A XUNTA DE GALICIA APOSTA POLA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES PARA AS PERSOAS CON SÍNDROME DE DOWN

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, inaugurou hoxe en Santiago a xornada sobre os dereitos das persoas con discapacidade

O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, asistir‡ ao acto de inauguraci—n das xornadas O desaf’o dos dereitos das persoas con discapacidade.

  • O encontro está organizado pola Universidade de Santiago de Compostela, o Valedor do Pobo e a Federación Down Galicia
  • O responsable da área social do Goberno galego subliñou que o obxectivo do seu departamento é que “todos os colectivos, especialmente aqueles que pasan maiores necesidades, melloren a súa calidade de vida”

 

Santiago, 14 de marzo de 2017.- O conselleiro  de Política Social, José Manuel Rey Varela, inaugurou hoxe a xornada sobre o desafío dos dereitos das persoas con discapacidade organizada pola Universidade de Santiago de Compostela, o Valedor do Pobo e a Federación Down Galicia. Alí, Rey Varela insistiu na condición de iguais das persoas con síndrome de Down e sinalou que “temos que procurar a igualdade de oportunidades, con independencia dos pares de cromosomas que teñamos”.

 

A xornada –celebrada na facultade de Dereito do campus santiagués- conta con diferentes relatorios relativos ao novo paradigma dos dereitos das persoas con discapacidade, á modificación do Código civil en materia de protección e apoio deste colectivo e ao dereito de sufraxio activo e pasivo no marco da participación democrática. Ademais, tamén se convocou unha mesa redonda sobre o presente e o futuro dos dereitos destas persoas na que participou a directora xeral de Maiores e Persoas con discapacidade, Fabiola García.

 

No marco deste encontro, o responsable da área social do Goberno galego subliñou que o obxectivo do seu departamento é que “todos os colectivos, especialmente aqueles que pasan maiores necesidades, melloren a súa calidade de vida, só así teremos unha sociedade igualitaria”. Neste sentido, aludiu á modificación da Lei de servizos sociais de Galicia o pasado ano e ao concerto social que se está a desenvolver na actualidade. “É evidente que temos que respectar as leis pero en moitos casos temos leis inxustas que non se adaptan á realidade social e cando iso pasa, debemos aproveitar a capacidade lexislativa da administración para modificalas”, afirmou Rey Varela.

 

Así mesmo, o titular autonómico destacou que o ano pasado, por primeira vez, persoas con síndrome de Down realizaron prácticas  formativas na administración autonómica ao abeiro dun proxecto piloto de realización de actividades e de aprendizaxe e integración asinado entre a Xunta de Galicia e a Fundación Down Compostela.

 

En síntese, o conselleiro sentenciou que o conxunto da poboación “debemos de ser solidarios, xa que non se trata tanto de que as persoas con discapacidade se adapten para integrarse na sociedade, senón que é a sociedade quen as ten que incluír”.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: