Archive | marzo 14, 2017

Babel, de González Iñárritu, no ciclo Cine e Lingua da Universidade de Vigo

Aprázase o comezo da Mostra Internacional de Teatro Universitario a próximas datas

 

Vigo, 14 de marzo de 2017.- O ciclo Cine e Lingua programado pola Universidade de Vigo, proxecta mañá a película Babel do director Alejandro González Iñárritu. Protagonizada por Brad Pitt, Cate Blanchet, Gael García Bernal, Adriana Barraza e Koji Yakusho, forma parte da triloxía da morte do realizador mexicano, precedida por Amores perros e 21 gramos.   

Babel gañou o Globo de oro á mellor película dramática no ano 2007 e foi candidata a sete premios Óscar, entre eles mellor película e mellor director. Finalmente só conseguiu o premio na categoría de mellor banda sonora.

A película comeza cando dous nenos marroquís están a probar o rifle do seu pai ferindo de gravidade a unha turista americana (Cate Blanchet). O suceso provocará unha serie de consecuencias noutras partes do mundo: na vida dunha adolescente xorda que vive en Tokio e nunha neneira mexicana que vive en Estados Unidos.

Por outra banda, aprázase  o comezo da Mostra Internacional de Teatro Universitaria de Vigo, Miteu, que estaba previsto para mañá coa representación de Don Giovanni a cargo do grupo da Comedia da Arte da ESAD de Vigo. Nos próximos días, comunicarase a nova data. Forman este ano a Miteu un total de seis obras.

Babel

Alejandro González Iñárritu, 2006

Data:    Mércores, 15 de marzo

Hora:   20.00 h  //  Entrada libre e gratuíta ata completar aforamento

   Lugar:  Edificio Cambón. Rúa Oliva, 3. Casco Vello. Vigo

               

A XUNTA DE GALICIA APOSTA POLA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES PARA AS PERSOAS CON SÍNDROME DE DOWN

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, inaugurou hoxe en Santiago a xornada sobre os dereitos das persoas con discapacidade

O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, asistir‡ ao acto de inauguraci—n das xornadas O desaf’o dos dereitos das persoas con discapacidade.

  • O encontro está organizado pola Universidade de Santiago de Compostela, o Valedor do Pobo e a Federación Down Galicia
  • O responsable da área social do Goberno galego subliñou que o obxectivo do seu departamento é que “todos os colectivos, especialmente aqueles que pasan maiores necesidades, melloren a súa calidade de vida”

 

Santiago, 14 de marzo de 2017.- O conselleiro  de Política Social, José Manuel Rey Varela, inaugurou hoxe a xornada sobre o desafío dos dereitos das persoas con discapacidade organizada pola Universidade de Santiago de Compostela, o Valedor do Pobo e a Federación Down Galicia. Alí, Rey Varela insistiu na condición de iguais das persoas con síndrome de Down e sinalou que “temos que procurar a igualdade de oportunidades, con independencia dos pares de cromosomas que teñamos”.

 

A xornada –celebrada na facultade de Dereito do campus santiagués- conta con diferentes relatorios relativos ao novo paradigma dos dereitos das persoas con discapacidade, á modificación do Código civil en materia de protección e apoio deste colectivo e ao dereito de sufraxio activo e pasivo no marco da participación democrática. Ademais, tamén se convocou unha mesa redonda sobre o presente e o futuro dos dereitos destas persoas na que participou a directora xeral de Maiores e Persoas con discapacidade, Fabiola García.

 

No marco deste encontro, o responsable da área social do Goberno galego subliñou que o obxectivo do seu departamento é que “todos os colectivos, especialmente aqueles que pasan maiores necesidades, melloren a súa calidade de vida, só así teremos unha sociedade igualitaria”. Neste sentido, aludiu á modificación da Lei de servizos sociais de Galicia o pasado ano e ao concerto social que se está a desenvolver na actualidade. “É evidente que temos que respectar as leis pero en moitos casos temos leis inxustas que non se adaptan á realidade social e cando iso pasa, debemos aproveitar a capacidade lexislativa da administración para modificalas”, afirmou Rey Varela.

 

Así mesmo, o titular autonómico destacou que o ano pasado, por primeira vez, persoas con síndrome de Down realizaron prácticas  formativas na administración autonómica ao abeiro dun proxecto piloto de realización de actividades e de aprendizaxe e integración asinado entre a Xunta de Galicia e a Fundación Down Compostela.

 

En síntese, o conselleiro sentenciou que o conxunto da poboación “debemos de ser solidarios, xa que non se trata tanto de que as persoas con discapacidade se adapten para integrarse na sociedade, senón que é a sociedade quen as ten que incluír”.

 

Mañana actuará en Vigo la artista internacional Dayna Kurtz

  • Tras cinco años sin actuar en Galicia, Dayna ofrecerá junto a Robert Mache un concierto en La Fábrica de Chocolate.
  • La artista está considerada por la crítica una de las voces más originales, profundas y emocionantes de la música estadounidense.
  • A lo largo de su carrera, Dayna Kurtz ha hecho dúos con Norah Jones y giras con Elvis Costello, Richard Thompson, B.B. King, Richie Havens, Rufus Wainwright, Keren Ann, Chris Whitley y The Blind Boys of Alabama.

 

14 de marzo de 2016. – Después de dar su último concierto en Galicia en el año 2012, la artista Dayna Kurtz vuelve mañana miércoles 15 de marzo a tierras gallegas para deleitar a su público con su vibrante directo en La Fábrica de Chocolate de Vigo. La artista estará acompañada del músico Robert Maché para repasar todo su catálogo, pero de manera especial “RISE & FALL”, su maravilloso último disco, y el directo del mismo que se editará durante este mes de marzo en Europa.

Dayna Kurtz, a la que parte de la crítica denomina la “Reina del Underground Americano“, visitará Galicia durante el próximo mes de marzo. La artista, que es portadora de una voz como muy pocas se pueden escuchar sobre el escenario, conjuga en cada disco lo mejor de la historia de la música de raíces norteamericana. Ha sido comparada en numerosas ocasiones con Nina Simone por unos, y con Tom Waits por otros debido a su estilo añejo, doloroso y punzante al mismo tiempo. Robert Maché, por su parte, fue uno de los componentes de los ya desaparecidos Continental Drifters: un muy especial grupo de rock en el que compartió formación con componentes de Bangles, dBs, The Dream Syndicate o los Cowsill

‘Las chicas del calendario’ na Sede Afundación de Vigo

Comeza o ciclo de cine «Mulleres» na Sede Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 24) e a primeira película proxectada será Las chicas del calendario mañá mércores 15 de marzo ás 19.00 h. A entrada é libre e gratuíta ata completar a capacidade.

Todos os filmes que conforman este ciclo contan cunha temática que xira en torno ás mulleres e as súas preocupacións, loitas, sentimentos, rebeldías, soños e valores, as súas diferentes maneiras de entender a vida e a relación que teñen coa sociedade.

Abonos da segunda parte Tempada Teatro Afundación Vigo

Afundación pon á venda a partir de mañá os abonos para a segunda parte da Tempada de Teatro 2017 en Vigo. A programación desta segunda parte confórmana as obras Misterios del Quijote, dirixida e protagonizada por Rafael Álvarez; El contador del amor, con Norma Ruiz, David Mora e Antonio Zabálburu; e El padre, unha reflexión sobre a vellez protagonizada por Héctor Alterio.

Os abonos estarán dispoñibles ata o día 11 de abril e todas as compras poden realizarse a través das canles habituais de venda de Afundación, en Ataquilla.com e a través do teléfono 902 504 500. Ademais do aforro que supón o abono, un 20 % con respecto aos prezos das entradas individuais, a fundación galega ten en marcha unha política de bonificacións e descontos para desempregados, xubilados e mozos que supón unha rebaixa adicional dun 10 %. A totalidade das funcións terán lugar no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13).

A XUNTA CONVOCA AS PROBAS PARA ACADAR A AUTORIZACIÓN PARA EXERCER COMO TRANSPORTISTA POR ESTRADA TANTO PARA MERCADORÍAS COMO DE VIAXEIROS

  • Estes exercicios distribuiranse en dúas convocatorias que terán lugar entre o 1 de abril e o 11 de xuño e o 30 de setembro e o 26 de novembro deste mesmo ano
  • A presentación de solicitudes deberanse facer no prazo de 10 días hábiles a partir de mañá, día 15 de marzo e na segunda convocatoria, do 31 de xullo ao 18 de agosto, amos días incluídos
  • O lugar, data e hora dos exames serán acordados polo tribunal e publicados no DOG cunha antelación mínima de quince días naturais á data escollida

 

Santiago, 14 de marzo de 2017.- A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria para as probas para acadar a autorización para exercer de transportista por estrada, tanto para mercadorías como de viaxeiros. Estes exercicios distribuiranse en dúas convocatorias que terán lugar entre o 1 de abril e o 11 de xuño e o 30 de setembro e o 26 de novembro deste mesmo ano. Para obter máis información desta convocatoria pódese consultar o seguinte enlace: https://goo.gl/ad1hPh.

 

Tal como establece a orde da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, as persoas que cumpran os requisitos para presentarse poderán facelo en calquera das convocatorias o nas dúas, tanto na modalidade de xestor de transporte para empresas con mercadorías como a de viaxeiros. A presentación de solicitudes deberanse facer no prazo de 10 días hábiles a partir de mañá, día 15 de marzo e na segunda convocatoria, do 31 de xullo ao 18 de agosto, amos días incluídos.

 

O lugar, data e hora dos exames serán acordados polo tribunal pertencente á Dirección Xeral de Mobilidade e publicados no DOG cunha antelación mínima de quince días naturais á data escollida. A proba constará, dunha parte práctica e outra teórica e terá unha duración total de 4 horas, dúas para cada unha delas.

 

A sede electrónica da Xunta ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitarlles a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio.

El Ministerio de Energía, Turismo y Agenda Digital recibe a los sindicatos para hablar del sector del carbón

* El secretario de Estado de Energía invita al diálogo a los representantes de los mineros

13.03.17. El secretario de Estado de Energía, Daniel Navia, se ha reunido hoy con representantes del carbón de los sindicatos UGT, CCOO y USO para abordar la situación de la minería del carbón.

En la reunión se ha acordado mantener un diálogo abierto hacia futuro para poder analizar la situación del sector. También se ha destacado el papel fundamental que debe jugar el carbón en el sistema energético español y la necesidad de debatir propuestas para el futuro del carbón y, en particular, su papel en el mix energético.

Asimismo, se ha abordado la función del carbón como respaldo de las energías renovables. Tal y como afirmó el ministro de Energía, Turismo y Agenda Digital en la Comisión de Energía del Congreso del pasado 27 de enero, se ha señalado su contribución para atenuar las oscilaciones de precios ante subidas en las cotizaciones de las materias primas, como la ocurrida en enero pasado con el gas natural.

El actual marco de actuación 2013-2018 para la minería del carbón nacional contempla mecanismos de apoyo de la actividad minera, así como la protección social para los trabajadores afectados por el cierre de explotaciones mineras no competitivas.

A XUNTA DE GALICIA SINALIZA O CAMIÑO PORTUGUÉS DA COSTA AO SEU PASO POLO CONCELLO DE OIA CON 28 MOUTEIRAS OFICIAIS

Vigo, 13 de marzo de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, e o xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela, xunto á alcaldesa do Concello de Oia, Cristina Correa, e varios membros do seu equipo de goberno, asistiron esta tarde á colocación dunha das primeiras mouteiras oficiais que sinalizan o Camiño Portugués da Costa ao seu paso polo municipio na contorna do Mosteiro de Santa María de Oia.  

 

En total, no Concello de Oia colocaranse un total de 28 mouteiras das 81 que teñen os 150 quilómetros do tramo galego desta Ruta Xacobea que ven de ser recentemente recoñecida coa aprobación, no Parlamento galego, da Lei de Patrimonio de Galicia. O Camiño Portugués da Costa ven de dar así un paso máis garantindo, coa nova sinalización que comezou a colocarse hai uns días no Concello de Baiona, a seguridade dos peregrinos que a transiten facilitándolles o seu traxecto. Nos vindeiros días, o Xacobeo continuará coa colocación do resto das mouteiras nos demais concellos polos que atravesa a nova Ruta de Peregrinación a Santiago de Compostela.

 

A XUNTA INCREMENTA NUN 65% O APOIO ECONÓMICO AO SERVIZO DE ATENCIÓN PSICOLÓXICA E LOGOPÉDICA PARA NENOS DE FAXPG

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, realizou unha visita aos beneficiarios deste programa da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia

 

  • O convenio de colaboración entre a administración autonómica e a entidade superará no 2017 os 11.000 euros
  • O obxectivo deste proxecto é lograr o equilibrio emocional e a aceptación da xordeira por parte dos pequenos e das súas familias
  • A atención psicolóxica ofertada polo programa estendeuse a familias formadas por pais e nais con fillos e fillas ouvintes que presentaban dificultades na interacción por falta de pautas condutuais

 

A Coruña, 13 de marzo de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, realizou hoxe unha visita aos beneficiarios do servizo de atención psicolóxica e logopédica que a Xunta de Galicia ten en marcha en colaboración coa Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG). No transcurso da mesma, o titular autonómico informou que a Xunta incrementará neste ano o importe que achega á entidade no marco deste servizo, e que ascenderá a 11.265,47 euros, o que supón un incremento do 65% con respecto ao 2016.

 

O obxectivo deste proxecto é lograr o equilibrio emocional e a aceptación da xordeira de familias de nenos e nenas xordos con próteses auditivas e implantados de 0 a 6 anos, establecendo estratexias de interacción comunicativa plenas.

 

Rey Varela tivo a oportunidade de coñecer o “importante traballo que leva a cabo FAXPG encamiñado a mellorar a calidade de vida das persoas xordas” no marco deste programa co que se atende a nenos e nenas, así como as súas familias. Ademais, a atención psicolóxica ofertada polo programa estendeuse a familias formadas por pais e nais con fillos e fillas ouvintes que presentaban dificultades na interacción por falta de pautas condutuais. Para o correcto e completo desenvolvemento do programa, estableceuse contacto cos sete hospitais galegos máis importantes e colaborouse estreitamente con centros educativos con alumnos xordos.

 

Rey Varela destacou que o goberno autonómico “non é alleo á importancia que teñen estas intervencións no desenvolvemento persoal das persoas xordas”. Deste xeito, lembrou que “o compromiso deste goberno é escoitar as necesidades das entidades galegas que levan a cabo un labor vital para as persoas que precisan de máis axuda” afirmou o conselleiro.

 

O titular da carteira autonómica insistiu en que “coordinarse e traballar conxuntamente coas outras administracións e coas entidades é o bo camiño para poder avanzar na igualdade de dereitos e oportunidades das persoas xordas”.

ABANCA, Deportivo e Celta suman esforzos para que o derbi galego sexa unha festa para as afeccións

  • Estréase a segunda parte da campaña “Imposible sen ti”, que desvela o final da historia dun pai e un fillo, un do Depor e outro do Celta, obrigados a ver o partido separados
  • A entidade financeira pon en marcha iniciativas en redes sociais para convidar ás dúas afeccións a gozar do encontro con respecto
20170313-abanca-imposiblesenti
De esquerda a dereita, Álex Bergantiños, Pepe Mel, Eduardo Berizzo, Rubén Blanco y Gabriel González Eiroa.

 

20170313-abanca-imposiblesenti-2
De esquerda a dereita, Pepe Mel, Gabriel González Eiroa y Eduardo Berizzo.

13-03-2017

ABANCA reedita xunto ao Real Club Celta e o Real Club Deportivo a campaña ‘Imposible sen ti’, unha proposta para axudar a que o derbi galego que se xogará o próximo 19 de marzo no estadio de Riazor sexa unha verdadeira festa para as afeccións galegas.

O director de Rede Comercial de ABANCA, Gabriel González Eiroa, os adestradores do Celta e do Depor, Eduardo Berizzo e Pepe Mel, e os xogadores do Celta e do Deportivo Rubén Blanco e Alex Bergantiños presentaron na sede institucional do banco na Coruña a campaña, cuxo principal atractivo é o desenlace do anuncio cuxa primeira parte se presentou no derbi da primeira volta da liga. Todos eles avogaron porque o partido do domingo sexa unha festa na que prime o espectáculo do fútbol e a rivalidade sa entre todas as persoas que acudan ao estadio a presenciar o derbi.

Paralelamente ABANCA puxo en marcha dentro da mesma campaña dúas iniciativas en redes sociais: a bancada ‘Imposible sen ti’ e ‘O derbi das afeccións’. A primeira delas, que finaliza hoxe, consiste no sorteo de 50 entradas para ver o partido na bancada ‘Imposible sen ti’ entre as persoas que envíen ao Facebook de ABANCA (@somosabanca) unha fotografía de dúas persoas (parella, irmáns, compañeiros de traballo, amigos, etc.) vestindo camisetas ou portando distintivos dos dous equipos que se van a enfrontar o día 19. Premiaranse as fotografías máis orixinais.

A segunda das iniciativas é ‘O derbi das afeccións’, que arranca hoxe en Twitter, na que segundo os tweets que publican os seguidores de ambos os equipos, o balón decántase sobre un dos lados do campo de fútbol, obtendo a vitoria o equipo que máis apoio reciba dos seus seguidores.

ABANCA segue volcada co mundo do deporte en Galicia, xa que, ademais de ser un dos principais patrocinadores dos dous clubes, colabora activamente con outros conxuntos de elite de diversas disciplinas deportivas, e de forma moi especial coa Fundación Deporte Galego nun programa de apoio económico que chega a centos de formacións e miles de deportistas.

A segunda parte dunha historia familiar

A segunda parte da historia creada por Tex45 Producións desvela o desenlace da historia de Roque (Roque Branco) e do seu pai Anxo (Toño Casais), co propósito de fomentar a concordia no partido máis esperado para os afeccionados e afeccionadas de toda Galicia. O anuncio foi gravado nas localidades de Muros, O Valadouro e Ribadeo. Recentemente, a Academia Galega do Audiovisual recoñeceu o anuncio como finalista dos Premios Mestre Mateo, que valoran as mellores obras audiovisuais do ano.