pais e nais de nenos de 0 a 3 anos de idade terán de prazo entre o 9 de marzo e o 10 de abril para presentar as súas solicitudes de praza na rede pública de escolas infantís, que oferta un total de 9739 prazas
  • Como novidades principais para as escolas infantís da Axencia Galega de Servizos Sociais, a resolución contempla a apertura dunha escola por localidade nos diferentes períodos vacacionais
  • Por primeira vez, nas escolas da Rede Galiña Azul, poderase solicitar un traslado de centro dentro dun mesmo concello por motivos de cambio de domicilio ou lugar de traballo fóra dos prazos ordinarios

 

Lugo, 8 de marzo de 2017.- A Xunta de Galicia porá a disposición dos pais e nais galegos de nenos e nenas de 0 a 3 anos no vindeiro curso escolar 2017-2018, 22.439 prazas sostidas con fondos públicos en escolas infantís. Esta cifra supón que, un ano máis, a Comunidade Autónoma superará a ratio aconsellada pola Unión Europea situándose nun 38% de cobertura, o que supón un punto máis que o ano pasado. Delas, 9739 son prazas públicas en centros xestionados directamente pola Consellería de Política Social, tal e como recollen as resolucións para a adxudicación de prazas para o curso 2017-2018 publicadas hoxe no Diario Oficial de Galicia.

 

A rede de escolas “A Galiña Azul” dependentes directamente da administración autonómica estará formada no próximo ano escolar por 166 escolas –entre as que xestiona a Axencia Galega de Servizos Sociais e as do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar- e sumará 123 prazas máis coa apertura de dous novos centros: a escola infantil de Arteixo- Río Tambre, que ofertará 82 prazas, e a de Burela- Os Castros, que ofertará 41.

 

Como novidades principais da resolución da Axencia Galega de Servizos Sociais –para as súas escolas-, contémplase a apertura dunha escola por localidade nos diferentes períodos vacacionais de Nadal e Semana Santa independentemente da demanda existente. Elimínase a necesidade de ter unha demanda mínima de 15 nenos/as para a súa apertura nestes períodos. Cómpre destacar tamén que ata este momento era preciso a xustificación baseada en motivos laborais ou enfermidades graves, mentres que a partir de agora, nos casos de enfermidade admitirase  calquera motivo de saúde que impida o coidado da nena ou do neno. Ademais, por primeira vez, neste caso tanto nas escolas xestionadas pola Axencia, como nas dependentes do Consorcio, existirá a posibilidade de solicitar un traslado de centro dentro dun mesmo concello por motivos de cambio de domicilio ou lugar de traballo e fóra dos prazos ordinarios.

 

Así o indicaron a directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización demográfica, Amparo González, xunto co xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, quen realizaron unha visita á Escola Infantil Nuestra Señora del Sagrado Corazón (Lugo), da Rede Galiña Azul. No transcurso da mesma, e con motivo do Día Internacional da Muller, lembraron que as escolas infantís e todos os recursos de conciliación postos en marcha pola Xunta de Galicia contribúen á incorporación e continuidade da muller no mercado laboral e á compatibilización da vida familiar e profesional.

 

A atención á infancia, o apoio ás familias e favorecer a conciliación é unha das liñas estratéxicas da Xunta e as escolas infantís son un dos piares fundamentais para facer máis doado que os pais e nais poidan compaxinar a vida laboral, familiar e social.

 

Prazas financiadas con fondos públicos

Ademais, esta rede autonómica complétase coas prazas para nenos e nenas de 0 a 3 anos que están sostidas con recursos públicos da Xunta de Galicia nos centros educativos dependentes de entidades de iniciativa social -con 2623 prazas-, coas prazas concertadas –nesta convocatoria ofértanse 424-; a través do Bono Concilia, que outorgou ata a data preto de 2600 axudas; e das Casas Niño, que poñen a disposición das familias 150 prazas.

 

Así mesmo, a este listado hai que engadir as prazas en escolas infantís municipais e as que xestionan entidades como o Sergas e as Universidades. Deste xeito, a rede galega de escolas infantís disporá de 22.439 prazas no vindeiro curso, unha cifra que resulta da suma de prazas públicas das escolas infantís que dependen directamente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e da Axencia Galega de Servizos Sociais, máis aquelas nas que participa no seu financiamento a Xunta de Galicia.

 

Presentación de solicitudes

Segundo recolle o Diario Oficial de Galicia, os interesados teñen desde o 9 de marzo ata o 10 de abril (ambos incluídos) para presentar as solicitudes de adxudicación de praza nas escolas infantís. As listaxes provisionais de admitidos e de agarda, publicaranse o 9 maio e poderanse consultar nas propias escolas infantís onde se solicitara a praza, así como nas páxinas web da Consellería de Política Social, http://politicasocial.xunta.gal, e do Consorcio www.igualdadebenestar.org. Toda a información relativa ás resolucións  publicadas hoxe no DOG pódense consultar nos seguintes enlaces:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170308/AnuncioG1342-020317-0001_gl.html e https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170308/AnuncioG0379-020317-0001_gl.html

 

MAXÏMO PARK NUEVA CONFIRMACIÓN PARA ATLANTIC FEST

Maximo Park actuará en Atlantic Fest junto a los ya confirmados Los Planetas, The Temper Trap, Joe Crepúsculo, Rosalía y Raül Refree y Os Amigos dos Músicos. Muchos grupo más por confirmar.

“Risk to Exist” es el sexto álbum de la banda de Newcastle, que será publicado el 21 de abril.

El primer single que da título al disco, es una mordaz introducción a su contenido. Tres minutos y medio de perfección indie punk elaborada alrededor de una batería que atrapa, imponentes coros y un ruego a la humanidad y compasión inspirada por la respuesta de Occidente hacia la crisis migratoria. Un grito a la compasión que enmarca en su estribillo la precariedad de la vida.

Descrito por Paul Smith, líder del grupo, como “Un disco sobre empatía. Algunas canciones son simplemente mensajes de solidaridad y otras fluyen con rabia contra el elitista orden establecido de la sociedad británica”.
Musicalmente las canciones reflejan influencias que tiran más hacia el soul o el groove, permitiendo más espacios para arreglos que  trabajos anteriores.

El nuevo disco cuenta con la co-producción, junto a la propia banda, de Tom Schick (Beck, Wilco…) y ha sido grabado completamente en directo.
Mimi Parker, de los aclamados Low, ha colaborado poniendo voces en cinco temas del disco, incluido el primer single “Risk To Exist”.

Con cerca de dos millones de discos vendidos y 4 álbumes que han alcanzado el Top 10 Británico, Maximo Park se subirá, el 1 de julio, al escenario Son Estrella Galicia de Atlantic Fest