Presentación XI Interrunning-Concello do Porriño

O vindeiro domingo día 12 de marzo, O Porriño será a capital do atletismo popular de Galicia: ao redor de 2.500 atletas tomaran a saída, dende as 10 e media da mañá, na XI Interrunning-Concello do Porriño, un récord de participación, segundo salientaron este martes os seus organizadores durante a presentación da proba.

A participación é un 25% superior á edición do ano pasado, na que participaron- en todas as categorías, de cativos á competición absoluta- 1.956 corredores.Esta edición presenta varios atractivos e curiosidades: unha homenaxe á muller deportista, que se reflicte no feito de que hai 600 corredoras, o dobre que en 2016; un percorrido de 5 quilómetros, a metade do oficial, que “posibilitará a participación de máis deportistas”; a actuación dun grupo musical ou a presencia na proba de 24 presos da cárcere de A Lama, todos eles de terceiro grao, dos cales 13 serán voluntarios na organización da carreira e 11 tomarán a saída na mesma.

Un ano máis, a ‘Interrunning-Concello do Porriño’ lembra o seu compromiso con ‘SOS Porriño’ e o feito de que cada un dos participantes na proba deportiva debe traer para participar na mesma un quilo de comida non perecedoira que será entregada a esta ONG.  

Na presentación o concelleiro de Deportes e tenente de alcalde do Porriño, Manuel Carrera, lembrou que o Concello colabora, ademais de cunha achega económica, coa implicación de varias concellerías, “a de Deportes, Vías e Obras, Limpeza ou Seguridade, que fan posible a disputa da proba”.

Pola súa banda, a alcaldesa, Eva García de la Torre, que pechou o acto, agradeceu aos organizadores da Interrunning que “axuden a poñer a O Porriño no calendario do atletismo popular con esta proba que es xa unha das máis importantes de Galicia”.

A rexedora amosou a súa satisfacción polo feito de que esta edición renda unha homenaxe á muller, “non hai que esquecer que as atletas están competindo a moi alto nivel”, e comprometeu o apoio do Concello para as vindeiras edicións.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: